EXPOSICIÓN DE ANTROPOLOXÍA SOBRE A EVOLUCIÓN HUMANA
O
alumnado da materia optativa de Antropoloxía de 1º Bacharelato ven de realizar unha
exposición sobre a evolución humana dividida en dúas partes. Unha parte amosa o percorrido polas especies máis
destacables dos últimos 5 millóns de anos, idade aproximada na que a liñaxe dos
homínidos se separa da dos monos antropomorfos máis cercanos, os chimpancés e
orangutáns. A outra parte presenta uns paneis informativos sobre as razóns dos
cambios evolutivos dos antepasados humanos en África, sobre as teorías en pugna
acerca do ritmo de expansión desas especies fóra de África, e por último un
panel onde se contrapón a nosa especie, o homo sapiens sapiens, co home de
neandertal, un humano extinguido hai 35.000 anos e acerca do cal hai senlleiras
películas e novelas moi atractivas para os adolescentes. Resulta de interés
comprobar que os avances tecnolóxicos e políticos da civilicación son moi
recentes tomados nunha perspectiva diacrónica, e que humanos coma nós hai
100.000 anos vivían dun modo moi similar aos erectus de hai un millón.
Está no corredor do edificio 1, vinde a vela merece a pena.
Exposición da actividade que leva por nome "Os nomes de noso" realizada cos traballos para indagar a orixe dos nomes e apelidos do alumnado de 1º de bacharelato A e C.
O derradeiro día de clase antes das vacacións do Nadal xa comezamos a relaxarnos e desfrutar cos concertos que o profesor de música Juan Ventoso estivo a preparar co seu alumnado dos distintos niveis.
O espectáculo de maxia non só nos sorprendeu senón que tamén nos fixo rir.
Tamén se lle fixo entrega dun agasallo ao alumno de 2º curso de electromecánica de vehículos Martín García García quen acadou a medalla de prata na especialidade de Tecnoloxía do automóbil no 4º campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills que tivo lugar a principios do pasado mes de novembro.
A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés organiza como cada ano o CONCURSO DE ADHESIVOS. Nesta ocasión o tema son os SERES MÍTICOS CON PODERES SUPERLINGÜÍSTICOS.
Para achegarnos a esta temática nada mellor que o Dicionario dos seres míticos galegos e a páxina de Galicia Encantada. (Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia.