TIC- Día da LG.
GRADUACIÓN 2º BACHARELATO
Ambiciono o equilibrio dos extremos,que tanto pesan,a cada lado.Pero sempre hai un gañador, anque perda.
A Domus en Vilalonga
ACTIVIDADE DISECCIÓNS VIRTUAIS DA DOMUS
O alumnado de 3º ESO A, B e C da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron a oportunidade, os días 6 e 14 de maio, de ser testemuñas directas dunha disección de un corazón e un ollo de vaca levadas a cabo nos laboratorios do museo.
Foi apaixonante ver e comprobar, de primeira man, os diferentes tecidos e órganos polos que estamos formados.
Unha experiencia moi positiva. Sen dúbida, repetiremos!
Bioloxía e reciclaxe
ACTIVIDADE RECICLAXE E POSTA EN MARCHA DO COMPOSTEIRO
O departamento de Bioloxía e o noso instituto foi seleccionado para colaborar no Plan Revitaliza promovido pola Deputación de Pontevedra, este curso. O obxectivo principal de este proxecto é concienciar e formar aos estudantes sobre a importancia e a necesidade de tratar o lixo de forma sostible, impulsando un modelo de residuos baseado na reciclaxe e na compostaxe.
Son varias as actividades que se veñen realizando: o alumnado de 1º de ESO A, B e C da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron a oportunidade de asistir a unha charla, o día 29 de abril, dirixida por Antón, técnico ambiental, sobre a importancia de producir compost e os seus pros e contras para o futuro. Coa colaboración estreita alumnado de 4º ESO, da materia de Ciencias aplicadas, fixemos a actividade profesional de levar a cabo a instalación e posta en marcha dun composteiro no centro.
Temos algo moi claro, no IES de Vilalonga, reciclamos e compostamos, e ti? Anímate. Coidemos do noso planeta!.
Certame literario IES de Sanxenxo
Este venres, entre as 10:30 e as 12:00, o alumnado do centro que quixo participou no XV Certame literario IES de Sanxenxo.
43 persoas se animaron a crear un poema ou relato a partir dun verso de Xela Arias ou liña de Ricardo Carvalho Calero dado pola organización.
Agora só queda esperar e que haxa sorte!!
Libro dixital do proxecto Lendas de aquí e de acolá
A LINGUA GALEGA DO IES DE VILALONGA EN LONDRES
Este é o cartel do programa do Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres para a celebración da semana das Letras Galegas e no que atopamos a participación do alumnado do IES de Vilalonga co proxecto intercentros Lendas de aquí e acolá / Legends from here and there.
PREMIO AO KARTLONGA EN TORRELAVEGA
O domingo 16 de maio comezou en Torrelavega-Cantabria a aventura do KartLonga con GreenPower Iberia-Brigestone no que o equipo do IES de Vilalonga acadou o premio #BestSpirit.
Esta é a primeira de moitas carreiras nas que este kart eléctrico, resultado dun proxecto interdisciplinar no que participan os departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía, Debuxo e Automoción con alumnado de CM de Auto e Bacharelato, agarda darlle aínda grandes alegrías á comunidade educativa do IES de Vilalonga.
Imaxe: Recollida do premio por parte dos alumnos de 1ºCM Automoción: Eloy Fernández e Nicolás Fuentes, en nome de todo o equipo KartLonga.DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS III
O venres 14 de maio tivemos a fortuna de contar cun grupo de alumnado para facer unha pequena homenaxe a Xela Arias e nos nosos "Patios poéticos" gozamos dun recital-concerto de poemas da autora.
Ao saxo Marcos Sabor Camiña e recitando Laura Pereira Dadín, Daniel Padín Soto, Nerea Martínez Prol, Carmen Aguiño Guío e Claudia Pérez Viñas.
De agasallo pola súa colaboración unha fermosa camiseta cun verso de Xela.
Letras galegas
O venres 14 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no IES de Vilalonga. O día propio é o 17, luns, pero é festivo e polo tanto non estaremos xuntos/as.
Ademais dos patios poéticos puxemos nas mesas da biblioteca os suplementos do diario Nós, que publicaron en relación con esta celebración.
Bo día a todos/as!!
Exposición do alumnado de debuxo artístico
Debuxo artístico I e II
ACUARELAS
1.-Homenaxe a Suzanne Valadon (1865-1938)
Modelo e pintora
2.-Recreacións a partir de Miguelanxo Prado
3.-Espidos, retratos, bodegóns e vistas urbanas