Desde o martes 11 de abril até o martes 9 de maio, os corredores do IES
Vilalonga (Sanxenxo) estarán engalanados coa exposición 'Cartas de amor'. A
mostra forma parte do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade:
prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.
O alumnado de ESO, Bacharelato e FP poderá contemplar as creacións
artísticas de diferentes autoras galegas nas que imaxe e texto dialogan para
ofrecer unha reflexión sobre as relacións afectivas, o amor e a autoestima
durante a adolescencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario