Amosando publicacións coa etiqueta Semana das Letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana das Letras. Amosar todas as publicacións

Semana das Letras: entrega de premios Hora de escribir


Os gañadores coa subdirectora Lidia F. Pastoriza

O venres 8 de abril procedeuse a entrega dos Premios do concurso que todos os anos facemos no centro: A hora de escribir. Este acto tivo lugar, na biblioteca, no contexto da Semana das Letras, durante a que se fixeron numerosas actividades culturais. O concurso consiste en facer un texto, dámoslle ao alumnado tres cabeceiras para elixir, no idioma e no xénero literario que desexen. Os gañadores foron:

  • 1º premio: Lucas Carrascal Bouzada (1º ESO C)
  • 2º premio: Alba Domínguez Soutullo (1º ESO B)
  • 3º premio: Javier Fontán (2º ESOB)
Parabéns aos tres e seguide así! 
 

Semana das Letras: Montse Fajardo


Montse Fajardo Pérez é licendiada en Ciencias Políticas e da Administración, pero a súa traxectoria profesional estivo vinculada ao xornalismo a na actualidade traballa na Deputación de Pontevedra como Técnica especialista en Memoria Histórica.

Posemos definir o seu papel como escritora de comprometido e a prol da defensa e reivindicación do papel da muller na nosa historia. Demostra esta liña en libros como Matriarcas, Mulleres en pé de vida e Un cesto de mazás.

Na obra da que nos veu a falar o martes 5 de abril: Invisibles. Relatos do maltrato, dalle voz e recompón sete relatos de violencia machista, historias reais de mulleres reais. Sete experiencias de maltrato físico, psicolóxico, social, económico, sexual...

A igualdade apréndese e a desigualdade tamén, por iso é imprescindible saber recoñecelas e poñernos do único lado correcto.

Grazas por vir a visitarnos, foi un pracer terte con nós.



Semana das Letras: Lecturas na biblioteca

 O alumnado de 1º ESO A foi este xoves á biblioteca pra unha lectura de fragmentos de Memorias dun neno labrego e de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, actividades da nosa Semana das Letras.


Semana das Letras: Obradoiros de animación en plastilina con OQO editora

Esta semana o alumnado de 1º BACH tivo a fortuna de contar coa presenza de Carlos Pinto de OQO editora para aprender sobre a técnica de animación stop-motion. Un pouco de plastilina, uns consellos e xa estaban listos para crear as súas primeiras curtas con esta técnica coa axuda dun gran profesional. Esperamos que esta semente prenda e dea os seus froitos nos vindeiros cursos. 



Semana das Letras: Visita de Héctor Cajaraville

Para ir entrando en contacto coa figua homenaxeada esta ano polo Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, tivemos connosco a Héctor Cajaraville. Como autor da obra Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade puidemos coñecer e entender a achega deste poeta e activista cultural tan importante para manter a cultura e a literatura galega no exilio, para darlle voz aos que en Galicia estaban silenciados pola ditadura.

Un pracer escoitalo e aprender nesta charla co alumnado de 2º da ESO!


    Semana das Letras

    O IES de Vilalonga celebra, este curso, a Semana das Letras. As datas elexidas son do 4 ao 8 de abril.

    O obxectivo é facer toda unha serie de actividades a prol da lectura e a escritura, ata sumir ao Centro nunha atmosfera de libros, escritores, obradoiros, podcast, radio, etc. A literatura, a ciencia e a cultura en xeral visibles no día a día do instituto.