Nestes 21 días co galego e + no IES de Vilalonga seguimos coas nosas exposicións, e desta vez tocoulles aos nosos escritores en galego. Un vez máis botamos a moitos en falta... pero iso non quere dicir que nos teñamos esquecido deles ;)
https://www.facebook.com/228149298072048/photos/pcb.465525274334448/465525014334474/?type=3&theater
21 DÍAS CO GALEGO E +: ESCRITORAS EN GALEGO
Durante estes 21 días co galego e + no IES de Vilalonga estreamos diferentes exposicións, entre elas a das escritoras en galego, moitas das cales tivemos o pracer de coñecer polo seu paso polo centro noutros cursos.
Sabemos que faltan moitas... pero a todo se chegará ;)
https://www.facebook.com/228149298072048/photos/pcb.463580811195561/463580557862253/?type=3&theater
Sabemos que faltan moitas... pero a todo se chegará ;)
https://www.facebook.com/228149298072048/photos/pcb.463580811195561/463580557862253/?type=3&theater
O I.E.S DE Vilalonga coa educación.
Campaña Mundial pola Educación (CME)
263 millóns de nenos e nenas menores de 15 anos de todo o mundo están sen escolarizar
Desde o ano 2000 a situación da educación no mundo mellorou, pero queda
moito para conseguir: unha educación de calidade, equitativa, gratuíta e
universal para todas as persoas. Estas son as nosas principais tarefas:
-Sensibilizar á sociedade sobre a situación da
educación no mundo
-Mobilizar á cidadanía como voceiros e activistas
-Comunicar e informar sobre o dereito á educación
- Incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos.
Este curso
2019/2020 a Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia pon en marcha a
primeira edición do Programa de formación de activistas xuvenís polo dereito á
educación, unha iniciativa pioneira de educación transformadora para o cambio
social que se desenvolverá até o mes de maio.
Os
días 17 e 18 de xaneiro botou a andar o Programa coa celebración do primeiro
encontro formativo en Santiago de Compostela coa participación de catorce mozos
e mozas de entre quince e dezanove anos e tres docentes dos centros educativos
IES Agra do Orzán (A Coruña), IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela)
e IES de Vilalonga (Sanxenxo) e das tres universidades galegas.
Esta primeira
xornada de formación tivo como principais obxectivos favorecer o coñecemento e
a confianza entre as persoas participantes a través do traballo en
equipo. Durante dous días, os futuros activistas xuvenís realizaron un
programa intenso de actividades baseadas na aprendizaxe experiencial que os
conseguiron motivar e inspirar para actuar como un equipo cohesionado e eficaz
no que realizarse como persoas que comparten valores, conviccións e a paixón
por construír un mundo mellor.
A Xunta de
Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión
Europea, apoiará a primeira edición do programa de formación de activistas
xuvenís polo dereito á educación e que se desenvolverá no curso 2019/2020 en
Galicia.
Esta participación xurdeu como iniciativa da profesora Ana González do Departamento de Relixión. Os alumnos/as implicados son: Gabriel Folgada e Mario Santiso de 4º ESO A e Dafne Dadín de 4º ESO B.
21 Días de galego e +. (Actividades-vídeos)
17/01/2020. Aquí vos deixamos un estupendo vídeo sobre as telleiras da zona de Sanxenxo e outros lugares próximos. Fíxerono o alumnado de 4º da ESO coas súas profesoras de Lingua Galega: Lidia Fernández e Carme Picallo, así como o profesor de Xeografía e Historia José Ramón Pérez.
Parabéns a todos/as por investigar sobre o noso entorno.
21 Días de Galego e +. (Compromiso)
https://youtu.be/r2fVn1n9pNI
Atendan agora ó reto que temos en marcha no instituto de Vilalonga, en Sanxenxo. Alí propoñemos convivir 21 días co galego… e máis. A iniciativa busca normaliza-la nosa lingua entre a rapazada, un sector de falantes en evidente retroceso. A campaña está impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e nela participan unha decena de centros de toda Galicia.
Este é o noso compromiso !!!
(15/01/2020)
21 días co galego e + (xaneiro 2020)
Ten como obxectivos que os mozos falen máis o galego e perfeccionen o seu uso dentro e fóra das aulas.
‘21 días co galego e +’ é un programa promovido pola Xunta de Galicia baseado nos 21 días que se consideran necesarios na adquisición dun hábito, unha experiencia que se desenvolveu hai uns anos no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponche e que, desde o curso pasado, o Goberno galego asumiu como propio para facelo extensivo a outros catro centros, un por provincia. Participaron na primeira edición un total de 95 docentes e de 1.316 alumnas e alumnos de 12 a 18 anos. A iniciativa recibiu o Premio da Cultura Galega 2019 na modalidade de Lingua da Consellería de Cultura e Turismo.
En 2020, o programa continúa a súa expansión coa participación de 10 centros e 3.877 alumnos e alumnas dos 12 aos 18 anos da ESO, de bacharelato e de FP, que se comprometen a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 xornadas que dura o programa, é dicir, un total de 504 horas ininterrompidas en galego desde o 13 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2020, dentro e fóra do centro de ensino. Así mesmo, tamén participan de forma directa 305 profesoras e profesores e 60 membros do persoal de administración e servizos.
Os centros participantes son o IES As Lagoas (Ourense), IES Afonso X Ou Sabio (Cambre), IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), IES Ánxel Fole (Lugo), IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Eduardo Branco Amor (Ourense), CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida (A Coruña), IES Illa de Ons (Bueu), IES de Poio e IES de Vilalonga (Sanxenxo).
O día 13 de xaneiro empezou a nosa participación , estamos ilusionados e desexando arrancar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











