Ler poesía é unha experiencia íntima, ás veces abrumadora, ás veces relaxante; pero nunca indiferente.
Achégate á poesía, oirás melodías.
Ler poesía é unha experiencia íntima, ás veces abrumadora, ás veces relaxante; pero nunca indiferente.
Achégate á poesía, oirás melodías.
Aí van as imaxes e referencias dalgúns dos cómics que engadimos á biblioteca este
outono. Hai máis. Vinde a buscalos.
Ola a todos/as, aquí vos deixamos algúns dos libros que lemos este outono. Están na biblioteca, vinde buscalos.
Parabéns e que dure moito a vida do Club de lectura EX LIBRIS do IES de Vilalonga!
Dende
o IES de Vilalonga desexámosvos un nadal fractal (infinita felicidade nun
espazo acotado), á semellanza da árbore de Sierpinski, realizada de xeito
cooperativo por todo o alumnado da ESO mediante a construción, utilizando
técnicas de papiroflexia, de pequenos tetraedros de papel.
Departamento de matemáticas. Gutier Fernández Villar.
O equipo da Biblioteca do IES de Vilalonga felicita o Nadal e desexa un próspero e máis tranquilo Ano Novo a toda a Comunidade Escolar.
Ánimo e forza!!!
O xoves 17 de decembro tivemos a oportunidade de gozar coas achegas de Borja Guerrero e Carlos Madureira, da editorial OQO, ao mundo da animación. Foi un obradoiro no que coñecemos a historia desta arte e nos explicaron varios aspectos sobre o incrible mundo das imaxes en movemento, de como funciona o noso cerebro no campo visual, das necesidades técnicas neste traballo, os primeiros obxectos ou "xoguetes" relacionados con el... E logo chegou o mellor: facer as nosas propias animacións en plastilina coa app Stop Motion. Encantounos deixar saír o lado creativo e comprobamos que algúns participantes teñen moito xeito e poden acabar sendo uns artistas de primeira!
A acollida do libro Xenia tes un whatsapp foi excepcional. Este libro de literatura xuvenil enganchou desde a primeira páxina ao alumnado de 1º FPB-Administrativo o que nos fixo reflexionar sobre o bo intre que pasamos grazas a lectura daqueles libros que son do noso interese. De aí xurdiu a idea de elaborar unha serie de carteis publicitarios para promocionar nas súas redes sociais no que motivasen aos seus amigos/ as a ler libros utilizando para iso unha linguaxe coloquial e que conseguise dar no cravo: COMO PODEMOS FACER PARA QUE UNHA MOZA/Ou DA túa IDADE QUEIRA
LER? Aquí o resultado:
Alex Chan |
Aleksander Méndez |
O profesor de plástica Eduardo Pérez Baamonde fixo esta
fermosa e interesante acuarela. Titúlase Enredante (en-red-ado), nela un
mozo aparece facendo un selfie diante dun panel cunha paisaxe caribeña. Ten os
pés afundidos en lastres de cemento con iconas das redes sociais. No chan
espallados hai: unha botella, unha caixa de pizza, cabichas, un cinceiro... Non
sabemos se está dentro ou fóra pero a parede está esconchada.
Sen
dúbida quere transmitir varias mensaxes:
-
Queremos aparentar o que non somos.
-
Sublimamos modelos ou estilos de vida inalcanzables e enganosos.
-
O consumismo a ultranza fainos máis pobres e sectarios.
-
Non importa o que se é, senón a imaxe que os demais teñan de ti.
Parémonos a reflexionar, vivimos nunha cultura que se esconcha, que todo o quere rápido e pasaxeiro; o ser humano precisa tempo para formarse, para pensar. Non fagamos caso de todo aquilo que quere atraernos e confundirnos con cantos de serea. Non nos deixemos levar por unha subcultura superficial, enganosa e consumista.
RETO: PALABRAS, DITOS E FEITOS DO
MES DE SANTOS
-Novembro de estío, a
porta do frío.
-Polo novembro as noites van crecendo.
-A
cada porco chégalle o seu San Martiño.
- O día de San Martiño, proba o teu viño.
-Ata
san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío.
-Sembra
trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.
-Se
novembro comeza ben, confianza has de ter.
-Do 20 de Novembro en diante, o inverno xa
é constante.
-Polo San Simón pon o tapón, polo San
Martiño proba o viño.
-Polo San Andrés, colle o porco polos pés,
a galiña polo rabo e levaos ao mercado.
-Novembro
acabado, inverno empezado.
-Se
novembro empeza ben, nada hai que temer.
-Polo
novembro, as noites van crecendo.
-Entre
santos e natal inverniño caroal.
-No día de defuntos, memoria e frío van xuntos.
-O
veranillo de San Martín, dura tres días e fin.
-O
veranciño de san martiño dura tres días e un pouquiño.
-En
novembro voan casas, vén o vento.
-De
Santos ó Nadal é o inverno natural.
-Polo
mes de Santos, xa baixa a neve ós campos.
-Por tódolos santos, neves nos altos.
-San Xoán garda a chave do pan , San
Martiño a do viño e San Andrés a do porquiño.
-Castañas,
noces e viño fan a ledicia de San Martiño.
-Por
Todos os Santos, frío nos campos.
-Do
San Martiño en adiante, non hai demo que o aguante.
-San
Xoán trae o inferno e San Andrés o inverno.
-Polo San Martiño ,o teu mosto xa é viño.
-Cada cousa no seu tempo e os nabos en
adviento.
-No mes de nadal o carón da lareira vaite
sentar.
-Polo Pilar os nabos a terra e o viño
envasado.
-Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
-Por san Martiño, proba o teu viño.
-Auga
de San Martiño come pan e viño.
-Antes
de san Martiño, pan e viño; despois de san Martiño, fame e frío.
-Chegan
os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.
-No
vinte de Novembro en diante, o inverno é constante.
-Horta
de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
-Auga
de agosto, nin bo viño nin bo magosto.
- Estamos no outono os paxaros marchan xa, o
día é mais curto e o frío vai chegar.
Estamos no outono as follas van ao chan temos
unha alfombra de cores
para xogar e pisar.
Alumnado de 4º ESO