Semana das Letras: Antón Mascato


Antón Mascato fixo os seus estudos de filoloxía galego-portuguesa na USC, desenvolvendo a súa actividade profesional en Promocións Culturais Galegas e en Ir Indo. Director de Edicións do Cumio. En 1982, con Gogue e Pepe Carreiro, fundou a revista de humor Can sen Dono. Foi secretario da Asociación Galega de Editores e vocal da Federación do Gremio de Editores de España. Directivo fundador do IEM, (Instituto de Estudos Miñoráns). Presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove. Militante do BNG, foi concelleiro de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística no Grove. Membro da comisión técnica do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Foi colaborador do semanario A Nosa Terra e do Jornal de Letras, Artes e Ideias de Lisboa. É colaborador de Faro de Vigo, Nós Diario e da Revista de cultura marítima Nova Ardentía, da que pertence ao seu consello de redacción.

Wikipedia

O escritor do Grove veu ao noso centro o 5 de abril e a impartir tres sesións sobre a poeta Xela Arias, asistíu o alumnado de 1º de bacharelato.



                                                                               Grazas por vir!

Semana das Letras: Premios de Entroido

 O venres 8 de abril, na biblioteca, tivo lugar a entrega dos premios de Entroido, no contexto da Semana das letras:


1º Premio de grupo: Alba Afonso Padín,Manuel Caneda Bernárdez, Eva de Apellániz Álvarez, Zoe Invernón Ortiz e Yeray Magariños Padín (1º bach).


Jorge Briones Villalustre (3º ESOB) polo disfraz de flamenca: 1º Premio disfraz individual.





1º Premio disfraz orixinal: Juan Antonio Rodiño Valladares   


 
                                              (1º de bah. C).
1º Premio disfraz de parellas: Andrea Dovalo Méndez e Lara Gómez Villalustre (4º ESO B).


2º Premio individual: Manuel Soutullo Meis        (4º ESO B).





Parabéns a todas e todos.

Semana das Letras: Vídeo de Francisco Castro

O autor vigués leva moitos anos traballando no eido da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concorrida bitácora 'A canción do náufrago.

De 2010 a 2015 foi presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Dende decembro de 2016, é Director Xeral da Editorial Galaxia.

A súa carreira como escritor comezou no ano 1991 coa publicación de Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back,  os relatos de A canción do náufrago, ambos de 2001, e a novela histórica Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam. Logo viñeron outras publicacións como: “O corazón da Branca de Neve”, gañadora do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, 'In vino veritas' ou 'As palabras da néboa' coa que en 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros.

Tamén publicou obras para nenos e rapaces como: 'Tes ata as dez', 'Chamádeme Simbad' ou 'O neno can'.

Como articulista, recibiu o premio Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura.

Galicia Digital

O escritor Francisco Castro mandou un vídeo para os de 1º da ESO pola súa lectura de 

"Chamádeme Simbad".

 

Semana das Letras: entrega de premios Hora de escribir


Os gañadores coa subdirectora Lidia F. Pastoriza

O venres 8 de abril procedeuse a entrega dos Premios do concurso que todos os anos facemos no centro: A hora de escribir. Este acto tivo lugar, na biblioteca, no contexto da Semana das Letras, durante a que se fixeron numerosas actividades culturais. O concurso consiste en facer un texto, dámoslle ao alumnado tres cabeceiras para elixir, no idioma e no xénero literario que desexen. Os gañadores foron:

  • 1º premio: Lucas Carrascal Bouzada (1º ESO C)
  • 2º premio: Alba Domínguez Soutullo (1º ESO B)
  • 3º premio: Javier Fontán (2º ESOB)
Parabéns aos tres e seguide así! 
 

Semana das Letras: Montse Fajardo


Montse Fajardo Pérez é licendiada en Ciencias Políticas e da Administración, pero a súa traxectoria profesional estivo vinculada ao xornalismo a na actualidade traballa na Deputación de Pontevedra como Técnica especialista en Memoria Histórica.

Posemos definir o seu papel como escritora de comprometido e a prol da defensa e reivindicación do papel da muller na nosa historia. Demostra esta liña en libros como Matriarcas, Mulleres en pé de vida e Un cesto de mazás.

Na obra da que nos veu a falar o martes 5 de abril: Invisibles. Relatos do maltrato, dalle voz e recompón sete relatos de violencia machista, historias reais de mulleres reais. Sete experiencias de maltrato físico, psicolóxico, social, económico, sexual...

A igualdade apréndese e a desigualdade tamén, por iso é imprescindible saber recoñecelas e poñernos do único lado correcto.

Grazas por vir a visitarnos, foi un pracer terte con nós.



Semana das Letras: Lecturas na biblioteca

 O alumnado de 1º ESO A foi este xoves á biblioteca pra unha lectura de fragmentos de Memorias dun neno labrego e de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, actividades da nosa Semana das Letras.


Semana das Letras: Obradoiros de animación en plastilina con OQO editora

Esta semana o alumnado de 1º BACH tivo a fortuna de contar coa presenza de Carlos Pinto de OQO editora para aprender sobre a técnica de animación stop-motion. Un pouco de plastilina, uns consellos e xa estaban listos para crear as súas primeiras curtas con esta técnica coa axuda dun gran profesional. Esperamos que esta semente prenda e dea os seus froitos nos vindeiros cursos. 



Semana das Letras: Visita de Héctor Cajaraville

Para ir entrando en contacto coa figua homenaxeada esta ano polo Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, tivemos connosco a Héctor Cajaraville. Como autor da obra Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade puidemos coñecer e entender a achega deste poeta e activista cultural tan importante para manter a cultura e a literatura galega no exilio, para darlle voz aos que en Galicia estaban silenciados pola ditadura.

Un pracer escoitalo e aprender nesta charla co alumnado de 2º da ESO!


    Obradoiro de emocións e solidariedade


    O martes 29 e mércores 30 de marzo, o alumnado de 3º e 4º ESO participou nuns obradoiros sobre xestións de emocións e solidariedade con Paco Reigón, dentro do Programa Emocióna-t que desenvolvemos no noso centro.

    Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga por contribuír a un ensino público e de calidade!

     

    DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO NO IES DE VILALONGA


    Con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (2 de abril), no IES de Vilalonga quixemos facernos partícipes desta data e contribuír ao labor que como comunidade educativa nos corresponde desde unha perspectiva xeral e diversa, pero tamén como resposta ao particular requerimento do noso alumnado no TEA.

    Contamos para este día coa colaboración directa da Asociación Neen@s de Sanxenxo, os artigos do seu Decálogo para a inclusión das persoas con autismo foi parte das actividades que se desenvolveron nalgúns grupos, é parte física dos nosos corredores e agardamos que tamén teña calado nas conciencias do noso alumnado. Para rematar o día, a presidenta de Neen@s, Montserrat Fernández, veu ler ao centro un manifesto.

    Agradecemos a colaboración da Asociación Neen@s e a de toda a comunidade educativa neste camiño de pequenos pasos e grandes obxectivos. 

    #DiaMundialAutismo #HazFeliz

    OBRADOIROS SOBRE AUTISMO

    A semana pasada o 30 de marzo empezamos  coas primeiras sesións dos obradoiros sobre o Transtorno no Espectro do Autismo (TEA) que recibiu o alumnado de 1º e 2º ESO, coa psicóloga Yolanda García. 

    Parabéns a Yolanda polo seu traballo e á comunidade educativa do IES de Vilalonga por participar e contribuír a unha convivencia diversa e posible que poida ir máis alá das aulas e reflectirse na sociedade.