A escritora Luz Gabás, autora do best seller Palmeras en la nieve, gañou este sábado pola noite o premio Planeta, que se anunciou durante unha
cena multitudinaria en Barcelona, con unha novela titulada Lejos de Luisiana. Cristina Campos quedou
finalista nesta 71ª edición con Historias de mujeres casadas.
Lejos de Luisiana é un relato histórico ―tres das catro novelas que publicou
Gabás o son― transcorre no século XVIII durante o período en que este
territorio pertenceu a España. Relata a historia de amor entre un indio e unha
colona. “É unha novela coral na que o contexto histórico é moi importante”,
explicou Gabás cando subiu ao escenario a recoller o galardón. O seu relato,
sinalou, discorre “na tensión entre a paixón e a razón “que describiu como un
de os grandes temas da súa literatura. Tratase
de unha novela coral, na que os personaxes se ven baqueteados por uns acontecementos que acabarían por cambiar o
mundo.
Historias de mujeres casadas é tamén un relato de amor, neste caso contemporáneo e,
como indica o su propio título, é ante todo una historia de mulleres. Campos
explicou que o seu libro arranca con tres mulleres da súa idade que se coñecen nun entorno laboral. “Iso sírveme para tratar a
historia dos seus matrimonios, pero tamén a intimidade feminina e o desexo”, sinalou.
Unha de elas coñece a un home na rúa e o que empeza como un xogo acaba por converterse
en algo que cambia a súa vida.
Guillermo Altares. El País. 15/10/2022