ÁNGEL CARRACEDO



El Faro de Vigo.
Onte, día 6 de marzo, estivo connosco ÁNGEL CARRACEDO. O prestixioso científico e investigador, experto mundial na análise do ADN, foi convidado polo departamento da Biblioteca a charlar co noso alumnado no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán. Tamén, se invitou ó IES de Sanxenxo para que compartise esta interesante charla sobre a medicina xenómica.
Hoxe a meirande parte da prensa escrita se fai eco desta nova:
O Faro de Vigo,  o Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia.

"¿Qué te hago? ¿Y yo qué hago?"

¿Que hago?¿Que te hago? from integra2mundo on
Vimeo

Este ilustrativo vídeo, realizado no marco do proxecto  Migrante TV, serve para preguntármonos por que razón en  pleno século XXI seguimos precisando de que o día 8 de marzo sexa o DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES.

Na pequena peripecia vital das mulleres, que aparecen no vídeo, queda moi ben reflectido como no noso mundo occidental continúan existindo unha chea de actitudes micro machistas encubertas.

TEATRO: "EL BURLADOR DE SEVILLA"


O departamento de lingua e literatura castelá organizou unha saída o pasado día 28 de febreiro co alumnado de 1º de bacharelato para asistir á representación teatral de "El burlador de Sevilla" no auditorio de Vilagarcía.

Os actores da compañía que representaba a obra charlaron co alumnado tras a representación da obra.

ROSALÍA DE CASTRO: 150 ANOS DE "Cantares gallegos"



Con esta obra do noso compañeiro Eduardo Baamonde celebramos o aniversario de Rosalía de Castro que naceu un 24 de febreiro de 1837.

Este ano ademais temos que conmemorar os 150 anos de  "Cantares gallegos". A obra que lle deu voz de novo a nosa literatura.



ROSALÍA debuxada por Eduardo Baamonde



O noso colaborador Eduardo Baamonde agasállanos con estes debuxos de Rosalía para ir adiantando a celebración do aniversario do seu nacemento mañá. Trátase dunha visión da nosa escritora lonxe dos esteriotipos que lle impuxeron durante moito tempo. Así, preséntanos unha muller soñadora, loitadora,  que reivindicou Galicia e o dereito a ser muller escritora nunha lingua minoritaria.

ASISTIMOS A UN XUÍZO NA AUDIENCIA DE PONTEVEDRA



Un ano máis achegamos o noso alumnado ó mundo da xustiza, a través dunha visita á Audiencia Provincial de Pontevedra. Asistían a un xuízo que, finalmente, non puido realizarse pola ausencia dun dos acusados. Aínda así, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polos seus profesores de filosofía, compartiron unha xornada co alumnado de Poio. Alí foron recibidos polo presidente da Sección Segunda, Xosé X. Barreiro Prado, e puideron facer todo tipo de preguntas para resolver as súas dúbidas sobre o tema.

A nosa visita tivo eco nunha morea de xornais no día de hoxe: Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Agradecemos a inestimable colaboración do Servizo Lingüístico desta institución para realizar estas visitas e a Xosé X. Barreiro por teimar no emprego do galego no ámbito da xustiza.

As linguas minoritarias en Europa




As linguas minoritarias dependen da lexislacións de cadanseu estado, de aí que estean protexidas e sexan promocionadas por uns, mentres están a ser maltratadas por outros.

A Carta Europea de defensa das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) foi asinada por 31 estados o 5 de novembro de 1992 e establece que os adherentes, entre eles o Estado español, comprométense a cumprir os seus artigos e contribuír a manter e desenvolver a riqueza cultural de Europa e as súas tradicións, e recoñece as linguas rexionais ou minoritarias como expresión da riqueza cultural.

Librerías, libros e lecturas semanais na radio. Buenos Aires

1)  Librería Clásica y Moderna. Recomendacións

2)  Librería Clásica y Moderna. Presentación

café biblioteca: fotografía de Clasica y Moderna, Buenos Aires
Esta foto de Clasica y Moderna es cortesía de TripAdvisor
Buenos Aires

conducido pola libreira Natu Poblet da librería Clásica y Moderna. 
Unha ledicia!

30/1/2013
"Hoy en Leer es un placer, leeremos dos relatos de  Pétalos y otras historias incómodas de Guadalupe Nettel, editado por Anagrama."