A biblioteca do IES de Vilalonga está de medo!!




Na biblioteca do instituto de Vilalonga coáronse unhas pantasmas revoltosas que fan falcatruadas, ven a velos e axudaranche a buscar a lectura que che gusta. A diversión está asegurada, métense entre os libros, cómics e revistas, aparecen de repente e sorprenden cos seus aullidos. Este ambiente de medo e diversión temos que agradecerllo a profesora de plástica Alba Piñeiro e o seu alumnado de ESO e Bacharelato.
Vinde a pasear con nós polo máis alá!


As pantasmas saen de entre os libtos AUUUUUUUUUUUUUU! e sobre as mesas tes LIBROS DE MEDO! para levar o terror contigo UAJAAAAAA!.


O corredor do edificio 1 está adornado cunha exposición de seres mitolóxicos dá cultura galega típicos destas datas do Samaín. Organizouna o departamento de Lingua Galega e levouna a cabo a profesora Laura Ramos Cuba xunto o seu alumnado de 1º de ESOOs relatos de terror escritos polos alumnos de 1º da ESO para a celebración de Samaín son unha mostra da creatividade e a imaxinación destes mozos e mozas escritores en potencia. A pesar da súa idade, lograron crear historias que evocan un ambiente de misterio, suspense e, en algúns casos, auténtico terror.

Ben feito rapaces/zas!





Ningún comentario:

Publicar un comentario