Visita Inditex
Taller primeiros auxilios de protecciónc civil de Sanxenxo.
Os días 22 e 28 de maio, o alumnado de Formación profesional das familias de Automoción e Administración recibiron un taller sobre primeiros auxilios impartida polo servizo de protecciónc civil de Sanxenxo. Na charla tiveron a oportunidade de coñecer cómo actuar ante un accidente, practicar a RCP e as técnicas de atragantamento.
Visita do GIAT- Automoción
CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL 2024
Exposición ODS
Xornada Clubs de lectura
Entrega de premios
O 22 de maio de 2024 entregamos, na biblioteca, os premios do concurso Portadas vivas organizado polo departamento de Lingua castelá, con motivo do Día do Libro. Os premios consistiron en material escolar do instituto: bolígrafos, libretas, bolsa..., un vale para a cafetería do centro, outro vale para material escolar ou libros nunha librería da localidade e un diploma. Noraboa aos gañadores.
Gael Roch Czanecki González
de 1º ESOC
Nerea Varela Garrido
de 3º ESO B
Concurso PortadasVivas
Pois xa temos gañadores do concurso PortadasVivas que organizou o
Departamento de Lingua Castelá e Literatura en colaboración coa
Biblioteca co gallo da celebración do Día do Libro, un concurso que
pretendía aunar lectura e arte.
Categoria A.
Na categoría A, o gañador foi Gael Roch Czarnecki González, de 1º ESO C, cunha foto moi ben encadrada.
Categoria B.
Na categoría B gañou por unanimidade de votos Nerea Varela Garrido, de
3º ESO B, cunha foto que non só é perfecta no encadre, senón tamén nas
cores.
Noraboa ao alumando gañador!
VIAXE A BRAGA II
Xa na cidade de Braga fomos recibidos pola profesora Maria da Luz e con ela compartimos unha mañá na Escola Secundária Carlos Amarante. O grupo do alumnado portugués foi encantador, acolléronnos con alegría e moita curiosidade. Con eles falamos de música, de cultura, de como é a vida escolar nun país e noutro...
Visitamos as instalacións da escola, que acolle a 1800 alumnos, agasalláronnos cun percorrido personalizado pola mostra que tiñan sobre o 25 de abril, regaláronnos cancións desa época, un cravo (caravel)... Unha marabilla de visita, cun trato excepcional por parte de todo o persoal do centro, xa fosen PAS ou docentes. Sentímonos como na casa e os alumnos puideron vencer a timidez inicial e interactuar con persoas no idioma que están a aprender. Para rematar, agasalláronnos cun libro sobre a historia do centro e unha imaxe dun mural que decora unha das paredes exteriores (obra da artista galega Lidia Cao).
A maiores, tivemos a fortuna de coincidir con tres docentes turcas que se mostraron moi interesadas en Galicia e no noso centro.
Complementamos a estadía cunha visita a diferentes monumentos da cidade para coñecer as súas diferentes etapas (romana, medieval, barroca...), ademais de librarías e pastelarías.
En definitiva, unha viaxe na que coidamos do corpo e do espírito!!
VIAXE A BRAGA I
O día 16 de maio saímos de viaxe co alumnado de 1º da ESO da materia de segunda lingua estranxeira: portugués con destino a Braga. Alí imos visitar unha profesora, Maria da Luz, e o seu alumnado. Con eles colaboramos no curso pasado no proxecto Lendas de aquí e de acolá no que compartimos e traducimos aos respectivos idiomas lendas galegas e portuguesas. Por fin nos imos coñecer en persoa!
Levamos un pequeno agasallo artístico, a obra O Salnés en acuarelas do artista e ex-profesor Eduardo Baamonde, e tamén gastronómico cuns cantos de Sanxenxo e unha torta de améndoa.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS III
Xa están aquí algúns dos pasatempos feitos sobre a vida e obra de Luísa Villalta.
Sopas de letras de diferentes niveis de dificultade e encrucillados para achegarnos a esta autora e coñecela un pouco máis.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS II
Esta mañá tivemos a fortuna de contar coa presenza da compañía Polo correo do vento no noso IES. A súa actuación combinou relato oral, debuxo e música para facer unha semblanza de Luísa Villalta.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS I
Comezamos de cheo coas actividades arredor do Día das Letras Galegas deste ano. A figura de Luísa Villalta, a súa vida e obra van ir ocupando os diferentes espazos do noso centro con actividades dirixidas a todos os niveis.
Comezamos cunha exposición de cartelaria sobre a figura homenaxeada e unha exposición dalgúns dos fondos da biblioteca relacionados con esta data e esta autora, dirixids sobre todo estes últimos aos primeiros cursos da ESO.
25 de abril - Revolução dos cravos
25 abril - Revolução dos cravos
O alumnado de 1º de ESO B da materia de lingua portuguesa elaborou os seus propios cravos durante a xornada dedicada a coñecer o que foi a revolución do 25 de abril en Portugal.
Historia, música e arte para conmemorar a liberdade.
Quedaron ben xeitosos!