fai poucos días os xornais daban a triste nova... unha xove moitos xoves e maiores puxéronse a escoitar esta canción en París e no resto do planeta... quédate sempre "meteco"... In Memoriam
A VENDA DE GALICIA
Unha vez máis, e aínda que non sexa de "Cantares Gallegos", este ano teremos que berrar con Rosalía.
Como a esperanza é o último que se perde, agardamos non ter que tomar "a xustiza pola man"
Xuíces valentes hainos, e demostrano cada día.
-Unha pregunta: ¿quedaránnos curtiñas para morar cando se vaían co botín acadado despois de desventrar e envelenar a terra?
"A xustiza pola man" - Rosalia de Castro
Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.
-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
(Do libro Follas Novas de Rosalía de Castro)
Santiago Lopo e Manel Cráneo na nosa SEMANA DAS LETRAS
Dentro das actividades desenvoltas na Semana das Letras contamos con dous interesantes autores galegos: SANTIAGO LOPO e MANEL CRÁNEO.
SANTIAGO LOPO visitounos o luns 13 para achegarnos á escrita en galego. Presentouno a súa compañeira e amiga, Isabel Fernández, e falounos das súas obras Game Over, Peaxes e Hora Zulú. O noso club de lectura de 4º leu a súa novela Peaxes.
MANEL CRÁNEO, autor de bandas deseñadas como Os lobos de Moeche e Cousas de mortos, estivo connosco o martes 14. Presentouno o noso ilustrador Eduardo Baamonde. Ofreceunos un obradoiro, que nos achegou á linguaxe do cómic e tamén departiu co alumnado do club de lectura de 4º sobre a súa obra Cousas de mortos.
EXPOSICIÓNS LETRAS GALEGAS 2013
Estes días no noso centro contamos con distintas exposicións con motivo das Letras Galegas 2013 e dos distintos concursos, nos que participamos como integrantes da Coordinadora de ENDL do Salnés. Están expostos os traballos gañadores e finalistas do XIX Certame gráfico pola normalización lingüística, que este ano tiña como lema: "Arquitectura e lingua" e os finalistas do concurso de banda deseñada dos que sairá o cómic gañador para a súa publicación na revista ENÓRMIC BANDA.
Máis de ENREDANDO VERSOS
Os nosos alumnos de 3º da ESO recitando "Un poema de amor" de KIKO NEVES.
O alumnado no obradoiro PROXECTO LINGUAS NO ENSINO USC (Proetomarea) e no recital posterior xunto con poetas como Carlos Negro.
María Lado e Lucía Aldao a bilingüar marabillosamente co poema "Deitado frente ao mar" de CELSO EMILIO FERREIRO.
Aquí seguimos coas nosas intervecións poéticas pola rúa da man do poeta, Raúl Vacas, como animador. Tendendo os poemas nos enxugadoiros poéticos e compartindo o manifesto cos poetas anteriores e Ledicia Costas para lanzar a nosa botella ó mar.
DÍA DO LIBRO NO IES DE VILALONGA E NA BIBLIOTECA
Retrato de José Luis Sampedro por Eduardo Baamonde. |
Para conmemorar o día
do libro na Biblioteca do noso instituto, decidimos poñer aínda máis cor e
seguindo un costume que leva camiño de converterse en tradición, agasallar o alumnado que pediu libros cun
caravel.
Por outro lado decidimos reivindicar a dous escritores que nos deixaron
este ano:
Stéphane Hessel e José Luís Sampedro. Dalgún xeito, as súas vidas converxeron
para berrar ¡INDIGNÁDEVOS! E como motivos non faltan volvemos a traelos hoxe ao
primeiro plano.
Na biblioteca atoparedes os seus libros,
pero podedes achegarvos a eles lendo o prólogo que José Luís Sampedro
escribiu para o manifesto de Hessel… e se queredes saber máis, continuade
lendo….
Dende os departamenos de Lingua española, Lingua galega, Filosofía e Economía tamén
están a falar estes días de José Luís Sampedro, os dous escritores e ideólogos
xa, para sempre, IN MEMORIAN…
Non deixedes de pasar pola Biblioteca para saber máis....
1 DE MAIO: A BELEZA QUE CHE DEBO. NA TÚA MEMORIA
CINE:
Unha manadiña de xoias con música
Na casa, de François Ozon
Excelente película francesa de 2012 para ver
cos nosos alumnos dos IES.
Lévanos da ficción á realidade e viceversa. Invítanos a fixarnos
naquel alumno que se senta ao fondo da aula..., mais...
Ariel Rot - Papi dame la mano
Mediterráneo , de
Gabriele Salvatores
Película italiana de 1991. Talvez é tempo de
que volvamos a Grecia. Entón, no filme, chegaron alí os xermanos para deixalos
ben mortos, agora volveron para matalos vivos. Volvamos a Grecia para quedarnos
alí e ver pasar o tempo desta guerra desde calquera outeiro nunha fermosa illa, sen máis.
Para amala e amar e preservar a memoria da súa memoria, do seu legado. Que os
ladros do norte e seus cómplices do sur afoguen no seu propio lixo... Nós
quedámonos coa beleza. Sinxela, fermosa...
Isadora, de Karel Reisz
Película inglesa de 1968. Retrata a vida da bailarina Isadora Duncan, que prendeu en moitas de nós, seguramente, un soño de liberdade e de incansable búsqueda de beleza...
Manel - Deixa-la, Toni, deixa-la
Os catrocentos
golpes, de François Trufaut
Película francesa de 1959. Antoine Doinel, asfixiado polos problemas familiares e sociais e maila fría disciplina escolar, emprende a fuxida cara ao mar...
Oci Ciornie - Ninna Nanna
Tess, de Roman Polanski.
Película de 1979, de ambiente inglés pero rodada en Francia. Enorme recreación do seu autor a partir dunha novela inglesa. Non debe descoñecerse este relato feminista que é ademais unha gran obra de arte. Manel - Teresa Rampell
Chovendo pedras, de Ken
Loach
Esta película inglesa de 1993
é bastante máis que unha obra
divertida, encarna a loita pola dignidade humana,
dereito que a
señoraThatcher puxo en
cuestión para asalariados e
parados.
Total, daquela, que máis lle daría á filla do tendeiro e, hoxe, á
filla do pastor luterano e seus esbirros?
A Aura, de Fabián Bielinski
Unha película arxentina de 2005, un thriller ben artellado e
unha espléndida actuación de Ricardo Darín. Interesante.
MARIO BENEDETTI - TODAVIA
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
AMOR,
BIBLIOTECA,
CAPITALISMO,
CINE,
EDUCACIÓN,
feminismo,
GRECIA,
INFANCIA,
LITERATURA,
MÚSICA,
poesía,
RECURSOS,
RELACIÓNS FAMILIARES,
RELACIÓNS LABORAIS,
RELACIÓNS SOCIAIS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)