Resolución do concurso de receitas de entroido


 Tras a reunión do xurado do Concurso de receitas de Entroido resultou gañadora a alumna Tania Esperante Rodríguez de 4º ESO B. Esperamos que vos guste e a poñades en práctica.

Parabéns Tania.




Entroido na pandemia


A comunidade escolar do IES de Vilalonga celebrou o Entroido. 

Este curso non nos cansamos de dicir que é diferente, estamos 

confinados, limitados e asustados, por iso mesmo decidimos 

disfrazarnos. Celebrar estas datas, cambiar un pouco esta 

atmosfera opresiva que nos envolve. O venres 12 calquera podía

disfrazarse, a ser posible de personaxe histórico.

Respectouse o horario habitual e déronse as clases, pero os 

diferentes atavíos achegaron unha nota de cor. 


Entre  todos/as conseguimos que houbera un 

ambiente  festivo, non está mal coa que está 

caendo.  O profesorado participou meténdose na 

pel de distintos antepasados ilustres. Arriba Lidia 

era Rosalía de Castro. Á dereita Minia converteuse

 en Amelia Earhart e Inés en Frida Kalo.
 

Á esquerda Miguel en Shakespeare.

Tamén estiveron Quevedo, Valle Inclán, o clero, a realeza, 

representantes da moda: Coco Chanel, etc.

O alumnado tamén participou mandando fotos disfrazados 

ao correo da biblioteca-EDLG para o concurso que 

se convocara on-line.

 

 O día 12 moitos alumnos/as viñeron disfrazados.

Algúns trouxeron atavíos moi elaborados froito

do seu traballo, outros botáronlle imaxinación e 

con catro aderezos compuxeron vestimentas 

sorprendentes. Todos/as encheron de ledicia a

mañá do venres para non esquecer que a vida 

segue e precisamos gozala.

 

 

     Viva o Entroido rapaces, voltaremos á normalidade!! 

 


Tamén expuxemos no corredor do edificio 1 unha mostra do entroidos tradicionais que se celebran en diferentes lugares de Galicia.


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 11 DE FEBREIRO

No IES de Vilalonga quixemos darlle visibilidade ao Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia con diversas actividades entre as que estiveron as realizadas arredor do "Efecto Matilda" e a asistencia do alumnado de 2º de bacharelato de ciencias ao ciclo de conferencias "As ciencias escríbense en feminino" vía streaming.

Exposición das diapositivas que conforman o vídeo elaborado pola profesora do IES de Vilalonga María Esther Prol e o alumnado, como parte dunha interesante actividade enmarcada xa nos días previos á celebración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, arredor do “Efecto Matilda”.



                
     





O alumnado de 2º bacharelato de ciencias participou no evento en directo, emitido en streaming, “As ciencias escríbense en feminino”.
Unha xornada con grandes profesionais científicas que lle contaron ao noso alumnado a súa traxectoria, os proxectos que levan a cabo e as vantaxes das diferentes disciplinas STEM.




A actividade, organizada polo Concello de Santiago coa colaboración de Talentia Summit e CEXTEC, consistiu no visionado dun vídeo de 45 minutos de duración no que mulleres profesionais científicas galegas de diversas ramas STEM: matemáticas, enxeñeiras químicas, enxeñeiras de minas, informáticas, etc. que traballan en empresas galegas ou estatais, contaron por que decidiron estudar unha carreira STEM, en que consiste o seu traballo, que aplicacións ten para o desenvolvemento da sociedade e animan as rapazas que teñan interese pola ciencia a loitar por conseguir os seus obxectivos.




É de destacar que todas as mulleres que apareceron son persoas moi dinámicas e alegres, persoas cercanas e normais coas que as rapazas poden sentirse identificadas, que contan ademais as dúbidas que tiveron antes de escoller os seus estudos, os fracasos dunha primeira elección non acertada e o gratificante que resulta o traballo de realizan a día hoxe.



No vídeo aparecen tamén tres experimentos caseiros moi divertidos para que a rapazada sinta a ciencia como algo cercano.

O obxectivo de que o alumnado de 2º de bacharelato participara nesta actividade é de carácter orientador, ademais da mensaxe de que as mulleres deben romper o teito de cristal que teñen hoxe en día no ámbito da ciencia e da tecnoloxía polas poucas vocacións. O alumnado demanda orientación, a maioría ten moitas dúbidas sobre que estudar, e neste vídeo as mulleres que saen abarcan varios ámbitos da ciencia e da tecnoloxía con traballos en empresas galegas onde contan claramente a aplicación práctica dos seus estudos e nótase como disfrutan do traballo que realizan.


Algúns dos traballos que o alumnado de 3º ESO fixo coa profe Inés na materia de Bioloxía. Este  concurso de postais resultou ser non só unha actividade interesante e didáctica senón que ademais obtivo un fermoso resultado.





Ademais, na entrada do edificio 1, tiñamos unha pequena exposición que dende a Biblioteca pretendeu afondar na visibilidade do Día da Muller e da Nena na Ciencia.





Receitas de antroido. Concurso.

 


    Coas mans na masa

Concurso de vídeos e libros dixitais de cociña en galego. Aproveitade o inverno, antes das vacacións de Entroido para cociñar nas vosas casas e participar no concurso.

Bases do concurso:

Tema: a cociña, receitas en galego, ingredientes e elaboración típicas do Entroido. Evitaranse os contidos susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou discriminatorios. Todos os contidos deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.

Participantes: todo o alumnado do curso académico 2020-2021 pode participar sempre que respecte as bases deste concurso. Cada participante poderá enviar un único vídeo ou libro dixital. Só poderá obter premio nunha das dúas categorías.

Categorías de participación:

Hai dúas categorías: unha para os vídeos e outras para os libros dixitais.

Características dos vídeos e libros:

- Evitaranse os contidos susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou discriminatorios.

- Todos os contidos deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.

- Os vídeos/libros deben incluír como mínimo unha pequena presentación en galego do participante, o nome da receita, os ingredientes, a súa preparación e o resultado final.

Presentación dos traballos: enviade un correo a edlgbib.iesvilalonga@gmail.com co voso vídeo ou libro e o seu título, nome e apelidos e grupo no que estades.

Prazo de presentación: a data límite para a entrega é o día 12 de febreiro de 2021.

Premios:

Premio mellor vídeo: vale para un bocadillo diario na cafetaría do centro durante unha semana.

Premio mellor libro dixital: vale para un bocadillo diario na cafetaría do centro durante unha semana.

Publicidade: difusión a través do blog e das redes sociais do IES.

Xurado: estará formado por tres profesoras e terá en conta a creatividade e a calidade lingüística. O resultado será comunicado aos participantes. O xurado resérvase o dereito de declarar os premios nulos de non haber ningún traballo merecedor deles.