Igualdade: Punto violeta

 

PUNTO VIOLETA "AGRESIÓN OFF: EU DIGO NON Á VIOLENCIA SEXUAL"


A coordinación de Igualdade do IES Vilalonga e o CIM de Sanxenxo organizaron a visita do Punto Violeta "Agresión Off: instalouse un stand no patio con material, folletos informativos sobre as diferentes violencias sexuais e asesoramento entre a rapazada de todos os niveis educativos que se achegou ao longo da xornada.

Ademais, os tres grupos de 3º de ESO efectuaron unha actividade de identificación das diferentes formas de agresión sexual a través dun xogo co "iceberg da violencia".

Tanto a coordinadora da entidade como as técnicas de igualdade do posto valoraron positivamente a xornada, e foi mencionada a posibilidade de repetir en vindeiros cursos a mesma iniciativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario