Bo Nadal
"Falar"
NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.
RESISTINDO
http://www.diarioinformacion.com/opinion/2011/11/06/confiar-imposible/1187264.html
Soledad Gallego-Díaz:
http://www.elpais.com/articulo/opinion/quien/le/importa/nombre/elpepusocdgm/20111211elpdmgpan_5/Tes
http://www.diariovasco.com/multimedia/fotos/ultimos/88576-homenaje-semprun-biriatou-0.html Homenaxe a Jorge Semprún
http://www.elboomeran.com/blog/11/vicente-verdu/20/ Vicente Verdú: Antonio López y la muerte...
http://www.blogelp.com/index.php/discurso-de-steve-jobs-tienen ELP (Escola Lacaniana de Psicoanálise): discurso de Steve Jobs (creador de "Apple")
http://loqueevaluacionsilencia.blogspot.com/ ELP (Escola Lacaniana de Psicoanálise)
http://www.blogelp.com/index.php/psicoanalisis-e-izquierda-el-capitalismo ELP
(Escola Lacaniana de Psicoanálise)
Manuel Cruz, filósofo español. La filosofía en la sociedad actual: "Me conformaría con que fuera capaz de jugar algún papel, esto es, que sirviera para introducir algún tipo de racionalidad y sensatez en una situación que está derivando crecientemente hacia el absurdo, sin más criterio de sentido por parte de quienes tienen poder que el cálculo electoral a corto plazo". http://www.youtube.com/watch?v=HZZoq5e6RqM Las personas del verbo, Manuel Cruz (Pensamiento y reflexión)
Jurgen Habermas, filósofo alemán
Agustín Fernández Paz, Premio Iberoamericano SM.
O noso escritor Agustín Fernández Paz acaba de recibir o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Na recepción deste galardón pronunciou este interesante dicurso, que leva por título:
Neste discurso, no que cita ó noso inefable Cunqueiro: “O home precisa en primeiro lugar, como quen bebe auga, beber soños", fai un chamamento a unha revolución da lectura para acadar unha sociedade máis crítica, máis democrática, máis xusta e, en definitiva, máis feliz.
Manuel N. Singala "En galego, por que non?"
O alumnado de 2º de Bacharelato recibiu unha charla de Manuel Núñez Singala sobre as "Simplificacións e prexuízos da lingua galega" o pasado día 22 de novembro.
Un ano máis, o autor de En galego, por que non?, captou a nosa atención co seu relatorio abondoso en exemplificacións útiles para combater os prexuízos lingüísticos e as ideas simplificadas, que afectan ó noso idioma e ós seus falantes.
SHOWBUS. A Nova Normativa
Non vos perdades este show sobre a "Nova Normativa", que leva por subtítulo "Suceso inaudito nunha parada do Vitrasa". Ademais de reflexionar sobre castelanismos, hipergaleguismos e demais, podemos aproveitar para rir coa interpretación estelar da escritora Iolanda Zúñiga.
A LINGUA SABE A PAN
Hai pequenas obras mestras.
Non hai moito, chegou do forno de CEA este do do CPI Virxe da Saleta.
O TEMA: unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, que nós coñecemos na versión de Siniestro Total: “Miña Terra Galega”.
A LETRA: Unha idea de Álvaro Cunqueiro.
OS PROTAGONISTAS: os alumnos do CPI.
OS MÚSICOS: Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, mesturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Velaquí o tedes e non resistimos a tentación de poñervos o enlace do xa case histórico “Galegando” ( 2010) que tamén é un dos nosos favoritos …
Que os gocedes!!!
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo
IES PINTOR COLMEIRO "galegando" (pincha aquí)
RESISTIRÉ
Linda CANCIÓN para seguir
ELECCIÓNS 2011
“Por todas partes vemos una rebelión de los públicos y las audiencias, una toma de palabra masiva, una apertura de lo posible, la propuesta de otros temas de discusión y otros modos de hacer. Un nuevo poder social. Se queman distancias que fundaban jerarquías y muchos pueden lo que antes era el monopolio de unos pocos.”
"Toca bailar coa negra sombra"
O peor incendio que está a padecer Galicia / Galiza é o que se leva por diante a esperanza, afirmaba xa hai uns sábados Manuel Rivas nun artigo do xornal "El País". Máis abaixo, o autor facía unha diagnose perfecta do país na que nos incluía a nós, aos equipos:
Esa é a situación, a que vivimos e percibimos a xente do ensino e a de fóra del, resumiuna perfectamente. Somos conscientes de que prenderon as lapas na esperanza, mais cómpre apagarllas. Actuar.
Volvo reproducir as palabras do escritor:
O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra.
Penso que Rivas recolle perfectamente o noso espírito, o da CGENDL. Non podemos encamar tanto traballo normalizador feito ata o de agora esperando que esmoreza ás escuras. Toca bailar coa negra sombra, coller azos e rexurdir. Cómpre que nos esforcemos por manter a esperanza posta no futuro. E o futuro do galego, máis concretamente o do galego no ensino, depende moito da nosa capacidade de resistencia.
Ten que ser posible saír deste foxo no que nos queren enterrar. Foino moitas veces. Outros antes ca nós conxugaron o verbo RESISTIR e por iso estamos hoxe aquí.
Resistimos ataques directos con acusacións falsas, aguantamos a indiferenza que nos pretende anular, soportamos o cansazo que produce todo o anterior e mais os anos dedicados a traballar de balde por unha causa na que se foi avanzando paseniño durante 20 anos e de golpe se retrocedeu moito.
RESISTIR significa evitar que recuemos máis. Para iso cómpre saír da queixa e do lamento e de quedarnos só en sinalar culpables. Resistir é denunciar pero ademais é actuar.
RESISTIR quere dicir que temos que descansar cando cansemos, pero non podemos abandonar o proxecto, a idea, o obxectivo.
RESISTIR pasa tamén por autoavaliarnos. Analizarmos o traballo feito e aprender dos erros, elaborar críticas construtivas sobre todo o labor normalizador dos últimos anos, e enfocar ben o futuro.
Con todo, non buscamos sermos mártires da causa, só esperamos MANTER O ALENTO e ir poñendo o noso gran de area, máis grande ou máis pequeno, co fin de pretender librar a lingua galega dos prexuízos de sempre, da marxinalidade, da escuridade…
Porque RESISTIR ten que ser AVANZAR, apoiármonos uns nos outros, axudármonos, compartirmos e andar. Por iso é moi importante seguirmos tecendo a rede da Coordinadora.
Moitos comezaron a batalla da normalización no ensino hai moito tempo e resistiron ata agora. Outros fómonos sumando máis tarde. E cómpre seguir. Os equipos levamos sementando desde hai 20 anos e moita semente foi prendendo. Se non prendese, non pretenderían queimala. Todo o que se semente de novo desde os equipos e desde a Coordinadora Galega de ENDL será futuro para o galego, será esperanza.
Porque está en xogo o esforzo enorme e a esperanza de toda a xente que loitou pola normalización da lingua no ensino hai 20 e mesmo 30 anos. A xeración de Agustín Fernández Paz, a quen homenaxeamos no acto de xuño pasado, non puido traballar en balde. Está o esforzo, a esperanza e a ilusión de quen botou a andar as coordinadoras comarcais ou dos que o tentaron, con maior ou menor éxito. O esforzo enorme de Xabier no Salnés, de Xepe en Santiago, de Beatriz no Carballiño, de Ánxeles na Mariña, de Paco na Terra de Melide, de Luísa na Coruña, de Xan e Ana nas Terras de Umia, de Ana en Bergantiños, de Manuel en Verín, de Nito en Pontevedra, de Albina no Baixo Miño, de Mabel en Vigo, de Xoán Carlos en Celanova, de Teresa da Terra de Soneira, de Sabela en Quiroga, de Pilar e de todos os que foron mantendo a Coordinadora Leixaprén e de moitos máis…
Con máis ou menos éxito, o esforzo fíxose e a batalla deuse. Reunións fóra de horario nas comarcas, organización de actividades nos centros e nas comarcas, reunións do consello zonal en sábado pola mañá en Compostela… Temos esperanza no futuro do galego e este depende de nós.
RESISTIR significa ILUSIONARNOS, porque tanta resistencia non é posible sen ilusión.
Mirar para atrás para o inxente labor xa feito nestes 20 anos dos equipos e nos dous da coordinadora e ILUSIONARNOS.
ILUSIONARNOS co reto que temos no noso alumnado: o do rural que debe manter a súa lingua e o do urbano que debe achegarse ao galego e adquirir competencias.
ILUSIONARNOS co reto que temos no profesorado e nas familias ao que temos que gañar para unha causa xusta como é a da defensa da nosa lingua.
