PLAN DIRECTOR
CHARLA UE
Igualdade
Durante as últimas semanas, o alumnado de 2º da ESO participou nunha actividade organizada desde o Concello de Sanxenxo sobre "Relacións afectivo sexuais saudables para a prevención das violencias machistas" Obxectivo principal das 4 sesións de formación que tivo o alumnado foi fomentar a igualdade de trato e rexeitar todos os tipos de violencia de xénero.
SAÍDA AOS XULGADOS DE PONTEVEDRA - EDUCAR EN XUSTIZA
Durante a mañá do 31 de outubro, o alumnado de 4º que cursa a materia de
Filosofía gozou dunha interesante visita aos xulgados de Pontevedra que nos
permitiu coñecer ben de cerca como funciona a xustiza.
A decana ensinounos a sala de vodas, a dos interrogatorios a menores e
incluso os calabozos. O forense mostrounos o seu importante traballo e
finalmente puidemos asistir a dous xuízos.
Foi unha saída moi proveitosa tanto para coñecer aspectos relativos a
xustiza referida aos menores como tamén para poder achegarnos a unha parte tan
esencial da nosa sociedade.
A biblioteca do IES de Vilalonga está de medo!!


Participación en EDUGAL
Un ano máis, departamento de Automoción do IES de Vilalonga participou en Edugal, no curso lectivo 2023-24, dando a coñecer a oferta formativa que se imparte no IES de Vilalonga: ESO, Bacharelato e Fp (Automoción, Administrativo e Hostalaría e servizos), impulsando así a formación profesional nas diferentes familias profesionais e os seus niveis educativos.
Premio Nobel de la Paz
Este año 2023, en su 122 edición, el Premio Nobel de la Paz ha sido para Narges Mohammadi, activista y periodista iraní, por su incesable lucha contra la opresión de la mujer en Irán, y promoción de la libertad y los derechos humanos.6 oct 2023
Visita a Feira de emprendemento Pont-up store
O pasado venres 29 de setembro o alumnado de 2º de CM e FP Básica de automoción e o alumnado de 2º de CM CS e FP Básica de Administración asistiron a feira de emprendemento Pont-up store que se celebrou en Pontevedra.
Esa iniciativa financiada polo programa de aulas emprendemento ten como obxectivo o incremento e difusión da cultura emprendedora entre o alumnado do noso centro.
Visita a Edugal
Nesta visita organizada polo programa de aulas de emprendemento do noso centro, o alumnado tivo a ocasión de asistir a conferencias, recibir orientación sobre a oferta formativa e visitar o stand do departamento de automoción do noso instituto.
Premio Nobel de Literatura
A Academia Sueca otorgou o premio Nobel de Literatura de 2023 ao escritor e dramaturgo noruegués Jon Fosse recoñecido "polas súas innovadoras obras de teatro e prosa, que dan voz ao indescritible".



















