[Panorámica do Castro de  Carballedo onde foron atopados os brincos de ouro. 
Fotografía procedente de A Nosa Terra.]             
Vén de coñecerse un dos achados máis  importantes da historia recente da arqueoloxía en Galiza, o  descubrimento no castro romanizado da Cruz do Castro, na parroquia de  Carballedo, Cotobade, do único pendente de ouro romano topado e  documentado até o momento no país. Trátase dunha xoia feminina datada  entre os séculos II e III d.C., infrecuente en Galiza e en todo o  territorio romanizado, achada 18 séculos despois de que a súa portadora,  presumibelmente, o extraviase por accidente.
Foi localizado, o pasado agosto, no marco dunha campaña de escavación  dirixida por Anxo Concheiro e promovida pola Comunidade de Montes da  parroquia de Carballedo      
Cómpre remontarse dous anos atrás e viaxar até a cidade de Xerusalén  para dar conta dun achado de semellantes dimensións procedente do  Imperio Romano. 
O pendente pasará a formar parte dos fondos do  Museo de Pontevedra, segundo a resolución da Dirección Xeral de  Patrimonio, e presumibelmente se exporá nalgunha das súas salas. 
Vía A Nosa Terra.

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario