OBRADOIRO DE REGUEIFAS
PRÁCTICAS DE CORTE DE XAMÓN DO ALUMNADO DE COCIÑA
CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS
II SEMANA DA CIENCIA IES DE VILALONGA
O noso planeta está en perigo! A contaminación está afectando aos distintos
ecosistemas e tamén á nosa saúde.
Mais non todo está perdido: o noso alumnado de ESO deberá pór en práctica
os seus coñecementos para superar distintos retos científicos que permitan
crear unha máquina ecolóxica revolucionaria. O planeta está nas súas mans!
⇓
Segue abaixo
II SEMANA DA CIENCIA IES DE VILALONGA
O IES de Vilalonga segue innovando co club de ciencias , que este curso
acaba de comezar a súa andaina. Recentemente, o alumnado participante puido
realizar actividades relacionadas coa reflexión, refracción, difracción e
polarización da luz.
ESTACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA
Para lograr chegar á ultima estación de
investigación a tempo o alumnado deberá percorrer a distancia restante (4 km)
empregando un dos medios de transporte máis ecolóxicos: a bicicleta. Mediante
relevos, desenvolverán a maior enerxía posible. Chegarán a tempo? Confiamos en
vós!
ESTACIÓNS CHAVE (MATEMÁTICAS)
Para ir dunha estación de investigación a outra, os nosos equipos de alumnado deberán superar unha serie de probas matemáticas que lles permitan obter a chave para teletransportarse á seguinte estación. A darlle á cabeza para resolver os enigmas formulados!
ESTACIÓN QUÍMICA
Desde a estación química promóvese o estudo de novos combustibles; especialmente algunhas substancias fluorescentes. Para continuar o traballo dos científicos, os distintos grupos de alumnado investigará sobre a fluorescencia da clorofila presente nas follas de espinaca. Esperemos que o alumnado poida visualizar a cor do espectro correspondente á súa enerxía!
CHARLAS IGUALADAS
CHARLA INGLÉS
O día 2 de novembro o alumnado de 1º de bacharelato puido gozar dunha
charla cultural no salón de actos organizada polo Departamento de Inglés. A
través dunha presentación audiovisual
a cargo do existoso conferenciante da editorial Burlington, o alumnado
puido aprender moitos detalles curiosos sobre os países de fala inglesa. Algúns
alumnos e alumnas tiveron ocasión de
convertirse en protagonistas da charla, conseguindo premios pola súa
audacia na aprendizaxe.
PLAN DIRECTOR
CHARLA UE
Igualdade
Durante as últimas semanas, o alumnado de 2º da ESO participou nunha actividade organizada desde o Concello de Sanxenxo sobre "Relacións afectivo sexuais saudables para a prevención das violencias machistas" Obxectivo principal das 4 sesións de formación que tivo o alumnado foi fomentar a igualdade de trato e rexeitar todos os tipos de violencia de xénero.
SAÍDA AOS XULGADOS DE PONTEVEDRA - EDUCAR EN XUSTIZA
Durante a mañá do 31 de outubro, o alumnado de 4º que cursa a materia de
Filosofía gozou dunha interesante visita aos xulgados de Pontevedra que nos
permitiu coñecer ben de cerca como funciona a xustiza.
A decana ensinounos a sala de vodas, a dos interrogatorios a menores e
incluso os calabozos. O forense mostrounos o seu importante traballo e
finalmente puidemos asistir a dous xuízos.
Foi unha saída moi proveitosa tanto para coñecer aspectos relativos a
xustiza referida aos menores como tamén para poder achegarnos a unha parte tan
esencial da nosa sociedade.