A entrega dos premios das Portas de Nadal no curso 2023-24.
Guías de inverno
Aquí vos deixamos as guías de lectura do inverno, todos estes materiais e moitos máis atoparédelos na biblioteca.
Felicidades
O equipo da biblioteca desexa boas festas a toda toda a comunidade escolar do IES de Vilalonga e que o 2024 veña cargado de boas novas para todos/as.
Bo Nadal !
Árbore matemática
Felices Festas💓💓
Departamento de Matemáticas
ACTIVIDADE TEI
A primeira das actividades programadas para o TEI tivo lugar esta semana. O alumnado de 1º e 3º de ESO tivo a oportunidade de coñecerse, conversar e tomar conciencia de que son parte dunha mesma comunidade. Foi unha experiencia enriquecedora que fomentou a empatía e solidariedade entre os estudantes. Parabéns!
Biblioteca do IES de Vilalonga
Durante os recreos a biblioteca do noso centro está chea de vida, o alumnado: estudia, consulta nos ordenadores, imprimen apuntes e traballos, fan deberes, encóntrase, piden libros en préstamo e devolven os que levaron, reúnense os clubs de lectura, fan traballos de grupo...
Anímate e visita a túa biblioteca!!
ACTIVIDADE 25N
Co motivo da conmemoración do 25N varias alumnas do IES de Vilalonga leron un manifesto, no que se puxo en valor o compromiso e solidariedade da comunidade educativa na loita pola igualdade e o respecto a todas as mulleres.
MAGOSTO 23
O pasado martes 21 celebrase o magosto no IES de Vilalonga. Asamos castañas e chorizos, degustamos deliciosos biscoitos e xogamos a xogos populares como a carreira de sacos ou o brille. Foi unha experiencia chea de ledicia e tradición!
PROGRAMA "AGRESIÓN OFF"
Este mércores o CIM en colaboración co Concello de Sanxenxo instalou no centro un stand dentro do programa "Agresión off". Varios grupos de estudantes puideron visitalo, xogar a diversas actividades e recibir formación sobre prevención da violencia contra a muller. Foi unha iniciativa que contribuíu a concienciar e educar no respecto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)