Para rematar a profesora fixo un vídeo do traballo realizado:
Parabéns ao alumnado de 1º da ESO e a súa profesora polo bo traballo e os resultados conseguidos.
Para rematar a profesora fixo un vídeo do traballo realizado:
Parabéns ao alumnado de 1º da ESO e a súa profesora polo bo traballo e os resultados conseguidos.
O luns 28 visotounos a escritora do Grove Teresa González. Falounos do seu libro A filla do ladrón de bicicletas. Asistiu o alumnado dos tres grupos de 3º da ESO. Estableceu un diálogo co alumnado sobre os personaxes, o tempo e o espazo da obra. Resultou moi interesante. Gracias Teresa.
O obxectivo é facer toda unha serie de actividades a prol da lectura e a escritura, ata sumir ao Centro nunha atmosfera de libros, escritores, obradoiros, podcast, radio, etc. A literatura, a ciencia e a cultura en xeral visibles no día a día do instituto.
O martes 22 de marzo tiveron lugar as primeiras charlas do Plan Director sobre as novas tecnoloxías, o seu uso responsable e os perigos e beneficios que estas teñen na sociedade actual. Nesta ocasión estiveron dirixidas ao alumnado de 1º e 2º da ESO.
O Departamento de
Administrativo, concretamente a profesora Silvia Castro, propuxo unha recollida
de alimentos para Ucraína como colaboración coas asociacións que están
xestionando estas cuestións en Sanxenxo.
A recollida vai ser a semana do 28 ao 1 de abril. Adxunto cartel:
O obxectivo principal era aportar unha visión real e innovadora da industria actual do automóbil, aínda que a propia viaxe, o contacto con outra sociedade, a convivencia entre eles, a gastronomía, a arte, etc, foron tamén experiencias importantes e formativas.
O seu destino foi a cidade de Bolonia na rexión de Emilia-Romaña onde visitaron as fábricas e museos das firmas de automóbiles: Ferrari, Pagani, Ducati e BCS Ferrari-Pascualí. Asímesmo fixeron visitas culturais ás cidades de Bolonia e Florencia.
A comunidade educativa do IES de Vilalonga levou a cabo unha serie de actividades ao longo do trimestre con motivo do Día Internacional da Muller.
A meirande parte delas foron expostas ao público nestes últimos días, especialmente o día da propia conmemoración, no que se acompañou da lectura do Manifesto do Día Internacional da Muller.
Nada máis acceder ás instalacións do primeiro edificio colocouse a exposición fotográfica "Desenfocando a Automoción", elaborado polo alumnado de 2º curso dos Ciclos de Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos e Servizos Administrativos, guiados polas súas profesoras de Ámbito Socio-lingüístico Patricia Díaz e Gala Puy. O obxectivo é visibilizar a escasa presenza de mulleres en determinados ciclos e oficios, neste caso a automoción. A situación neste eido académico-laboral é sangrante, contando unicamente con 4 alumnas dun total de 81.
A exposición prolóngase polo lateral exterior da Biblioteca, onde se colocaron diferentes fotografías das alumnas destes ciclos.
Casualmente, dúas delas son nai e filla, que recentemente saíron en diferentes medios de comunicación:
Rafael Pillado na Biblioteca do IES de Vilalonga en novembro de 2007 |
Desde hoxe, e durante todo o mes de marzo, teremos no centro unha magnífica exposición titulada Manuel María. Beleza, amor e compromiso. (1929-2004) sobre a vida e a obra dunha das figuras fundamentais do panorama literario e cultural galego do século XX.
Grazas infinitas á Fundación Manuel María de Estudos Galegos por esta colaboración que nos serve para lembrar o legado deste autor e para difundilo entre as novas xeracións.
O alumnado de matemáticas de 1º da ESO, guiado pola súa profesora Estela Prol, elaborou unhos traballos de xeometría relacionados coa arte. Utilizaron o programa informático Geogebra. O obxectivo superior é a interdisciplinariedade que pode verse como unha estratexia pedagóxica que implica a interacción de varias disciplinas, entendida como o diálogo e a colaboración destas para lograr a meta dun novo coñecemento (Van do Linde, 2007).O resultado é espectacular, aquí vos deixamos unha mostra.
O venres 25 de febreiro entregamos os premios do Concurso de Postais do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Os gañadores foron:
1º premio: Mateo Amado Díaz (3º ESO A).
2º premio: Lucía Franco Torres (3º ESO B).
3º premio: Carmelo García Castro (3º ESO C).
Como obsequio, recibiron un caderno da biblioteca, os libros Leonardo e os fontaneiros (Mª Victoria Moreno) e O Salnés en acuarelas (Eduardo Baamonde), un vale para a cafetería e un pequeno set de material escolar.
O IES de Vilalonga continúa, por segundo ano consecutivo, coa súa formación para abordar o proceso de compostaxe no centro. Primeiro, a través de talleres formativos con alumnado novo de 1º ESO. E segundo, coa formación específica do alumnado de 4º ESO, que formará parte do comité ambiental do centro, encargado de supervisar o plan de recollida de residuos e mantemento do composteiro.
O obxectivo desta iniciativa será facer compost comunitario obtido a partir da descomposición controlada da materia orgánica recolectada no instituto e sempre co asesoramento dos técnicos e técnicas do Plan Revitaliza.