Premio Nacional de Poesía 2019
Unha casa familiar reducida a entullos para abrir oco á ampliación dun aeroporto e o soño destruído das clases traballadoras. Ese é o punto de partida de Tempo fósil (2018), o libro de poemas que converteu este xoves á poeta Pilar Pallarés, de 62 anos, na terceira autora en lingua galega en recibir o Premio Nacional de Poesía despois de Manuel Álvarez Torneiro (2013) e Gonzalo Hermo (2015). O xurado designado polo Ministerio de Cultura distinguiu esta obra “por transmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido”.
Durmirme na noite do teu pelo
no fío do teu beizo desvanecerme
ser tan só pigmento da túa pelo
fósforo aceso na medula do teu óso
desposuírme
serche
no músculo que tensa as túas coxas
na vea que azulea na túa boneca.
(Pilar Pallares)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario