Este xoves, outra actividade relacionada coa música e a creación artística foi o obradoiro de hip-hop de Serxio García Mc. Este rapeiro galego estivo co alumnado de 1º FPB de Cociña, 2º de FPB de Administrativo e 2º de FPB de Automoción para que coñecesen as orixes de diferentes estilos musicais e se atrevesen a crear a súa propia canción.
Creación poética no Día de Rosalía
Para celebrar o día de Rosalía o alumnado de 2º FPB de administrativo e automación realizaron as súas propias creacións artísticas de vangarda. Sairon verdadeiras xoias!!!
Viaxe a Roma
O alumnado da materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato viaxou a Italia, nunha saída didáctica relacionada con esta materia.
Acompañados polos profesores José Dopazo Blanco ( Latín e grego) e María Teresa Fidalgo Villaverde (Historia da Arte). A viaxe abarcou do 9 ao 14 de Xaneiro e visitaron Roma. O obxectivo principal era ver as obras no seu contexto, tratando de observar as súas características directamente, tamén comprender a súa transcendencia no pasado e no presente e asemade vivir a experiencia da viaxe, visitar outro país, escoitar outro idioma, ver outros costumes, etc.
Visitamos e
comentamos numerosas obras artísticas de arquitectura, escultura e pintura,
consideradas senlleiras da arte occidental. Moitas das mesmas forman parte do
temario da materia.
A volta
preguntamos ao alumnado a súa opinión sobre a actividade e a resposta foi: marabillosa.
Desinformación nas redes
A biblioteca expuxo no taboleiro do corredor do edificio 1 os materiais que enviou o INTEF: Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado. Recursos Educativos Dixitais.
Van
a traballar con estes materiais diferentes departamento: TIC, Igualdade,
Ética... O alumnado lerá, preguntará o que non comprenda e fará as diversas
propostas que se indican no texto.
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
"Culture Class"
O xoves, 2 de febreiro, o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha "Culture Class" cun profesor irlandés que lles explicou moitísimas curiosidades sobre a cidade de Nova York. Con concurso ao estilo de Quen Quere Ser Millonario incluído.