Salón do libro Pontevedra 2019

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpre vinte anos no 2019. Celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril no Pazo dá Cultura e estará dedicado á revolución. «Un libro pode revolucionar ou mundo, un libro pode revolucionar unha vida», sinalou a concelleira de Cultura. Carme Fouces explicou onte que a temática desta vixésima edición elixiuse tras consultar a un comité de expertos, integrado por persoas coñecedoras do Salón e do mundo da literatura infantil e xuvenil. « Trátase dun tema co que esperamos dar moito xogo, aberto a diversas interpretacións, co que queremos explorar ou lado máis subversivo, belixerante, combativo dous libros e a lectura para transformar vos mundos», engadiu.
La Voz de Galicia

Unha muller gaña por primeira vez o ‘Nobel’ de matemáticas


A estadounidense Karen Uhlenbeck leva o Premio Abel polas súas revolucionarias investigacións na intersección co mundo da física.
Hai medio século, a estadounidense Karen Uhlenbeck, por entón unha nova e prometedora matemática, púxose a buscar un emprego, tras dous breves traballos temporais como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e na Universidade de Berkeley. “Dixéronme que ninguén contrataba a mulleres, porque as mulleres debían estar na casa e ter bebés”, lembrou nun libro en 1997. Hoxe, a Academia de Ciencias e Letras de Noruega decidiu conceder a Uhlenbeck o Premio Abel 2019, dotado cuns 600.000 euros e considerado o Nobel das matemáticas.
 Apenas mo podo crer. Estou profundamente agradecida", explicou Uhlenbeck este martes ao PAÍS nun correo electrónico. "Pertenzo á primeira xeración de mulleres que podían esperar unha progresión profesional. Quizá non igual que os homes, pero as portas xa non estaban pechadas. Nas décadas de 1960 e 1970, cando se eliminaron as barreiras legais para avanzar, esperabamos que as mulleres e as minorías entrarían polas portas e ocuparían o lugar que lles corresponde, polo menos no mundo académico. Quedou demostrado que non era tan fácil, pero conseguiuse un progreso tremendo, polo menos para as mulleres. As mozas matemáticas de hoxe son un grupo de talento impresionante e diverso. Espero contribuír, á miña maneira, xunto a outras persoas, a abrir estas portas pechadas e a mantelas abertas de pao a pao", engade a galardoada.
Periódico El País. 19/03/2019

8 de marzo

Celebramos o Día Internacional da Muller con distintas actividades para tentar  conquerir obxectivos como:
- A igualdade de xénero.
- O rechazo a violencia machista.
- A visibilidade dos problemas relacionados co xénero feminino. Etc.
  1. Exposición: As mulleres na ciencia. Situada no corredor do edificio 1 dende o 11 de febreiro.
  2. Traballos do curso de Igualdade de xénero nas escaleiras dos edificios 1 e 2, coordinados pola súa profesora Patricia Díaz.
















3. Proxección de videos sobre igualdade. Video gañador do Conscurso organizado pola consellería de Igualdade con motivo do 25 de novembro.
https://www.youtube.com/watch?v=X6rzUSZAotw

4. Manifestación na entrada do edificio 1 con lectura de poemas de 
Rosalía.

6. Exposición de libros sobre feminismo na biblioteca.

7. Fixemos máis actividades, ao longo do curso, relacionadas con este Día: Conferencia da Garda Civil sobre maltrato de xénero, Conferencia sobre a trata de mulleres, etc.

O REXURDIMENTE de DE VACAS

   Aquí temos a revolta liderada pola escritora Rosalía de Castro en Rexurdimente, o tema co que De vacas parodia a canción da Rosalía cantante...

                                   


   Como gustamos destas sorpresas!!! 

PERCORRIDO POLO UNIVERSO PONDALIANO con 1º BACHARELATO


O alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga tivo a oportunidade o xoves 27 de febreiro de facer un percorrido por Ponteceso, vila de Eduardo Pondal, e por outras paraxes que serviron de inspiración e mesmo lle deron nome a personaxes e lugares dalgúns dos seus poemas.
Comezaron a xornada cunha visita ao dolmen de Dombate e o castro de Borneiro e, despois de pasear por Ponteceso, puideron aproximarse a Anllóns e ao mirador de Monte Branco.






2º DE BACH NO OURENSE DE PEDRAYO E BLANCO AMOR

O xoves 7 de marzo, o alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga tivo a oportunidade de facer un percorrido por algúns dos lugares emblemáticos das novelas de dous grandes escritores da Literatura Galega, Ramón Otero Pedrayo e Eduardo Blanco Amor.
Pola mañá visitaron o mosteiro de Oseira, onde puideron gozar da historia agochada na pedra pero tamén dunha das súas grandes marabillas, a biblioteca; a continuación, tiveron a oportunidade de facer camiño da man dalgúns dos personaxes e paisaxes d'Os camiños da vida, de Arredor de si, os espazos d'A Lagarada e de tantas das historias de Don Ramón, con parada obrigada na súa casa de Trasalba - sede da Fundación Otero Pedrayo.
Pola tarde tocoulle a quenda a Blanco Amor, cun pequeno percorrido polas rúas da man do Cibrán e a súa noite d'A Esmorga, nunha actividade na que tamén quixo ter o seu protagonismo a determinante e tan presente chuvia da novela.