Automoción do IES de Vilalonga on fire


REPRESENTACIÓN DE AUTOMOCIÓN DO IES DE VILALONGA NA BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 CO KARTLONGA

Este domingo 24 de abril tivo lugar a 1ª carreira BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 na que o alumnado de 2ºCM de automoción que participou  na construción do KARTLONGA, estivo presente na localidade de Trapaga, en Bilbao.

Esta carreira pertenece á categoría BRIGDESTONE F24/24 de coches eléctricos das organizadas por Greenpower Iberia e competimos con equipos de colexios privados de Euskadi, Navarra e outras partes de España. Somos o único centro  público que compite e ademais fixémolo cun coche de desenvolvemento e creación propia dende cero.

 Parabéns e moito ánimo a tod@s e forza a Nico e Yanire!

 


Segundo posto para o equipo de Automoción do IES de Vilalonga na carreira BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 e premio á mellor enxeñaría.

Parabéns!



Semana das Letras


 O IES de Vilalonga celebramos a Semana das Letras, do 4 ao 8 de abril, con distintas actividades culturais. Fixemos obradoiros, conferencias, encontros con escritores, exposicións...

Os obxectivos eran:

  1.  Achegar diversas formas de saber e aprender a comunidade escolar.
  2. Animar a creación en distintos contidos e con diferentes métodos.
  3. Afondar nas diversas formas de facer literatura.
  4. Achegarnos a distintos xéneros da literatura galega actual.
  5. Facer unha primeira aproximación ao Día das Letras Galegas.
  6. Aprender a gozar da literatura.

A continuación tedes as entradas das distintas actividades realizadas:













Semana das Letras: anuncios por palabras


                      

O alumnado de 2º de bacharelato contribuíu á Semana das Letras convidándonos á lectura dalgunhas obras a través de anuncios con fagmentos que poida que nos enganchen....