O pasado mércores 7 de febreiro, o alumnado de FP Básica de Cociña e Restauración preparou unha montaxe de sobremesas típicas do entroido, como filloas, orellas, bolos preñados ou roscas. Tanto na elaboración, como na montaxe e no servizo os estudantes amosaron unha grande profesionalidade. Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga!
Ningún comentario:
Publicar un comentario