ILUSIONARNOS con que o galego non sexa unha anécdota na rúa Príncipe de Vigo ou nos Cantóns da Coruña. Ilusionarnos con que o galego siga tendo a mesma presenza en Cospeito, Forcarei ou Trives, mais coa cabeza ben erguida.
ILUSIONARNOS e NON DESALENTAR. Se realmente queremos que a situación do galego no ensino e na sociedade mude, facemos falta todas e todos arredor deste proxecto, fai falta o traballo de todo o mundo. Temos que organizar moitas cousas que algunha, seguro, que nos ha de saír ben.
ILUSIONARNOS mesmo co baile que lle temos que botar á negra sombra.
Á negra sombra que pretende silenciar o noso traballo e que non quere que se saiba que onte organizamos unha videoconferencia reivindicando que o galego tamén vale para a ciencia e nela participaron 6000 alumnos e alumnas de secundaria e 4000 de primaria.
Á negra sombra da administración que pretende afogarnos atacando todo aquilo que nós defendemos.
Á negra sombra do desánimo de compañeiros e compañeiras.
Á negra sombra do cansazo dos membros e coordinadores/as de equipos
Á negra sombra do alumnado e das familias que creron o discurso negacionista imperante.
Porque somos a coordinadora da resistencia, da ilusión, do orgullo do noso e do orgullo do galego. Por iso, desde a pluralidade, imos sumar vontades e esforzos para normalizar, dinamizando, o galego no ensino e na sociedade. En positivo, construíndo futuro para a nosa lingua e transformando a indignación colectiva en creatividade, en ilusión e en esperanza.
IES As Fontiñas
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2011.
ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA
Este ano, o instituto e a biblioteca, poñémonos "científicos".
Deixámosvos aquí un vídeo e uns enlaces a varias táboas periódicas que vos poden ser de proveito.
(pincha aquí para ver o vídeo)
> tres14 - Química
Enlace táboa periódica
Lien Tableau Périodique interactif "Cité des Sciences"
Link The Photographic Periodic Table of the Elements
II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
CINENOUTONO
Isto non é cine, é só unha imaxe:
“Les orangers du roi”. Versailles.
Todas as películas que aparecen nesta guía CINENOUTONO están na nosa Biblioteca. Pídeas. Pero tamén podes ver outras nas salas do teu entorno: Nader e Simin, unha separación, do director iraniano Asghar Farhadi, director doutra excelente película reciente: A propósito de Elly. Tamén: ¿Y ahora adónde vamos? Título orixinal: Et maintenant, on va où?, da directora libanesa Nadine Labaki.
Cunqueiro no seu centenario.
Cartaz dixital de Álvaro Cunqueiro realizado polo CPI O Progreso de Catoira.
Na nosa biblioteca tamén podes atopar o folleto da exposición "No niño novo do vento", que está a percorrer unha parte de Galicia con motivo do seu centenario e na que se resume a súa traxectoria e obra. Así como unha escolma de dezaseis poemas realizada para esta exposición.
BIBLIOTECA IES DE VILALONGA
Como podedes ver, acabamos de cambiar o aspecto do noso blog, esperamos que sexa do voso agrado.
A Biblioteca tamén vai mudando o seu aspecto de ano en ano, intentando adaptarse aos tempos e procurando dar cobixo a tod@s.
A presentación que vos ofrecemos resume un pouco o que somos e ata onde fomos...Este curso 2011-2012 esperamos continuar colaborando cos diferentes departamentos do IES de Vilalonga e ser un lugar de encontro e divulgación do saber.
A nosa biblioteca xa está en marcha.
A nosa biblioteca dá a benvida a todos os recén chegados á nosa comunidade escolar e invítaos a visitala e participar nas súas actividades.
Estamos xa iniciando as actividades do noso Club de lectura A PRAIA DAS PALABRAS. Este ano con importantes novidades: novos grupos (dous grupos de ESO e un grupo de ADULTOS), novos xéneros (álbum ilustrado, cómic, teatro, poesía) e novos idiomas (francés e portugués).
Achégate e apúntate.
Desaparece A NOSA TERRA dixital
"ARRUGAS", A PELÍCULA
Adaptación cinematográfica do premiado cómic "Arrugas" de Paco Roca, unha lúcida visión sobre a terceira idade.
"Teatriños: Homenaxe ó mineral do repolo"
Little Theatres / Teatriños: Trailer from Stephanie Dudley on Vimeo.
Curtametraxe coa técnica do stop-motion inspirada no poema da canadense Erín Moure de ascendencia galega.
'Homenaxe ao mineral do repolo’
No repolo hai algo de voo aterrado
Algo de ceo
Atrás as ás do repolo, que están dobradas
e sobredobradas para aterralo,
repousan aínda máis ás, pensando no ceo.
Hai algo inconsciente do repolo.
Niso, o repolo tamén ten auga, auga de tormenta,
augas do ceo.
O repolo repleto de líquido.
A súa tapa tormentada que non te desmente.
¡Coidado da cabeza se miras o repolo!
Pensamentos das follas pálidas
cortadas na auga fervida.
Hai algo de votivo
de cansanzo inmenso de mirada nunca acabada no espazo
dunha vida pero dobrada e redobrada e sobredobrada
para tapar esas augas tormentadas
augas caladas
augas augaradas
do repolo compartidas con nós, cos seres.
Retrato escrito de Ana Frank
Orixinal campaña de promoción da literatura holandesa a través dun libro que por fóra é unha escultura de papel dunha faciana e por dentro unha autobiografía dun autor. A campaña e a dirección de arte é de Van Wanten Etcetera e a obra é de Souverein.
Nesta foto trátase do retrato de Anna Frank. Atoparás máis imaxes en Retratos escritos.
Campaña de promoción da lectura nun metro.
Campaña de promoción da lectura realizada nun metro de México por Librerías Gandhi a través da obra El puente de Franz Kafka.
ACRÓSTICOS E OUTROS VERSOS
Soy aquella de cabellos claros
Ojos marrones tirando a claros y
Fuertes, pero suaves manos.
Inesperada en ocasiones
Aunque práctica en las peores situaciones.
Feliz como un pájaro, que entre las nubes vuela
Rozando con sus suaves alas la
Noche en vela.
Antes era insegura, pequeña,
Nostálgica incluso con el paso de un
Día lleno de tiernas
Emociones pasajeras.
Zanjar asuntos era sencillo, y
Flotar en el cielo
Una cuestión de pedirlo.
Entonces no sabía, que en la vida,
No todo era paz y armonía.
Tenía que abrir los ojos y
entender de una vez, que
soy y siempre seré aquella de cabellos largos.
Pienso mucho,
A veces demasiado.
Temo olvidarlo todo,
Revivir el dolor.
Intranquila me siento.
Cuentista soy.
Incluso la felicidad me
Asusta.
Pequeña me siento
En este mundo.
Rendirme no puedo,
Estoy atrapada.
Zafarme no espero.
Dueña de mí misma,
Olvido la realidad.
Me siento inútil.
Incapacitada no estoy.
Niego mi existencia
guiada por un sueño
usurpo la verdad.
Estoy encarcelada.
Zarandeo continuo.
Mientras estudio aprendo
O ese es el objetivo
Nunca pienso ya que razonando
Increíbles cosas adivino
Cosas que ni estudiando
Aciertas, es algo instintivo.
Ámbitos tranquilos sigo frecuentando
Los veranos me siguen gustando
Ante todo busco
Realajarme así sea trabajando
Espero trabajar y de mayor
Zanganear pero no abusando.
Caminndo por la estepa
Estaba yo andando
Sobre la blanda tierra
Abrasada por las llamas
Rocas por temblores deshechas
Hechas añicos reducidas a polvo
Soplando fuerte el viento lleva
Tan alto que en el cielo
Entre nubes blancas espera
Volando hacia el monte
En donde siempre suenan
Zumbidos de pequeñas abejas
Palabras que significan algo
A min quérenme describir
Tamén debo dicir,
Resultará bastante complicado.
Ira sinto cando me enfado,
Curiosidade por aprender,
Inqueda se non sei que facer,
Alegría en canto me levanto.
Felicidade gústame sentir
Ó estar coa miña xente
Ninguén consigue que me contente
Tanto como cando me fan rir.
Aquí remata esta descrición,
Non sei canto ten de ficción
De cabelo longo e loiro,
Interesante á hora de darse a coñecer,
Elegante nas súas maneiras,
Grazoso ao estar cos amigos e
Obediente coas persoas maiores.
Fanático dos deportes,
Especialmente do fútbol.
