Margarita Salgas (Asturias, 1938), unha das científicas máis destacadas de España, faleceu este xoves aos 80 anos dunha parada cardiorrespiratoria tras unha complicación dunha doenza dixestiva pola que levaba tres semanas en observación e da que ía ser operada. Iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular en España. O seu estudo do fago Phi29, un virus que infecta ás bacterias, permitiu coñecer como funciona o ADN e como a información que contén transfórmase nas proteínas que fan funcionar ao virus.
Salas tivo que irse en 1964 a traballar a Nova York co Nobel Severo Ochoa, escapando do que ela lembraba como “un páramo científico” sen financiamento para facer investigación. Alí estivo a traballar durante tres anos e aprendeu cousas que marcarían a súa carreira posterior. “Hai que facer investigación básica de calidade, pois desta investigación sairán resultados que non son previsibles a priori e que redundarán en beneficio da sociedade", lembraba Salas que dicía o seu mestre.
Ademais de investigadora excelente, “Margarita foi tamén incansable na denuncia da situación de discriminación das mulleres na ciencia”, aplaudiu onte a Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas ( Amit) nun comunicado. “Ela mesma recoñecía que tardou en darse conta dese feito e de como afectara á súa propia carreira, pero unha vez que foi consciente xa non se detivo na denuncia pública desa discriminación”. El Pais 7/11/2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario