O próximo venres 22 a nosa ex-alumna Tania Poza vai presentar ás 19:00 horas o seu libro Un desconocido na Biblioteca Municipal de Sanxenxo. Achégate a participa!!!
Visita de exalumnas/os
O pasado xoves 7 de marzo, o IES de Vilalonga organizou unha charla onde, antigos alumnos como Iván Cores, Cecilia García e Elsa Blanco, compartiron as súas experiencias académicas e profesionais desde que deixaron as aulas do instituto. A diversidade de percorridos académicos e profesionais dos exalumnos reflexou a versatilidade de opcións dispoñibles tras a graduación, inspirando ao noso alumnado de 2º de bacharelato a explorar os seus propios intereses e habilidades.
Día Internacional da Muller
O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Trátase dunha reivindicación dos dereitos das mulleres. De todas as mulleres. O obxectivo é sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero. Así, reclámase a redución das desigualdades de xénero. Neste sentido, no 8M tamén se lembra que as violencias contras as mulleres, en especial a violencia de xénero e a violencia sexual, son a expresión máis amarga das sociedades machistas, con conviccións profundamente patriarcais. (Ministerio de Igualdade)
O IES de Vilalonga participou na visibilización e reclamación dos dereitos de todas as mulleres, con tal motivo fixéronse distintas actividades:
- Lectura de parte do manifesto:
Visita do escritor Núñez Singala
O pasado martes 27 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO desfrutou dunha charla co escritor Manuel Núñez Singala, autor da obra de teatro Comedia bífida, que foi lectura da segunda avaliación nese curso. O autor comentou as diferenzas do xénero dramático con outras expresións literarias e as dificultades e vantaxes de escribir un texto que nace para ser representado. Ademais, contestou preguntas da rapazada e realizou con eles unha pequena interpretación dun texto seu.
CLUB DE CIENCIAS
Veciñas de ciencias
O alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga puido participar o pasado venres nunha mesa redonda composta por distintas mulleres formadas en centros educativos do concello e que na actualidade traballan nos eidos da investigación e na ciencia, explicando os seus actuais traballos, e resolvendo dúbidas sobre as traxectorias educativas para chegar aos seus postos, así como as diferentes opcións de traballo na ciencia e na investigación.
Viaxe didáctico a Roma
A semana do 28-02 ao 04-03 de 2024 levouse a cabo un viaxe didáctica a Italia. Participaron 25 alumnas/os de 2º de bacharelato C-D. Os profesores responsables desta actividade foron José Dopazo Blanco do Departamento de Latín e Grego e Mª Teresa Fidalgo Villaverde do Departamento de Xeografía e Historia. O obxectivo principal era poñer en contacto ao alumnado coas obras de arte na realidade e tratar de que comprenderan a súa importancia para explicar o pasado e o presente da humanidade.
Visitamos Roma, situada no centro da península italiana, a súa importancia histórica é enorme, antigamente foi a capital do Imperio romano e hoxe é a capital do país. Situada na rexión do Lacio e atravesada polo río Tíber, ten unha poboación de 2.600.000 habitantes. Posúe gran cantidade de monumentos do antigo esplendor e monumentos e obras artísticas de valor incalculable.
Na zona oeste da cidade encóntrase o Vaticano, é un estado independente, centro da Igrexa Católica.
Visitamos gran cantidade de museos, catedrais, prazas, pazos, fontes... O alumnado que participou na actividade calificouna de moi positiva.