Riguroso nas accións arbitrais, pero
Nobre cos compañeiros e cos rivais.
Atractivo para as raparigas, inda que
Non para todas.¡Claro está!
Despaciño vou,
Escribindo este acróstico e
Zigzagueando as letras máis complicadas.
Fago cousas
E logo arrepíntome, pero sei
Recoñecer cando erro.
Non son nada tímido,
Aínda que un pouco reservado coas persoas que
Non coñezo. Polo
Demais, son un bo rapaz que
Está andando e
Zarandeándose pola corda de 1º de Bacharelato.
Verónica chámome,
Estudiosa son,
Rideira sempre estou,
Optimista intento ser
Nervosa póñome.
Inxenua parezo.
Calada? Nunca falo.
Atenta coa xente.
Seria nunca estou,
Un pouco aloucada.
Enérxica sempre fun,
Intelixente son.
Rústica sempre serei.
Ondulado teño o cabelo
Negro non, non o teño.
Uns ollos azuis ceo
Ñ!
Entusiasmada pola vida
Zurda non son, diestra si.
Sabedes xa quen son eu
Adoro el verano e ir a la playa
Me encanta la brisa del mar cuando
Azota mi cara
Nado entre las olas
Del mar
A pesar del incierto horizonte.
Casi puedo saborear el
Amargo caer de las hojas que
Sigilosas son empujadas por el viento y suponen el
Adiós a mi sueño forjado durante el
Largo y ya pasado verano.
Aunque busco esa salida
No encuentro el camino que me lleve
A algún lugar lejos de todo, del
Bachillerato largo y duro, del
Estrés de todo un curso y de las
Lágrimas derramadas por la impotencia.
Alguien me dice que puedo, pero
Luego se ve interrumpido el soñado
Viaje hacia un futuro brillante.
Alguien me dice que puedo, pero se
Repite el pensamiento negativo, la
Esperanza yace en ningún sitio, en una
Zona de mi interior que no conozco.
Nuria é o meu nome
Universitaria, o meu futuro
Rencorosa, un defecto
Intelixente, unha virtude
Así son eu, Nuria.
Riseiro é omeu carácter
Escuros, os meus ollos
Daniel, o meu primo
Rodríguez, o noso apelido
Ir ao cine, a miña afección
Gústame ir de compras
Uterque,a miña tenda
España, a mellor selección de fútbol
Zapatos (os)? Son a miña debilidade.
Perguiceira no sofá
Inconstante ás veces
Ñu chámanme
Estudosa cando mo propoño
Interesante a miña personalidade
Rosa a miña cor preferida
O verán a estación que máis me gusta.
Son unha rapaza
Alegre e con graza
Río todo o día.
Ás veces intelixente
Ideal dime a xente.
Doce e serea
Orgullosa de min mesma
Penso coma unha nena,
Atenta, feliz e fría
Zurda e con apatía.
Odio e poesía
Amable son,
Louca estou,
Bailando todo o día
A miña forma de vida.
Facendo esta poesía,
Dígovos a miña filosofía:
“Estar feliz e sorrindo
Zapateada en calquera sitio
Longos cabelos negros, con
Ondas suaves nas súas puntas
Revoltos sempre polo vento,
Enredados sobre os ombreiros.
Na miña cara hai algunhas pencas,
Adornando as miñas fazulas,
Debaixo dos meus ollos verdes.
O meu carácter é difícil,
Ás veces imposible
Mais se quero podo ser
A rapaza máis boa do mundo.
Resumindo, eu son unha
Adolescente de dezaseis anos
Leda de ser como son.
Son unha rapaza morena, e
Ao carón do mar non vivo.
Moitas amigas teño.
Aínda que algunhas son mellores ca outras.
Nunca as olvidarei.
Tímida eu son, aínda que
Hai veces que non o parece.
Agora a fecer un acróstico estou.
Debuxar é a miña afección.
Italia gustaríame visitar.
Ao fútbol gústame xogar.
Zafo de que non me queiran fichar.
Dando pinchos eu estou,
Un día si e outro non.
Rindo a gargalladas estou
Aínda que
Non sempre contenta vou.
Lonxe do mar non vivo
Uvas preto de min hai
Celebro cada mañá que sae o sol.
Istoprovócame un sorriso.
Alí onde vou sempre estou rindo.
Onte un partido fun xogar
Todo mundo me veu a animar
Esperaba un gol marcar
Rindo a gargalladas o había de celebrar
Onte pasei un día xenial.
