Premio Nacional das Letras 2019


O Premio Nacional das Letras Españolas ten por obxecto recoñecer o conxunto da obra literaria dun autor español, escrita en calquera das linguas españolas.

A finalidade que se persegue con este premio é dobre. Á vez que se recoñece a transcendencia dun autor e da súa obra literaria, incídese na presenza de linguas diferentes na configuración da cultura española, integrada por unha pluralidade de achegas lingüísticas que representan, cada unha delas, unha tradición literaria que forma parte de todo o noso legado cultural.

O anuncio de que gañou o Premio Nacional das Letras, dotado con 40.000 euros, pillou a Bernardo  Atxaga camiño da súa casa, en  Zalduondo (Áraba). “Perdoa se falou con énfase. É que nevou e estoume xeando. Hai un tempo de cans”, conta ao responder o teléfono. O galardón chégalle xusto cando acaba de publicar unha novela en eúscaro  Etxeak  eta  Hilobiak (Casas e tumbas) ( Pamiela), que a editorial Alfaguara lanzará en castelán en febreiro. 
O xurado do Nacional das Letras destacou “a súa contribución fundamental á modernización e á proxección internacional das linguas vasca e castelá”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario