23 de abril. Día do Libro
O martes 23 de abril celebramos no IES de Vilalonga o Día Internacional do Libro. A biblioteca e a comunidade educativa levamos a cabo diversas actividades.
O departamento de Lengua e Literatura castelá organizou un mercadillo de libros, consistía nun trueque de libros: traer un e levar un.
CHARLA BRAIS ARRIBAS
O pasado 11 de abril o alumnado de Antropoloxía puido asistir á conferencia do Brais Arribas, un dos novos filósofos galegos máis prolíficos e interesantes. Na súa última obra trata os problemas filosóficos e éticos asociados ao Transhumanismo, que é una corrente de pensamento que reflexiona sobre como mellorar mediante a tecnoloxía á especie humana.
Charla de motivación (CFR)
Xornada formativa organizada polo Centro
de Formación e Recursos (CFR)
O CFR de Pontevedra vén de organizar
unha xornada formativa dirixida non só a pais e nais, senón tamén a estudantes
de ESO, Ciclos Formativos e Bacharelato. A charla, que terá lugar o próximo
martes 30 de abril no IES de Vilalonga, estará a cargo do medallista olímpico
de esgrima e coach Jose Luis Abajo, “Pirri”. Baixo o título “O método para
conseguir os teus obxectivos”, o poñente abordará cuestións como:
- O autodiagnóstico: coñecer as nosas
mellores habilidades para explotalas ao máximo.
- O autocontrol: disciplina táctica e
xestión emocional.
- A automotivación: planificación de
obxectivos realistas.
Programa Iguala-T
Hoxe tivo lugar a terceira sesión do taller "Encaixando Pezas" dentro do programa Iguala-T.
Baixo a guía experta da técnica, o alumnado de 1º de ESO explorou como as diferenzas
individuais poden complementarse para alcanzar obxectivos comúns. Estas sesións
foron un éxito, proporcionando ferramentas prácticas para promover a igualdade de xénero.
ACTIVIDADE CLUB DE CIENCIAS
O pasado 4 de abril tivo lugar unha actividade do club de Ciencias onde o alumnado puido comprobar a lei de Hooke dos corpos elásticos e calcular a constante característica dun resorte, así como comprobar o movemento acelerado dunha esfera. Foi unha sesión moi interesante!
Excursión da materia de relixión.
Primeiro visitamos o mosteiro de Armenteira, alí unha monxa falounos da súa historia, da orde do Císter e da súa propia como unha monxa seguíu sendo unha deportista runner, ademais de monxa contemplativa. Aprendimos cousas moi interesantes. Despois dimos unha volta polo mosteiro facendo exercicios sobre a súa historia, por último visitamos a tenda.
Logo marchamos para Santiago a visitar o convento dos franciscanos e o seu albergue para persoas sen teito. Alí un frade falounos da súa labor para/por os transeúntes e ensinounos o albergue e as instalacións en xeral. Tras a comida visitamos o convento en sí: a igrexa, a biblioteca (moi grande e bonita con moitos libros antigos e importantes), o comedor histórico, etc. Pareceunos precioso e quedamos co seu recordo na memoria.
Cara o final da saída paseamos pola contorna da catedral de Santiago e da antiga universidade. Vimos a chegada de peregrinos a praza do Obradoiro, a súa emoción e alegría representada en lágrimas e sorrisos. Con todo isto recordaremos a saída con cariño e gran emoción.
Resumo de : Gabriela Abal, Clara Domínguez, Andrea Otero e Sara Otero. (4º da ESO)
Formación de Radio para o profesorado do Centro.
Formación de Radio dentro da Liña de Formación proposta polo centro e o CFR de Pontevedra.
Este ano, en colaboración co CFR fixemos no IES de Vilalonga unha liña de formación para a Radio do Centro, para que o profesarado se vaia introducindo pouco a pouco no mundo da radio e os podcast. Para iso estivemos facendo varias actividades ó longo do curso. Entre esta os días 4 e 18 de Abril o profesorado do IES de Vilalonga estivo recibindo unha formación para a posta en marcha, de forma moito máis profesional, a Radio na Biblio.
Para iso veu dende o CPI Manuel Suárez Marquier veu María Dolores Sánchez Blázquez, parte do Equipo de Radio A Voz da Mata. Na que nos foi explicando a súa experiencia coa radio de centro, como foron os seus incios e como avanzar no noso proxecto de Radio. Ó longo destes días veu a dar unha interesantes charlas e motivar o profesorado do IES de Vilalonga para conseguir mellorar o proceso de avanzar nun proxecto moi interesenta.
De parte dos profesores que participamos, damoslle as grazas a María Dolores Sánchez Blázquez por unha labor tan ben realizada. Aportounos moitas boas ideas e intetaremos seguir o que nos dixo.
Orla de 2º de bacharelato
Esta semana do 8 ao 12 de abril de 2024 o alumnado de 2º de bacharelato estivo facendo as fotos para a orla de final de etapa. O final de curso acércase, moitos exames e moitas emocións.
Ánimo a todas e todos!
BIBLIOTECA HUMANA
Como proxecto para o Traballo de Fin de Mestrado, a alumna que estaba a facer as prácticas no Departamento de Orientación organizou unha BIBLIOTECA HUMANA SOBRE ITINERARIOS PROFESIONAIS.
O alumnado de 4º da ESO e 2º de FPB puido escoitar a 6 persoas diferentes que se dedican a 6 campos profesionais distintos contar a súa historia, tanto laboral como académica, que os levou a chegar alí.
O obxectivo era poder ter diferentes perspectivas sobre a vida académica e profesional, tendo en conta que non pasa nada se se equivocan, que poden chegar a desenvolver un traballo que os faga sentir satisfeitos aprendendo dos erros cometidos no camiño.
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS E AO MUNCYT
ACTIVIDADE "O SALNÉS, TERRA E MAR"
Visita didáctica a Santiago
O venres 22 de marzo o alumnado da materia de Historia da Arte visitou a catedral de Santiago de Compostela. Os profesores que coordinaron esta actividade e acompañaron ao alumnado foron José Dopazo de Latín e Grego e Mª Teresa Fidalgo de Xª e Historia. Os obxectivos eran:
_ Visitar unha obra de arte na realidade para apreciar todas as súas características artísticas.
_ Relacionar a catedral co contexto histórico-artístico de Galicia.
_ Aprender a valorar os monumentos próximos e ser conscientes da súa valía.
_ Apreciar a transcendencia desta obra máis alá do tempo e o espazo que ocupa na actualidade.
_ Ver "in situ" todos os elementos arquitectónicos e escultóricos que posúe.
_ Visitar a obra na súa totalidade: interior, fachadas, cubertas, museos, torres, etc.
A experiencia foi considerada positiva polo alumnado que expresou a súa sorpresa pois nunca, dicían, viran un monumento de xeito tan minucioso.