Teño os ollos verdes coma un prado
Os meus cabelos lisos
Rodean a miña cara
Resplandecen de alegría
E se me teño que resumir nunha oración:
Sempre estou rindo, non me vai o de chorar
Alba eu son
Leas eu non monto
Ben a gusto en Vilalonga estou
Amigos teño.
Gústame debuxar
Andar en bicicleta tamén
Nadar é unha afección
Durmiñeira non son
Afeccionada ós libros si
Raro que non sexan fantásticos.
A rir non ando moito.
Moi tímida eu son
A miña pel é branca
Roldo o 1´60 m. de altura
Teño o cabelo escuro
Incribles ollos grandes.
Neles mestúranse dúas cores,
En principio verde e logo marrón.
Zafo de que non teñan máis ou serían multicolor.
Dou pasos para chegar ao ceo
Ando amodo para non equivocarme
Vou pensando naquela persoa
Invade a miña mente revolta
Dándome esperanzas toda a vida
Guerra e batallas na miña cabeza
Unha e outra vez pensando en ti.
Ilusión dásme todos os días.
Mares de palabras gustaríame amosarche.
Invádesme coas túas miradas
Linda bolboreta miña.
Ven conmigo meu amor.
Achégate ao meu lado rapidiño
Zancadas dou achegádome xunta túa.
Quen es linbda princesa?
Ulo teu perfume de rosas.
Esquézome de todo o que pensaba
Zas!, faime todo o corpo.
Cando me levanto desexo verte.
Aférrome á almofada pensando que es ti.
Rompo a chorar da alegría.
Renazo,outra vez volvo á vida.
Os recordos céganme.
. Irrealista,
No soy lo que tú esperas.
Épocas pasadas busco.
Soy un espíritu
Condenado a la eternidad,
Atrapado en este mundo.
Mi alma espera
Impaciente el fin.
¡Ñoñerías!, piensas.
Acaso, ¿me engaño?
¡Para qué fingir!
Abandonado estoy,
Dios me cerró las puertas.
Ídolos no procuro,
No me darán la paz.
Jamón como todos los días
¡Oh, qué bien sabe recién cortado!
Será porque lo compro en el Día
Este es el mejor que jamás haya probado.
Cuando lo corto me lleno de Alegría
Aunque también me gusta guisado
¡Rodaballo con jamón de Almería!
Lo mejor es comerlo de un bocado
O cortado en cuadros
Solo de pensarlo, deseo que llegue el medio día.
Recuerdo, que el año pasado,
Olía a jamón en toda mi villa.
Desde aquel día afortunado,
Rodeado por cochinillos asados,
Intuí que el jamón mi vida había cambiado.
Girando alrededor del Jamón
Un día se lo dejo a un rumano.
¡Engañado! ¡Malditos bastardos!
¡Zorro! ¡Me lo ha robado!
Me voy a mi casa desolado.
Estuve llorando un año,
Inventando una manera de recuperarlo.
¡Si muero, lo haré intentándolo!
Sorriso doce, pícara e inconfundible,
Orgullosa, ás veces irónica.
Fonte de alegría incontrolable.
Impulsiva, ás veces romántica.
Alma curiosa e afable.
Temperamento corre polas miñas veas,
Oleaxe de pensamentos infindos,
Raio de luz que apague as miñas penas,
Radiante ilusión desprenden os meus suspiros,
Soños en esencia que non caen no olvido.
Fríos resplandores
Escenas amargas
Recordos concretos
Non podo esquecelos.
Alentos xélidos
Negacións afirmadas.
Días pasados
Estrelas escintilantes
Zafiros no ceo
ADOLESCENCIA
Laio de xuventude no rostro,
Amencer de novas sensacións;
Unánime impulso tolo
Replicando á razón.
Adolescente viveza,
Fervor dos desexos.
Recendo de vida na alma,
Enmarcado goce,
Inconscientes actos.
Guía de primeiros errores,
Estraña cabeza,
Incomprensibles ansias de soñar...
Riqueza envexada por
Outras que a deixaron atrás.
Graza da inocencia perdida,
Onde antes habitaba.
Nó de impaciencia na gorxa,
Zurdo sentido de nacermos
Ante a ollada ó mundo.
Loucura convertida en
Enredo de cada segundo.
Zunida felicidade pasaxeira.