ANDREA BARREIRA VISITA O IES DE VILALONGA








A escritora Andrea Barreira acudiu este mércores ó IES de Vilalonga para ofrecerlle unha charla sobre Palabra de bruxa ó alumnado do terceiro curso de ESO.
A súa intervención versou sobre a maneira de idear a novela, a creación dos personaxes e a escolla dos seus nomes, o deseño da portada... A fonsagradina mostrouse moi próxima, especialmente cando fixo circular entre os asistentes  algúns dos libros que lle serviran para obter información sobre temas como a Inquisición coa intención de proporcionar un marco de realismo á historia de Berenice. Despois disto, sorprendeu cando visualizou a creación literaria empregando unha caixiña da que saían papeis con anotacións, papeis que remataban nun tarro de cristal que representaba a obra na que as ideas ían tomando forma. Para rematar a súa visita, a autora asinoulle ó alumnado  exemplares de Palabra de bruxa.
Sen dúbida, as palabras de Andrea abrirán novos camiños para a comprensión e a interpretación da obra publicada pola Editorial Galaxia.







Ningún comentario:

Publicar un comentario