Éxito rotundo!!!

ANDREA ARA SOLLA
SOFÍA MARTÍNEZ-ALMEIDA













A coordinadora de normalización lingüística (EDLG) do noso Centro: Carme Picallo está de noraboa.
A coordinadora do Salnés convocou, como os anos anteriores, o concurso de adhesivos. Catro dos seis premios outorgados foron para alumnas do noso instituto. Temos que agradecerlle tamén o profesor de plástica Eduardo Baamonde a súa colaboración.

UXÍA SOUTULLO TELMO
AINHOA FANDIÑO SALGUEIRO













  


Traballos premiados no XXV Concurso de Adhesivos


"As cores da nosa lingua"

CATEGORÍA 1º e 2º ESO
   Laura Ortega Barreiro

Lema:

“O noso mar, a nosa xente, a nosa lingua”

IES FERMÍN BOUZA BREY (Vilagarcía de Arousa)
   Aitana Vaamonde Armas


Lema:

“Teño unha querenza, unha querenza teño pola miña lingua de cores”
IES A BASELLA (Vilanova de Arousa)

CATEGORÍA 3º, 4º ESO e FP Básica
  Andrea Ara Solla
Lema:

“Galego sen prexuízos”
IES VILALONGA
  Sofía Mª Martínez-Almeida Cuíña

Lema:

“Déixate levar polo galego”
IES VILALONGA

CATEGORÍA: BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS

1ºUxía Soutullo Telmo

Lema:

“A maxia do galego”
IES VILALONGA
2º Ainhoa Fandiño Salgueiro
Lema:

“Abre as portas ao galego”
IES VILALONGA


PARABÉNS A TODAS!!!! 

Viaxe cultural a París

A semana do 20 ao 25 de xaneiro fixemos unha saída didáctica a París. O alumnado que participou foi o de 2º de bacharelato C (20 alumnos/as) da materia de Historia da Arte. Saímos do aeroporto de Santiago de Compostela o domingo, día 20, pola tarde, os días seguintes visitamos: o museo do Louvre,  o museo  D´Orsay, o museo Rodin e o museo G. Pompidou e tamén a Torre Eiffel, o Pazo de Versalles, o Sacre-coeur, Montmartre, etc.

Foi unha viaxe entretida e aproveitada para a materia de Historia da Arte.
O alumnado fixo unha valoración positiva da mesma aínda que se queixa de que foron moitos museos e pouco tempo libre.


AS NOSAS LECTURAS CON LEDICIA COSTAS


A escritora Ledicia Costas estivo o 31 de xaneiro no noso centro para falar co alumnado de 2ºESO da súa última novela, A balada dos unicornios.
A visita sóubolles a pouco ás rapazas e rapaces que ademais lle fixeron á escritora preguntas moi interesantes e xa están agardando para ler unha segunda parte o libro.


Ledicia falou tamén co alumnado dos Clubs de lectura de 1ºBACH sobre o seu libro Un animal chamado néboa, unha lectura que está gustando moito e co que conseguiu espertar a atención da rapazada sobre escenarios diversos e crús da II Guerra Mundial.



A escritora asinou ao final os libros que lle trouxo o alumnado.

Moi boa experiencia lectora!


Homenaxe a Castelao


 














XANEIRO, MES DE CASTELAO

A Biblioteca e o EDLG, coa axuda do alumnado de 3º de ESO, quixeron achegar a figura de Castelao a toda a comunidade educativa.
Unha serie de debuxos que os alumnos de 3º ESO B colocaron nun taboleiro do corredor lembran a vertente artística dopolifacético rianxeiro, nado o 29 de xaneiro de 1886 e finado o 7 de xaneiro de 1950.
Por outra banda, os de 3º A foron os encargados de darlles visibilidade ás obras do autor coas que conta a Biblioteca, dispoñendo os libros no moble en que habitualmente se expoñen as novidades.
Para rematar, unha alumna de 3º C foi quen realizou o rótulo co nome da actividade: Xaneiro, mes de Castelao.












Grazas a todos e a todas  polo voso traballo!!

Guías de outono


A volta das vacacións de Nadal expuxemos no cubo da entrada as Guías de lectura e cine do 1º trimestre. O obxectivo é que vos dean ideas sobre as novas adquisición da biblioteca .
Mercamos moitas máis, só é unha mostra, pasádevos pola biblioteca e preguntádenos ou curioseade nos andeis.

"Quen di que ler é aburrido non encontrou o libro axeitado."

CONFERENCIA DA GARDA CIVIL



Os días 15,16 e 17 de xaneiro recibimos a visita de dous membros da Garda Civil de Sanxenxo. O tema da súa conferencia foi a violencia de xénero e o acoso escolar. Informaron sobre a lexislación  existente  e os pasos a seguir para tratar de solucionar ditos problemas, por desgracia, bastante frecuentes na actualidade.


A valoración do alumnado sobre a mesma foi positiva.

Santiago Lopo presenta A arte de trobrar



O pasado xoves, 17 de xaneiro, o salón de actos do noso centro acolleu unha charla de Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar. A actividade, organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e polo EDLG, estaba dirixida ó alumnado do primeiro curso de  bacharelato, que leu na primeira avaliación a novela gañadora do premio Xerais 2017. O escritor,  antes de asinar exemplares, deu resposta ás numerosas e interesantes cuestións dos estudantes.






Bicentenario do Museo do Prado.

 Dende que o Museo Real do Pado abriu o 19 de novembro de 1819 con fondos procedentes das coleccións reais, esta institución converteuse nunha das principais depositarias da memoria pictórica occidental, en punto de referencia fundamental da cultura española e nun obxecto de orgullo colectivo. Celébrase este ano o bicentenario da mesma considerada unha das mellores pinacotecas do mundo. Un bo momento para visitala, pois van a facer numerosa exposicións para conmemorar o aniversario. 

Exposición: Tectónica de placas.













 O mércores día 9 de xaneiro de 2019 o profesor de Xeoloxía e Bioloxía Jorge José Pérez Maceira colocou, 
na biblioteca,
unha exposición sobre tectónica de placas. Fixérona o alumnado dos grupos de 4º da ESO A e B  que teñen a materia de Bioloxía como optativa. 
Os obxectivos eran:
1.- Que o alumnado realizara pregues e fallas en distintos materiais para levar a práctica a lección teórica do profesor.
2.- Que reflexionara e interpretara sobre a evolución do relevo terrestre.
3.- Que fixaran os conceptos básicos do tema.
4.- Que levaran a práctica os seus coñecementos.













Felicidades o resultado foi moi bo.