"Deitado frente ao mar"



http://cadernodacritica.blogaliza.org/2012/11/27/xogando-e-aprendendo-con-celso-emilio-ferreiro/


No centenario do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) pretende rendérselle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo, que aune un importante número de centros educativos na realización do recitado dun dos seus poemas máis emblemáticos. 

Neste enlace tedes toda a información: RecitandoCelsoemiliO.

Nós estamos a traballar na nosa homenaxe co alumnado de 1º da ESO.


Son as matemáticas, estúpido!, pero non só...

Como serían os rapaces sen intelixencia emocional: arte, música, cine, filosofía...?
Certo, ten razón o profesor Garicano:  Son las matemáticas, estúpido, diario El País, 13/11/2012
pero tamén  -e pobre de quen se non sucede-  o lector Juan Pedro Montaner Giner: 
Son las matemáticas, estúpido; y algo más,  diario El País, 14/11/2012

pero non só ...

MÚSICA
1) delicioso CD da parella escocesa Alasdair Fraser / Natalie Haas: Highlander`S  Farewell, onde escoitaredes unha linda versión de A bruxa. Muiñeira de Chantada (nº 11):


2) El cielo de París: Sole Giménez, unha fresca interpretación, moi francesa e retro para pasear este outono denso:
2.1) S. G. disco completo, para que as cantes tamén en francés
3) In memoriam: Libre te quiero, de Agustín García Calvo, filósofo e poeta que ven de se ir e que nos deixa poemas de amor propiamente, libre, xeneroso
POEMA
3.1) Agustín G. C. na Porta do Sol
4) Para recordar: Con la frente marchita esta melancólica canción de Sabina interpretada por Adriana Varela, do CD ... Entre todas las mujeres
5) Pequeño vals vienés, poema de F. García Lorca interpretado por Ana Belén

CINE
1) Un cuento chino: Sebastián Borensztein. Comedia dramática. Arxentina. Estupenda película, pero ¿quen se acorda da guerra das Malvinas? Pois sucedeu onte, coma que di. O protagonista, un xove, vese envolto neste lío caprichoso de colonizadores e fascistas

Un cuento chino

LIBROS
1) El lector de Julio Verne: Almudena Grandes. Se aínda eres xove, le esta historia. Se xa medraches, lea tamén, talvez aínda non saibas todo


Portada de El lector de Julio Verne

"MADE IN GALIZA"

Guión de traballo da lectura Made in Galiza Séchu Sende

Aquí tedes outra guía de lectura de Made in Galiza, elaborada pola profesora Pilar Ponte, que tamén vos pode ser de utilidade, onde podedes atopar algunhas das curtas baseadas neste libro.

Folga

O noso estudantado foi o protagonista dunha xornada de folga o pasado 18 de outubro, nunha semana que comezou coa folga dos días 16 e 17. Debemos salientar a actitude do noso alumnado que non quedou na casa, senón que acudiu ó centro e estivo toda a mañá organizando actos de protesta. Eles mesmos avisaron os medios de comunicación e fixeron as pancartas coas que se manifestaron diante da porta do centro.
 


Aquí tedes un enlace da noticia publicada polo Faro de Vigo.

"Eu falarei"



O 17 Festival de Cine de Ourense outorgou, no IV Certame OUFF Escola,  o seu primeiro premio ó LIPDUB: "EU FALAREI" da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela). Coa música de Glorina Gaynor ("I will survive") e coa letra escrita ex profeso polo EDLG deste centro, neste traballo preténdese denunciar a situación do idioma galego na actualidade. Este premio recoñece o labor das máis de 400 persoas implicadas, que conforman  alumnado, profesorado, persoal non docente, pais, nais e veciños de Chapela.

Parabéns pola recompensa ó esforzo realizado durante todo un curso escolar que tivo como resultado a gravación no pasado mes de xuño deste estupendo lipdub.

OLLOS DE AULA



Temos aquí os dous primeiros números de Ollos de aula. Esta  é a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Está pensada como unha ferramenta de apoio ó traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, mais coa vontade de se dirixir a toda a comunidade educativa e, moi especialmente, ás familias, un piar fundamental na formación do noso alumnado e mais na extensión de usos do noso idioma.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. LETRAS GALEGAS 2013

Con "Vistalegre" do grupo Ataque Escampe -do que é compoñente o seu fillo Roi- deu comezo en Compostela a homenaxe que lle renderon a Vidal Bolaño familiares e amigos nun Salón Teatro que se quedou pequeno ante o numeroso público asistente; 
O acto tivo moito de emotivo sen esquecer o reivindicativo, como non podía ser menos ao lembrar a un home que nunca ocultou o seu compromiso.
Exerceu como mestre de cerimonias Carlos Blanco e polo escenario foron desfilando Luz Fandiño, Xosé Lois Santos Cabanas, Suso Irago e Beatriz Doldán que debullaron as súas lembranzas do autor, actor e director compostelán ao tempo que lle rendían cada un a súa particular homenaxe en forma de poesía, de carta ou de agradecemento ao apoio que prestou Vidal Bolaño aos presos independentistas galegos. 
Tamén Manuel Lourenzo, ao que lle puxo voz Roi Vidal por atoparse traballando, lle escribiu a súa carta.
As actuacións musicais, á parte da xa mencionada Ataque Escampe estiveron aseguradas por Mini e Mero, a Dolce Vita, O Leo e a Magnifique Bande.
Non faltou o teatro, por suposto. Estiveron os compoñentes de Chévere para contarlle a Vidal Bolaño o que pasou nos dez anos que transcorreron dende que el nos deixou; Laura Ponte representou un  texto do autor, do mesmo xeito que subiu ao escenario Teatro do Aquí  para ofrecernos Criaturas.
Para rematar escoitamos as palabras de Belén Quintáns, viúva de Roberto, quen nos  dicía que no ano 2013 "... Falaremos de Vidal Bolaño. En poucos meses, os centros de ensino, comezarán a falar de Vidal Bolaño. E se queren coñecer a Vidal Bolaño, terán que falar de nós mesmos. Pese as miserias destes tempos, que as letras galegas teñan a repercusión que se merece ". 
Que así sexa!