|
Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui. |
O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º
de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do
grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de
Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de
Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
|
Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste |
O primeiro día paramos en
Zamora a comer. Xa en
Salamanca visitamos a
librería Hydria e á noite realizamos un recital da man do poeta
Raúl Vacas e o cantautor,
Fernando Maés.
|
Exemplo de Urban Knitting. |
Os seguintes días visitamos a
biblioteca municipal G. Torrente
Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla
ornitolóxica con José Luis Moreno "
Pájaros en la cabeza".
Fixemos un
roteiro guiado por Salamanca e visitamos o
Museo de Arte Contemporáneo.
Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a
visita ó
Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte
urbana pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de
urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal,
Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)
De volta á casa paramos en
Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta
León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como
o Beato mozárabe de Tábara.