Neste documental descríbese o sistema educativo finlandés. Bob Compton xunto ó investigador de Harvard, o doutor Tony Warner, deciden indagar nas causas que sitúan a Finlandia no número un dos sistemas educativos a través de entrevistas con estudantes, profesores, pais, administrativos, directores e funcionarios do goberno.
"Retrato de una mujer imaginada"
O escritor JUAN JOSÉ MILLÁS soña que está nun bar e coñece a unha muller, esta invítao a súa casa. Unha vez alí el di que debe irse porque as dimensións da realidade se están a mesturar por un erro cósmico.
Bo Nadal!
Un ano máis a comunidade escolar do IES de Vilalonga, e en especial a Biblioteca e o EDLG, felicitan as festas a todos os que visitan a nosa bitácora. Damos as grazas ó noso compañeiro, profesor e pintor, Eduardo Baamonde, que nos cede, ano tras ano, o seu traballo para este fin.
Este ano coa crise vemos que o noso Apalpador particular ten algúns problemas co seu traxe, no canto de perder quilos anda a perder os agasallos, e por riba parece que algúns tamén llos rouban. De todos xeitos esperamos que moitos deles vos cheguen e consigan colmar os vosos desexos.
100% CEF
100% CELSO EMILIO FERREIRO, aquí podes ver o documental completo que estreou o día 12 do 12 do 2012, case ás doce da noite, a TVG. Baixo a dirección de Aser Álvarez e con Luis Tósar, protagonizando a Celso Emilio Ferreiro, esta obra achéganos unha fonda visión da vida do autor a través de moitos persoeiros que o coñeceron e conviviron con el.
Os poemas musicados por autores como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred engaden un fondo musical de grande riqueza.
" A letra miúda"
A Coordinadora Galega de ENDL edita o primeiro número de A letra miúda, unha publicación dixital dirixida ao profesorado dos centros de ensino non universitario.
Trátase dunha revista dixital que pretende a autoformación do profesorado en cuestións de sociolingüística básica orientadas cara ó ensino
Moito Culturgal
O CULTURGAL deste ano deixounos moitas cousas. De entre elas, polo pulo de autoestima que supuxo, destacariamos a campaña desenvolta pola CTNL (COORDINADORA DE TRABALLADORES/AS DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA).
Na que unhas 700 persoas visibilizamos o noso apoio á lingua, sacándonos unha foto para expresármonos sen complexos de ningún tipo: "GÚSTAME O GALEGO", pinchando neste lema podedes atopar todas as fotos da páxina do facebook, que se creou ex profeso. Tal foi o éxito da campaña que están a organizar a súa difusión polas distintas comunidades escolares.
Nestroutra páxina: DISQUECOOL atoparedes outras moitas iniciativas, novidosas e interesantes, do Culturgal deste ano. Ademais dos moitos escritores, músicos, actores e creadores de toda índole que conformaron o fervedoiro de actividades da nosa feira da cultura.
RECITANDO CELSO EMILIO
Un grupo do noso alumnado de 1º da ESO recitou na biblioteca "Deitado frente ao mar" uníndose así á homenaxe colectiva que onte, 12 do 12 do 2012, se realizou ás 12.00 h, para pechar os actos do aniversario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Deste xeito uniuse á convocatoria feita pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización Lingüística e da nosa propia Coordinadora de ENDL do Salnés.
De todo: música, librerías e blogues estupendos, cine, televisión
1)
Música
2)
Librerías. Blogues
Proseguimos neste outono que comezamos dedicados ao amor. Agora vos presentamos tamén, con amor, unha librería e o seu blogue:
(Madrid)
Entra, consulta todas as súas seccións. En "tengan cuidado ahí fuera" encontramos poemas, libros...,que sempre nos deixan ver o mundo tal como é en cada intre: Utopía (novela) e un poema de Lope de Vega en Una historia de amor para toda la vida; Gil de Biedma e José Hierro en Buenos tiempos para la lírica... Se a podes visitar, atenderante moi ben
... e con máis amor, outra librería: Librería Metáfora
(Pontevedra)
Pequena pero selecta. Comeza. Fala co seu libreiro
3)
Cine
"unha fermosa película:
de Fernando Trueba
4)
Televisión
Televisión
máis amor:
Xornadas da ELP na Coruña: "Un nuevo amor", en V Televisión:
El amor en el s. XXI, Entrevista de Fernanda Tabarés a Manuel Fernández Blanco. Moi interesante.CELSO EMILIO FERREIRO 12/12/12 ÁS 12
Durante os días 12 e 13 de abril deste ano a relación de centros que cito a continuación: IES SANXENXO, IES VILALONGA, CEIP A FLORIDA, CEIP DORRÓN, CEIP PORTONOVO coordinamos unhas xornadas que tiveron como fin promover a lectura.
Resultado deses encontros foi, entre outros, o seguinte vídeo co que nos sumamos ao acto colectivo: #recitandocelsoemilio o 12/12/12.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





