Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1990)
O mércores 24 presentouse en Pontevedra o número XIV dos Cadernos Ramón Piñeiro, titulado Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999). Na presentación estiveron Hermino Barreiro, Daniel Pino, Luís Cochón e X. Luís Méndez Ferrín, o acto contou coa presenza tamén de Anxo Lorenzo.
En palabras de Uxío: "Cada vez serán menos os que se trabuquen de patria"
IV Certame de Poesía Xosé A. Barral
2. Establécense, por tanto, dúas categorías: ESO e Bacharelato.
3. Os poemas, de temática libre, presentaranse en lingua galega. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados en ningún outro concurso. Só se poderá presentar un poema cunha extensión mínima de 20 versos e máxima de 25.
4. Enviaranse 6 copias de cada poema baixo lema ou pseudónimo. Xunto ao traballo, nun sobre aparte, figurará o lema ou pseudónimo e a categoría na que participa. No seu interior incluirase unha nota onde figuren o nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e enderezo electrónico (se o tivese) d@ participante.
5. As obras faranse chegar por correo ordinario ou entregaranse en sobre pechado sen remitente identificador á Biblioteca do IES As Bizocas Balea s/n. Cp. 36988 San Vicente, O Grove (Pontevedra).
6. A data límite de recepción de orixinais é o 5 de abril de 2010.
7. O xurado outorgará dous premios de 125 € e diploma para o poema gañador de cada categoría.
8. O xurado, cuxo fallo será inapelable, poderá declarar os premios desertos, concedelos ex aequo, ou establecer mencións de honra se así o considerase.
9. A decisión do xurado comunicarase ao gañador ou gañadora e anunciarase a través dos medios de comunicación o 19 de abril de 2010.
10.Os poemas gañadores serán musicados, e estreados no Festival Música nas túas palabras, que terá lugar a finais de xuño de 2010, acto no que se entregarán os premios.
11.Os traballos premiados quedarán en propiedade do IES As Bizocas para a súa publicación, os restantes serán destruidos.
12.A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas bases. Coa Colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de O Grove, do Equipo de Normalización Lingüística do IES AS Bizocas, a Compañía da Radio Televisión de Galicia e o IES Monte da Vila.
Ksenya Simonova.
Ksenya Simonova é a gañadora de Ucraína no programa Tes talento. Executa en directo unha animación da invasión deste país durante a Segunda Guerra Mundial, usando soamente os dedos e unha superficie de area.
21 de marzo, DÍA DA POESÍA.
MARÍA SILENCIO
Cabeleira de chuvia, ollos de néboa.
María Silencio, esfarrapada, á espreita.
Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A túa anguria fala con olladas.
María Nocturna: no peirán ¿que esperas?
¿polo día non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?
María Silencio, sempre dura e muda...
¿Cal é a barca que agardas?
Das fontes dos teus ollos
flúen ríos de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...
María Silencio, eu roubaría
no ceu
a estrela de mel,
na agua
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.
Se queres ulir flores,
dareiche a flor da lúa.
María do Mar, ¿que barca agardas?
¿Queres o sol, carne de lúa fría?
O sol é un porco-espiño disfrazado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.
Pescado pola cana do abrente,
dareicho eu, raiolante e mollado.
¡María Silencio, Voz Dormida: fala!
¿A que afogado esperas,
María da Sombriza Espranza?
María Silencio, ¿agardas a túa voz?
¿As ondas do mar levado roubároncha?
De chuvia e vento vestida,
María Silencio, calada...
Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961)
¿POLA LECTURA?
Se fue Miguel Delibes, el escritor de Valladolid.
Alimentamos o corpo e o espírito
Certame literario "ABRIL DOS LIBROS E MAIO DAS LETRAS"
A Biblioteca do IES Vilalonga e Normalización Lingüística convocan o concurso literario entre o alumnado, o profesorado e o persoal non docente deste centro, seguindo a tradición de anos anteriores, para conmemorar “ABRIL DOS LIBROS” (días 2 e 23 de abril) e “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” (17 de maio).
BASES:
1. Pódense entregar microrrelatos en galego dun folio de extensión por unha soa cara. Trátase de contar en poucas liñas unha historia, reflexión, desexo, impresión, recordo, unha aventura, que teña que ver co tema das viaxes, pero tamén vale tema libre. Todas as creacións iranse depositando no buzón da Biblioteca ata o día 25 de abril.
2. Estas creacións deben ser rigorosamente orixinais.
3. Modalidades:
· A: alumnado matriculado en 1º e 2º de ESO.
· B: alumnado matriculado en 3º e 4º de ESO.
· C: alumnado matriculado no resto de ensinanzas e niveis.
4. Os traballos irán, baixo un pseudónimo, metidos nun sobre grande en cuio exterior figurará o título, o pseudónimo e a modalidade. Dentro do sobre grande irá un pequeno pechado que debe conter o nome e curso e, no seu defecto, a modalidade da autora ou autor. A cada pseudónimo corresponderalle unha soa obra.
5. Premios:
CATEGORÍA A:
1º premio 60 euros
2º premio 30 euros
CATEGORÍA B:
1º premio 60 euros
2º premio 30 euros
CATEGORÍA C:
1º premio 60 euros
2º premio 30 euros
6. O cheque regalo será canxeable por libros.
7. Os alumnos poderán concursar ademais entregando un poema orixinal (mínimo 15 versos, máximo 20). As tres mellores achegas recibirán un bo premio sorpresa. Están invitados a concursar nesta modalidade os alumnos de 4º de ESO do IES de Sanxenxo.
8. Haberá tamén este ano tres premios sorpresa para os debuxos que mellor ilustren poemas de Uxío Novoneyra.
9. Os premios serán entregados o venres 6 de maio.
http://abeiradaspalabras.blogspot.com/ (blog da Biblioteca / NL).
http://apraiadaspalabras.blogspot.com/ (blog do Club de lectura).
