OS ÁNGULOS DA BRASA, de Manuel Álvarez Torneiro

  Premio nacional de poesía 2013


                      
POSTAL DE OUTONO
O outono preguiceiro e o seu navío en chamas.

Hoxe non é un día do presente
non é outubro nin xoves:
isto é o fondo do tempo
nun letargo de lámpadas e bancadas.

E pide esmola o mundo
que soubo dun Van Gogh dilapidando ocres
baixo un vento de frautas
e ceos invertidos:
unha luz-miraxe de si mesma.

Alleo á aldea sobrenatural,
ao relato arrombado dunha historia
de segas inflamadas
e astros sen retorno,
un camiñante chega preguntando
polo século XV.

En Kalandraka podedes ler este libro ben premiado e ricamente creado
Rb.

Jordi Bayarri na nosa biblioteca








JORDI BAYARRI e os seus cómics de divulgación sobre grandes figuras da ciencia xa están na nosa biblioteca, grazas á colaboración de profesora Nuria que se encargou de facérnolos chegar.



Núm. 9 de "Ollos de aula"


A CGENDL segue o seu inestimable traballo coa realización e publicación desta revista pensada para as familias do noso alumnado, achegando interesantes artigos dirixidos, fundamentalmente, ós pais e nais, pero que tamén pensan nos gustos e intereses dos rapaces.

 "Ollos de aula" cumpre un ano de existencia con este número 9 e iso xa é de por si unha boa noticia que debemos celebrar. Parabéns!

Anuncio polémico no aniversario dos 300 anos da RAE



A RAE está a celebrar o aniversario dos seus 300 anos de existencia. A mágoa é que se escollese este anuncio para conmemorar esta celebración. De feito varias asociacións de mulleres, entre elas a Federación de Mulleres Progresistas, xa lle pediron á RAE a súa retirada por continuar a reproducir estereotipos sexistas sobre a muller.  Estas mesmas asociacións lembran  a pouca igualdade que se promove desde esta institución, o moi inferior número de mulleres académicas fronte ós homes, xa non só ó longo da historia, senón tamén a día de hoxe.

"MOCIDADE" de J. M. Coetzee

De J.M. COETZEE, o Premio Nobel que escribiu "Deshonra", na que se basea a película deste tráiler:


 

Ides ter tamén a posibilidade de ler: "MOCIDADE." Publicada  en galego pola editorial Rinoceronte. Unha novela que forma parte dunha triloxía autobiográfica, que é unha das novidades que atoparedes este outono na nosa biblioteca e da cal podedes escoitar a crítica neste enderezo do Diario Cultural da RTVG:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-09-2013-668038


"Vida de nai"


"Vida de nai" é unha das novidades que poderedes atopar na nosa biblio neste comezo de curso. 

Nesta banda deseñada achégansenos as tribulacións diarias da nai de hoxe en día, moitas das veces sobrepasada no seu quefacer diario para poder atender os seus fillos e o seu traballo.

É unha obra que pode interesar ós pais e nais do noso alumnado e que será do gusto dos rapaces e o profesorado, que tamén están reflectidos neste cómic.

DOCUMENTAL: "PROFES"



Documental para ver con calma e que o profesorado reflexione un pouco sobre o seu labor docente. É significativa unha das frases que pronuncia un dos profesores: 

"Se un neno non se emociona con algunha aprendizaxe, esa aprendizaxe non vai ser significativa"

"O espectacular tempo do mundo vexetal"


Antes de comezar o curso paga a pena pararse un pouco a gozar coa visión deste vídeo documental, que nos serve metaforicamente para pensar na evolución que sufrirán este ano os nosos alumnos.

"EL MARISCAL. MITO, LEYENDA Y REALIDAD"


Documental  sobre a figura do MARISCAL PARDO DE CELA, que estivemos a buscar desde que o noso compañeiro, André Fernández, o viu e que nos serve para comentar que este colega nos deixa para xubilarse. Esperamos que a sorte o acompañe nesta nova etapa.

Podes velo integramente picando no enlace.