Pillounos por sorpresa !!!!! Ninguén esperaba unha decisión, tan drástica, coma a de recluírnos nas nosas casas. A declaración de estado de ALARMA supuxo un mazazo para toda a sociedade.
Cerraron o instituto e pararon as nosas vidas. Porén, temos recursos e desde o noso encerro podemos comunicarnos (unha función humana esencial). As redes sociais, os Whatsapps, os blogs, etc. permítennos manter o contacto e sentir que os demais están aí, cerca e accesibles.
Non podemos vernos, quedar, tocarnos, pero quédanos a palabra, podemos lernos e oírnos. Que marabilloso ter unha linguaxe para acercarnos, consolarnos e sentirnos!
A nosa comunidade educativa segue activa, a través das redes. Xa sei que traballar é unha lata, pero axuda a pasar as horas, os días, estas circunstancias adversas. Se de paso aprendemos algo: MELLOR.
Ánimo "rapaces/as" pronto sairemos desta!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario