ROSALÍA DE CASTRO: 150 ANOS DE "Cantares gallegos"



Con esta obra do noso compañeiro Eduardo Baamonde celebramos o aniversario de Rosalía de Castro que naceu un 24 de febreiro de 1837.

Este ano ademais temos que conmemorar os 150 anos de  "Cantares gallegos". A obra que lle deu voz de novo a nosa literatura.



ROSALÍA debuxada por Eduardo Baamonde



O noso colaborador Eduardo Baamonde agasállanos con estes debuxos de Rosalía para ir adiantando a celebración do aniversario do seu nacemento mañá. Trátase dunha visión da nosa escritora lonxe dos esteriotipos que lle impuxeron durante moito tempo. Así, preséntanos unha muller soñadora, loitadora,  que reivindicou Galicia e o dereito a ser muller escritora nunha lingua minoritaria.

ASISTIMOS A UN XUÍZO NA AUDIENCIA DE PONTEVEDRA



Un ano máis achegamos o noso alumnado ó mundo da xustiza, a través dunha visita á Audiencia Provincial de Pontevedra. Asistían a un xuízo que, finalmente, non puido realizarse pola ausencia dun dos acusados. Aínda así, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polos seus profesores de filosofía, compartiron unha xornada co alumnado de Poio. Alí foron recibidos polo presidente da Sección Segunda, Xosé X. Barreiro Prado, e puideron facer todo tipo de preguntas para resolver as súas dúbidas sobre o tema.

A nosa visita tivo eco nunha morea de xornais no día de hoxe: Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Agradecemos a inestimable colaboración do Servizo Lingüístico desta institución para realizar estas visitas e a Xosé X. Barreiro por teimar no emprego do galego no ámbito da xustiza.

As linguas minoritarias en Europa




As linguas minoritarias dependen da lexislacións de cadanseu estado, de aí que estean protexidas e sexan promocionadas por uns, mentres están a ser maltratadas por outros.

A Carta Europea de defensa das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) foi asinada por 31 estados o 5 de novembro de 1992 e establece que os adherentes, entre eles o Estado español, comprométense a cumprir os seus artigos e contribuír a manter e desenvolver a riqueza cultural de Europa e as súas tradicións, e recoñece as linguas rexionais ou minoritarias como expresión da riqueza cultural.

Librerías, libros e lecturas semanais na radio. Buenos Aires

1)  Librería Clásica y Moderna. Recomendacións

2)  Librería Clásica y Moderna. Presentación

café biblioteca: fotografía de Clasica y Moderna, Buenos Aires
Esta foto de Clasica y Moderna es cortesía de TripAdvisor
Buenos Aires

conducido pola libreira Natu Poblet da librería Clásica y Moderna
Unha ledicia!

30/1/2013
"Hoy en Leer es un placer, leeremos dos relatos de  Pétalos y otras historias incómodas de Guadalupe Nettel, editado por Anagrama."

Obradoiro "Linguas Cruzadas"

O pasado día 28 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato realizou un obradoiro de sociolingüística sobre o documental "Linguas Cruzadas" da man da profesora e autora de "Falar galego: no veo por qué", Ana Iglesias.