II SEMANA DA CIENCIA IES DE VILALONGA

O IES de Vilalonga segue innovando co club de ciencias , que este curso acaba de comezar a súa andaina. Recentemente, o alumnado participante puido realizar actividades relacionadas coa reflexión, refracción, difracción e polarización da luz.


 


ESTACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA

Para lograr chegar á ultima estación de investigación a tempo o alumnado deberá percorrer a distancia restante (4 km) empregando un dos medios de transporte máis ecolóxicos: a bicicleta. Mediante relevos, desenvolverán a maior enerxía posible. Chegarán a tempo? Confiamos en vós!


ESTACIÓNS CHAVE (MATEMÁTICAS)

Para ir dunha estación de investigación a outra, os nosos equipos de alumnado deberán superar unha serie de probas matemáticas que lles permitan obter a chave para teletransportarse á seguinte estación. A darlle á cabeza para resolver os enigmas formulados!


ESTACIÓN QUÍMICA

Desde a estación química promóvese o estudo de novos combustibles; especialmente algunhas substancias fluorescentes. Para continuar o traballo dos científicos, os distintos grupos de alumnado investigará sobre a fluorescencia da clorofila presente nas follas de espinaca. Esperemos que o alumnado poida visualizar a cor do espectro correspondente á súa enerxía!


Ningún comentario:

Publicar un comentario