Degustación gastronómica

 




O martes os alumnos de FP.Básica de Cociña e Restauración elaboraron uns menús con pratos típicos de 4 países anglosaxóns para rematar o proxecto de aula da materia de inglés. Ese día profesorado do departamento de inglés así como o alumnado de F.P. Básica disfrutaron de: ‘Fish and Chips’ británicos,  ‘Cheese Burger with bacon’ americana,  ‘Lamingtons’ australianos e o ‘Gelat tan-Anna’ maltés. Moitos parabéns para os nosos futuros chefs, o resultado dos pratos foi excelente.

 

ACTIVIDADE ANTÓN MASCATO






O xoves 19 de abril, a 4ª hora, o escritor grovense Antón Mascato realizou unha charla no salón de actos para o alumnado de 4ºESO sobre o autor ao cal se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano 2023 Francisco Fernández del Riego.

Loitamos contra a contaminación


O alumnado de 4ºESO participou o martes 18 de abril de 2023 nunha charla sobre A Contaminación. A charla foi impartida pola Dra. Fuencisla Mariño “Pachila”, profesora de Zooloxía e Contaminación na Universidade de Vigo.

Os contidos da charla tocaron os temas da definición de contaminación, os tipos de contaminantes naturais e artificiais e as súas fontes. Ademais puideron comentar a relación da contaminación coa historia do ser humano.

Visita a Celanova


 Nesta visita os alumnos de 2º de bacharelato da materia de Historia da Música e da Danza visitaron o mosteiro de Celanova onde puideron ver a igrexa, o propio mosteiro (nel os alumnos leron poemas de Celso Emilio Ferreiro), o instituto da localidade (situado no mosteiro) e a súa biblioteca do século XVIII, a Casa dos Poetas (onde os alumnos fixeron lecturas de poemas de Curros Enríquez), a vila medieval de Vilanova dos Infantes e o castro de Castromao. Ademais disto, os alumnos asistiron a un concerto didáctico de órgano na igrexa do mosteiro de Celanova e tocaron dúas pezas cos instrumentos escolares.

PROXECTO LENDAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

 Este curso seguimos co noso proxecto Lendas de aquí e de acolá realizado polo EDLG do IES de Vilalonga con centros doutros países ou lugares para o intercambio de lendas en diferentes linguas co obxectivo de realizar un compendio plurilingüe. 

Neste curso escolar este organizouse co centro portugués Escola Secundária Carlos Amarante, de Braga, e nel as lendas galegas foron traducidas ao portugués polo alumnado do país veciño e as lendas portuguesas foron traducidas ao galego polo alumnado do centro.

Aquí tendes o resultado final. Esperamos que sexa do voso agrado!

https://www.canva.com/design/DAFer008HAo/wAbBWbbhMGIpWpYsSyf-dw/view?utm_content=DAFer008HAo&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink







Exposición Acorda.

 Como complemento ás actividades de memoria histórica que se están facendo no centro en colaboración co departamento homónimo da Deputación de Pontevedra, esta semana traemos a exposición Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Ponetevedra. 

Poderemos disfrutar dela ata o próximo 24 de abril.










Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra

 O mércores 12 de abril o alumnado de 4º da ESO puido ver o documental "Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra", no que se mostran os diferentes lugares relacionados coa represión franquista na provincia de Pontevedra. Os testemuños de familias e  asociacións aparecen aquí acompañados das voces de diferentes artistas musicais de Galicia. Todo para dar luz ao ocorrido e traer un pouco de xustiza e reparación.


Como complemento inaugurouse tamén esta semana a exposición do mesmo nome, que estará no centro ata o 24 de abril.







31 de marzo Visibilidade Trans

 

O pasado 31 de marzo conmemorouse no IES de Vilalonga o día Internacional da Visibilidade Trans. O alumnado asistiu á lectura dun manifesto reivindicativo dos dereitos das persoas trans e cuxo obxectivo foi sensibilizar sobre a discriminación que estas persoas sufren día a día.
Entre todos podemos conseguir unha sociedade máis igualitaria e respectuosa cos dereitos de todas as persoas."

Charla de memoria histórica


 O martes 11 de abril volveu visitarnos Montse Fajardo, nesta ocasión para achegarlle ao alumnado de 1º de bacharelato a realidade do que pasou na nosa historia máis recente. A través da charla "A represión contra as mulleres tras o golpe de estado do 36" puideron coñecer os feitos atroces e aínda non subsanados da vida chea de aldraxes, amezas e crimes que viviron as mulleres da provincia nesta etapa.

Un complemento magnífico á exposición "Rexas" que xa tivemos anteriormente no centro. Ambas son actividades que for,an parte do programa O pasado por vir da Deputación de Pontevedra.