O reino da falsía e da irregularidade
[...]
Mais a manobra da Xunta actual, neste aspecto, vai moito máis alá dun atentado contra a lóxica: trátase de instrumentalizar nais-pais para os facer cúmplices directos, co cultivo apoteósico da demagoxia (¡que importantes somos, dirán algúns pais incautos, que até se nos consulta cantas racións de galego queremos, se é que queremos algunha!), da erradicación, aínda máis!, do galego do sistema escolar.
[...]
En segundo lugar, o “equilibrio” mencionado é, simplesmente, ilegal. Mesmamente porque o lexislador recoñeceu no seu día o estado de inferiorización do galego e, por tanto, a necesidade de “protexer”, “fomentar” e “potenciar” o seu uso, é polo que se aprobou a lexislación iuslingüística de que dispomos. Se así non fose, sobraría leis, decretos e normas de implantación do galego e, por suposto, a propria Lei de Normalización Lingüística de 1983. O desequilibrio, señor conselleiro, é abrumador, fóra do ensino e, tamén no ensino, a favor do castelán. Se vostés queren “equilibrar”, a única solución xusta e equitativa é atender en galego moitas máis materias e actividades das que, agora, este decreto contempla como teito para a lingua propria.
[...]
En terceiro lugar, falar de “liberdade de expresión para os alumnos”, aplicada, claro está, ao permiso legal para ocultaren ou desprezaren o galego aínda máis, acada os cumes máis altos do cinismo: o ensino ha de valer, señores destrutores, para ensinar a valorar, no que merece, o galego, na Galiza. ¿Ou é que ha de ser aínda máis estranxeira na súa patria a lingua galega?
E para rematar o dislate: como non abonda co español, agora tamén teñen que botar man do inglés –artillaría potente– para reforzar a exclusión do galego?
[...]
Se Castelao resucitase, non daría feito a caricaturas de todos vostés...
Señor conselleiro de Educación e adláteres: ¿coñecen vostés e acatan a Constitución española, o Estatuto de Autonomía de Galiza, a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias?
[...]
¡Pobre lingua galega, cousificada, instrumentalizada, mallada e desprezada, no canto de ser usada e multiplicada por quen vive dela e ten a obriga legal de protexela e de implantala en cada vez máis espazos sociais e públicos!
A Coordinadora Galega de ENDL ante o Anteproxecto do Decreto do Plurilingüismo
- O novo decreto non garantirá o equilibrio efectivo entre as dúas linguas oficiais no ensino e desprotexe o galego, especialmente na etapa de infantil.
- O avance do anteproxecto relega a promoción da lingua galega ás actividades de fomento e ao compromiso persoal do profesorado.
Pan con xamón
“Non tiña amigos na escola, nin falta que me facían. A min reinábame máis andar só. Sentaba nun banco e miraba como xogaban os outros e pensaba que parecían parvos. Á hora do xantar achegóuseme un día un rapaz novo. Levaba bombachos, era birollo e tiña os pés para dentro. Non me gustou, non tiña boa pinta. Sentou no banco a son de min...”
Factoría K
El libro salvaje
Mensajero de las estrellas
A fascinante historia de Galileo Galilei contada e ilustrada polo artista checo Peter Sís, un verdadeiro mestre do xénero. É autor tamén de libros tan fermosos como El libro de la vida, sobre Charles Darwin e El muro, sobre a caída de tódolos muros en Europa.
Tiempo de palabras en voz baja
“¿Ata onde te atreverías a chegar se o teu amigo estivera en perigo e salvalo supuxera ...”ANÓNIMO.
Un saco de canicas
“Gustoume moito o libro, é conmovedor e realista…, pódelo ler todo sen parar”. ANÓNIMO.
“Gústanme os libros tristes. Mirei a películo de O pianista e lin Ana Frank, Cuando Hitler roubou o coello rosa, e encantáronme. Teño ganas de ler este libro”. ANÓNIMO.
“…atopei este libro na miña casa gardado e non sabía que o tiña. Encantoume, vouno ler de novo…” ANÓNIMO.
Hoyos
“Stanley Yenalts é un rapaz que sempre está onde non debería estar e cando non debería estar… Ten mala sorte… e remata nun… reformatorio de traballos forzados, rodeado de delincuentes… Está cheo de misterio e de aventuras, e mantente en tensión ata o final. Si que paga a pena, pero se non che gusta moito ler recoméndoche que vexas a película que tamén está moi ben. Ademais acabaranche gustando as CEBOLAS!!” Editorial sm. Colección Barco de Vapor
"Cando les un bo libro tes ganas de compartilo con alguén. Non basta con lelo: ¡queres que outros o lean!..." ANÓNIMO.
Día da muller traballadora - 8 de marzo
Opinións de seis alumnas de Bacharelato que están hoxe ás 09:50 na biblioteca:
1 - Paréceme ben que se celebre porque na actualidade hai moita desigualdade entre os homes e as mulleres no mundo laboral.
2 - Non sei moi ben o que quere dicir.
3 - Paréceme mal que se celebre porque se queres igualdade non debes celebrar un día da muller traballadora porque non hai un día para o home traballador.
4 - Non significa nada para min.
5 - Paréceme ben porque ademais así tamén se lle recoñece o traballo ás amas de casa.
6 - A min paréceme ben que se recoñeza o traballo que fan as mulleres que ademais traballan dobremente.
2º BACH C ASISTE A UN MACROXUÍZO
O martes día 2 de marzo asistimos a un xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra. O noso anfitrión foi o maxistrado Xosé X. Barreiro, que é pioneiro no emprego do galego na nosa administración de xustiza.