O alumnado FPB Administrativo de 1º e 2º curso visitou hoxe as instalacións do Grupo Radio Voz en Vigo. Alí coñecemos en directo como funciona a radio e como é un plató de televisión. Unha boa experiencia que esperamos poder aproveitar para a nosa futura radio de centro.
Conferencia sobre as matemáticas
Dende
o departemento de matemáticas e en colaboración coa Universidade da Coruña,
organizamos unha serie de charlas, enmarcadas no plan de divulgación
científica, dirixidas ó noso alumnado de 3º ESO e 4º ESO.
Nestas
conferencias, impartidas de xeito virtual por José Manuel Rodríguez Seijo,
profesor e investigador universitario na área de matemáticas aplicadas,
puidemos profundizar na idea de que as matemáticas xogaron un papel fundamental
na historia da humanidade, a través da charla “Matemáticas (y sus aplicaciones)
a lo largo de la historia”. Ademais,
ampliamos dita idea a un tempo presente, mediante a charla “Modelización
matemática”, onde puidemos apreciar o uso actual de modelos matemáticos para a
predicción de comportamentos de diversos sistemas físicos, químicos e/ou
biolóxicos.
Traballando as matemáticas
Realizaron un mural sobre tres fórmulas matemáticas coñecidas co nome de Igualdades Notables, son unhas fórmulas moi usadas en álxebra e que lles resultan difíciles de aprender e aplicar pola abstracción que supón pasar do cálculo numérico ao cálculo con variables. Son importantes porque non aprendelas ben este curso pódelles carrexar dificultades os próximos cursos.
Xa chegou o Nadal
Como xa se inaugurou o Nadal achegámosvos unha chea de propostas do catálogo de Nadal da Mesa para regalar en galego e de Galicia. Todo da terra para demostrarlle o teu afecto aos teus. Ollo, podes agasallar no Nadal ou ao longo do ano.
Podes botarlle un ollo nesta ligazón:
QUEREMOS... DE TODO NA NOSA LINGUA!!!
Queremos ter acceso a todo o que nos rodea na nosa lingua e, neste caso, a Netflix e ás demais plataformas de entretemento. Son unha parte fundamental do lecer no mundo actual e a nosa mocidade necesita referentes que a acheguen a un uso normalizado do idioma.
Apoia a campaña!
https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/asina-audiovisual-en-galego
25N - A rapazada de 1º ESO
As persoas de 1º de ESO participaron nas actividades do 25N e desde a materia de LGL e o EDLG puxemos o noso gran de area para concienciar sobre a necesidade de eliminar da nosa sociedade os comportamentos violentos cara ás mulleres ao mesmo tempo que coñecemos e usamos a nosa lingua.
3 de decembro: día internacional da discapacidade
Os días 30 de novembro e 2 de decembro o alumnado de 1º da ESO tivo a fortuna de gozar da presenza dos membros da Asociación Amizade de Pontevedra. Así puidemos coñecer, de primeira man, o que é a discapacidade e como forma parte das nosas vidas e da nosa sociedade. Do mesmo xeito aprendemos a respectar a diversidade, a reivindicar a igualdade efectiva e a defensa dos dereitos de todas as persoas, sexa cal sexa a súa condición e situación.
Grazas polo voso tempo e traballo!
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero no IES de Vilalonga quixemos unirnos a repulsa contra estos feitos. Consideramos que toda a sociedade debe loitar para evitalos, así nos manifestamos toda a comunidade escolar.
Fixemos moitas actividades e un acto simbólico ás 12h. Aquí vós queda un resumo:
Nos pasillos dos edificios un e dous tamén colocamos destas pancartas, só que de tamaño xigante:
Espuxemos un cartel feito polo alumnado de Igualdade baixo a coordinación
da profesora Patricia Díaz para medir a violencia machista:
Pintamos as mans de violeta e puxemos lazos da mesma cor:
Ás 12h toda a comunidade escolar se reuniu no patio para ler un manifesto e gardar un minuto de silencio:
Despois colocamos a pancarta na entrada do instituto e alí estará toda a semana ao igual que as dos corredores e a biblioteca:

A profesora Patricia Díaz elaborou un vídeo sobre igualdade co seu alumnado de Fp básica de administrativo e alumnas de automoción, é moi bo e gañaron o 1º premio da Xunta de Galicia de traballos audiovisuais dos centros escolares:
O Cim de Sanxenxo convocou o concurso Tik Tok sen violencias, o alumnado de Vilalonga participou e resultaron gañadores co 2º premio "non é amor, é control" do alumnado de 3º da ESO e co 3º premio a alumna de 2º da ESO Paula Besada por Humor vacío", parabéns a todas/os:
Conferencia de ciberseguridade
A profesora Silvia Castro organizou para 2º de Fp básica de servicios administrativos unha conferencia de Afundación da Obra Social Abanca que ofrece unha serie de conferencias de contido educativo sobre emocións, acoso escolar, ciberseguridade, etc. A profesora contactou con eles para poder asistir online a de ciberseguridade, cuestión tan de moda na actualidade polo seu elevado risco.
O enxeneiro de telecomunicacións Bernardo Viqueira explicoulles que o mundo do haking é a súa paixón, ten reportado fallos de seguridade a grandes multinacionais, colaborado con organismos gubernamentais e participado en programas de radio e televisión. A súa experiencia sérvelle para detectar e denunciar gran cantidade de perigos existentes nas redes, así como o mal uso que facemos delas.







