Día da poesía

O blog das bibliotecas escolares de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia publica na súa portada esta interesante reflexión:

  O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:

  «A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»


A biblioteca conta con numerosos exemplares de poesía de distintas épocas, culturas e autores. Aquí vos deixamos a guía de primavera de poesía, aproveitade e achegádevos a este xénero.
 
 

Deixámosvos aquí este diálogo entre os versos que 12 escritoras e escritores nacidos a partir da década dos oitenta en conversa íntima con cadanseu poema de Xela Arias, que eles e elas mesmas seleccionaron, nunha proposta para o día 21 de marzo no que se conmemora este Día Mundial da Poesía. Seguindo o fío do nomeamento de Xela Arias como figura homenaxeada do Día das Letras 2021, o Consello da Cultura Galega quere abrir un diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa, porque ambicionamos ese equilibrio dos extremos que perseguiu sempre Xela.

 Feliz Día da Poesía a todos/as!!!

Día Internacional das matemáticas. 14 de marzo.

O Día do Número  Pi celébrase o 14 de marzo, unha data para conmemorar a existencia dunha constante matemática, que foi moi significativa a través da historia. A data escollida foi a máis representativa do número 3/14.

Foi a Cámara de Representantes de Estados Unidos, a que aprobou a creación deste día no ano 2009. 

O Departamento de Matemáticas quixo recordarnos este curso a importancia deste número. Colocaron no edificio 2 grandes carteis que fan referencia a esta celebración, nos chanzos das escaleiras bandas de cores vivas con fórmulas matemáticas e no edificio 1 unha banda continua coas 2500 primeiras cifras decimais do nº pi que é irracional e polo tanto con infinitas cifras decimais que non teñen periodicidade.

Fixeron un vídeo do skyline de Pi que proxectamos na pantalla da entrada do centro:

 
 

Con números pódese demostrar calquera cousa.

Thomas Carlyle (1795-1881) Historiador, pensador e ensaísta inglés.


Entrega dos premios de Entroido

 

O xoves 4 de marzo entregamos os premios do concurso de entroido do instituto. O alumnado premiado foi:

1º premio: Julia González González de 3º ESO C.

2º premio: Lara Portas Carballa de 2º de bach. E

3ª premio: o grupo de Lucía Sabarís Pazos, Noelia Dopazo Arosa, Nuria Abril Leiro Poza, Daniel Daporta Otero e Micaela Herrera Lorenzo.

Parabéns a todos/as e a seguir con ánimo!

Premios Concurso Castelao








A convocatoria do concurso de creación artística "Castelao no século XXI" non tivo moito éxito, pero as persoas participantes reflectiron a estética e/ou o espírito crítico do noso autor para achegar a súa visión persoal sobre algúns dos males do noso tempo.

Parabéns e a seguir creando!


8-M Día Internacional da Muller


O IES de Vilalonga celebrou o 8 de marzo con múltiples actividades:

- O alumnado de 2º de bacharelato da materia de Debuxo artístico, guiado polo seu profesor Eduardo P. Baamonde fixeron carteis. O resultado foi excelente:




- A profesora de Plástica Alba Piñeiro elaborou co seu alumnado un fermoso mural que colocaron no segundo andar do Edificio 1:


- O Departamento de francés traballou este tema nas clases e colocaron carteis:


- A biblioteca deixou a exposición do Día de Rosalía como símbolo da loita feminista:


- O Departamento de Xeografía e Historia mediante o labor da profesora Patricia Díaz colocou novas, lemas, mensaxes e vídeos nos corredores e na entrada:
 



- Proxectamos na pantalla da entrada vídeos e fotos relacionados con este Día:

                                               


- Fixémoslle fotos ao alumnado, por quendas, xunto ás pancartas:




 

 

 

 

 

 

 

 

- Dúas alumnas de 1º de bacharelato fixeron un vídeo con motivo desta data:

- O profesor Gutier Fernández tamén falou do tema coa súa titoría: 


En todas as aulas tentaron ter presente o 8M para que a súa temática e reivindicacións non pasaran desapercibidas:



Apoio aos compañeiros.


'Desde a Biblioteca, animámosvos a ver, compartir e votar este vídeo de un minuto feito por catro alumnas para o Festival de Clipmetraxes 2021. Baixo o lema "Combate o virus da desigualdade", Carla Barreiro, Jennifer Lamelas, Candela Torres e Lola Rea, elaboraron a clipmetraxe "Curamos a desigualdade?", que vos presentamos.'

Aquí vos queda o enlace, pódese votar en facebook, non en youtube porque así non computa):

https://www.clipmetrajesmanosunidas.org/videos/curamos-a-desigualdade/

Entrega do premio Climetraxe 2020




"O pasado xoves 25 de febreiro de 2021, despois dun ano de espera debido á emerxencia sanitaria, por fin chegou ao instituto e puidemos entregar o premio do Festival de Clipmetraxes Mans Unidas . Como recordaredes, o pasado curso o alumnado de 1º de ESO, animado polos profesores de Xeografía e Historia Patricia Díaz  e Marcos Chaves, presentou vídeos para o Festival baixo o lema "E ti...que pegada deixas?",  facendo visible o maltrato ao planeta.

 A unha desas clipmetraxes, co título "Rompendo co plástico", elaborada polas alumnas Uxía Toba Poza e Yaiza Torres González, foille concedido o 2º premio autonómico na categoría Escolas de Secundaria. Veu entregar o premio Paco, un dos voluntarios da ONG Mans Unidas en Pontevedra. Houbo trofeo, diploma, libros e xogo solidario...que quedarán a disposición de todos na Biblioteca; tamén diversos obsequios para as gañadoras e para todos os participantes. Nora boa a todas e todos por participar!!!"