Alice Munro acaba de acadar o Premio Nobel de Literatura. Converténdose así na décima terceira muller que consegue este galardón. A esta nómina tamén podemos engadir a recentemente falecida Doris Lessing.
Outra muller premiada nestes últimos días pola súa dedicación literaria é a mexicana Elena Poniatowska, neste caso co Premio Cervantes.
Non perdades a oportunidade de achegarvos á obra de calquera destras tres autoras.
Un invierno en la playa."Inteligencia, tono y talento". Josh Boone. EE UU, 2012. A vida día a día. O amor duradeiro: un proxecto de vida en común; agora que o amor vai tan barato ben paga a pena deterse en películas coma esta dirixida ás emocións. Nada está perdido, verás. Gústame este cine fresco, fermoso e reflexivo que nos está a chegar de América.
En tierra de hombres.Niki Caro. EE UU, 2005 (ficha didáctica).Filme moi interesante para traballar na aula. A crítica é controvertida e ás veces un pouco despiadada e irreflexiva. É certo que a actriz Charlize Theron é moi boa e a música tamén, pero non só. Talvez non sexa suficiente vela con ollos de europeo sen máis. Trasladémonos a USA e miremos como funcionan as súas leis laborais; como se vive e se relacionan na América profunda - non é o mesmo que no Manhattan de Woody Allen; e quen se foi de Europa para alá, non sempre foi o mellor, tamén emigraron as comunidades máis retrogradas fuxindo do libre pensamento. América é moi grande e hai sitio para todos. E aquí?, son as comarcas mineiras outra cousa que terra de homes? En calquera caso saiban os novos e os non tan novos que nada se nos dá gratuitamente, non vaia ser que todo estea por ganar.
O día 5 de novembro de 1936 falecía no exilio, en México, Luis Cernuda, o autor de A realidade e o desexo e un dos destacados escritores da Xeneración do 27. Varios poetas de España e América Latina, elixiron os mellores versos do poeta sevillano e dixeron por que lles gustaba. (El País ).
Te lo he dicho con el viento,
jugueteando como animalillo en la arena
o iracundo como órgano impetuoso;
Te lo he dicho con el sol,
que dora desnudos cuerpos juveniles
y sonríe en todas las cosas inocentes;
Te lo he dicho con las nubes,
frentes melancólicas que sostienen el cielo,
tristezas fugitivas;
Te lo he dicho con las plantas,
leves criaturas transparentes
que se cubren de rubor repentino;
Te lo he dicho con el agua,
vida luminosa que vela un fondo de sombra;
te lo he dicho con el miedo,
te lo he dicho con la alegría,
con el hastío, con las terribles palabras.
Pero así no me basta:
más allá de la vida,
quiero decírtelo con la muerte;
más allá del amor,
quiero decírtelo con el olvido.
Nesta celebración que vai pola súa terceira edición, a actividade na que participarán os centros de secundaria é a videoconferencia a cargo do doutor en Física,Jorge Mira Pérez.
Hoxe fomos ó teatro co alumnado de 1º de bacharelato para ver a representación d'O home almofada deMartin McDonagh , unha historia que afonda nas múltiples formas da violencia sen ningunha tregua para o espectador.
Abre as páxina de Ardalén e entrarás nunha obra que non deixará de engaiolarte.
Trátase dunha historia en torno á memoria. A memoria persoal dos personaxes acaba mesturada coa colectiva, a procura da súa identidade lévaos a compartir as súas relembranzas e recordos nun naufraxioonírico.
Nesta obra están presentes desde o ton poético ata o máis filosófico. Así mesmo, o debuxo está acompañado de textos xurídicos ou administrativos cun achegamento máis realista.
A novela gráfica, cuxo título é un vento do outro lado do océano, lévanos desde a Galicia da actualidade coa historia dun ancián, que foi un neno orfo durante a Guerra Civil, ata a a emigración ás Américas dos anos 50, co relato dun home que embarca e deixa atrás a súa familia.
Neste documental o autor, entre outros, explícanos o seu oficio de debuxante de banda deseñada.
A seguir podes ver o documental:
"Los oficios de la cultura - Dibujante de cómic. Miguelanxo Prado"