III Ecorally Petronor na cidade de Bilbao: o sábado día 1
de outubro de 2022 o Departamento de Automoción
do IES de Vilalonga expuxo un modelo fabricado por eles nos talleres do centro:
Karlonga, xunto cos da Universidade de
Lisboa. Fixeron unha visita nocturna a
cidade, e máis tarde desprazáronse a Miranda de Ebro onde fixeron noite. O domingo día 2,
desprazáronse o Circuíto de Navarra na localidade de Los Arcos, onde participaron
na última carreira do campionato GREENPOWER 22 competindo na categoría de
Formula 24+. Carreira onde indo terceiros tiveron que retirarse por quedar sen
enerxía, por calcular mal a carga da batería. Igualmente acadaron o premio BEST
BODY WORK co seu coche. O mérito é que xunto con Lisboa, son os únicos que fixeron
dende cero o coche.
Ese día no circuíto de Navarra celebrouse tamén unha proba de F4, Copa
Saxo e Turismos GT, válidas para o campionato de España.
Pasámolo moi ben e con moito aprendizaxe para todo o equipo!
Chegamos de volta o Instituto as tres da madrugada sen incidencias destacables.
Departamento de Automoción-Rafael Domínguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario