Astérix e Obélix quedáronse orfos. Sobre todo Obélix, o chouchou, o preferido, de Albert Uderzo, creador xunto con René Goscinny dos dous galos máis famosos da historia e do planeta. O debuxante faleceu este martes na súa casa en París, aos 92 anos, de “unha crise cardíaca sen relación co coronavirus”, viuse obrigada a precisar a súa familia nestes tempos de epidemia mundial.
O secreto do seu éxito? Nin el mesmo estaba seguro. “É coma se pregúntanme pola receita da poción máxica”, chanceou Uderzo nun diario parisiense. Astérix e Obélix é un cómic “ transgeneracional, ten un espírito independente. "Recoñezo que xamais conseguín explicarme este éxito. Nunca pensei que duraría tanto. René Goscinny dicía: ‘Parecemos idiotas que non saben o que fabricaron’. Pero non lograriamos nada sen traballo. O éxito é, ante todo, horas e horas de traballo”, sentenciou.
Unha das últimas ideas que validou Uderzo foi a do “malo” do penúltimo álbum dos seus sucesores Ferri e Conrad. Era Coronavirus, o campión das carreiras de carro romanas ao que se enfrontaron Astérix e Obélix en “ Astérix en Italia”. O auriga non puido cos irredutibles galos. Tampouco foi o virus do mesmo nome —casualidades da vida— o que acabou co pai dos heroes de varias xeracións.
El País. 24 de marzo de 2020
Ningún comentario:
Publicar un comentario