A finais do curso pasado o Departamento de Orientación realizou unha enquisa ao alumnado, para valorar o estado da convivencia entre iguais no I.E.S de Vilalonga. Como resultado da información obtida a partir desta enquisa, puxemos en marcha un plan para mellorar a convivencia e previr o acoso escolar. Para empezar contactamos, inicialmente, cos institutos máis próximos a Vilalonga e invitámolos a unirse a nós nun itinerario de convivencia tutelado polo Centro de Formación de Profesorado de Pontevedra, dentro dos PFPP (Plans de Formación Permanente de Profesorado). Sumáronse a este proxecto o I.E.S de Bizocas (O Grove) e o I.E.S. Portonovo (Baltar).
Deste xeito comeza a singladura no IES de vilalonga do Programa TEI (Titoriación entre Iguais) cunha primeira fase de formación que estamos a levar a cabo no primeiro trimestre do curso. Na segunda fase que terá lugar a partir de xaneiro, empezará a aplicarse o programa no seo da comunidade educativa. Logo desta experiencia debutante, contamos desenvolvelo durante o próximo curso 2016-2017 e seguintes.
A formación do curso de titorización entre iguais realizase mediante un cursiño e un seminario.
O día 14 de outubro veu impartir a primeira sesión do curso de titorización entre iguais, Andrés González Bellido, psicólogo, orientador do Instituto Front Maritim de Barcelona, experto en acoso escolar e ideólogo do programa.
O programa TEI é un proxecto pioneiro de mellora de convivencia e en contra do acoso escolar que se está implantando en centros de moitas comunidades autónomas.
A súa dinámica fai que o alumnado de 3º de ESO se convirta en titor/a, mediador/a e valedor/a do alumnado de 1º de ESO.
Cada alumno/a de 1º ten en 3º un compañeiro/a a quen contarlle as súas dificultades e os seus problemas e este/a pasa a ser o/a guía que o/a axuda e anima comprometéndose voluntariamente a asumir esta responsabilidade ao mesmo tempo que fomenta unha dinámica de colaboración e de respecto mutuo permanecendo atento aos comportamentos negativos nas relacións entre compañeiros e intentando evitalos. O obxectivo é acadar unha mellora global nas relacións e no nivel de asunción de responsabilidades dos/as alumnos/as.
Andrés González Bellido verbalizou o acoso escolar, falounos sobre a raiz do problema e de como os propios rapaces e rapazas por medio dun cambio na dinámica do grupo, son os máis indicados para evitar, sendo eles e elas mesmos/as mediadores/as, os problemas de relación que poidan xurdir durante a convivencia escolar, creando un ambiente de respecto e colaboración.
O profesorado participante elaboraremos a partir do esquema xeral do programa TEI, unha programación para aplicar no I.E.S de Vilalonga a partir de xaneiro de 2015, e durante os vindeiros cursos.
A súa posta en marcha parecenos que aporta unha estratexia alentadora para mellorar a calidade de vida do alumnado e profesorado no I.E.S de Vilalonga. A nosa intención é levalo a cabo implicando a toda a comunidade educativa. Desexamos que dea bos froitos e teña continuidade neste instituto.
Non deixes de ver os vídeos seguintes, son moi necesarios e ilustrativos.
“Sempre en Ibiza” é o título do novo espectáculo poético de María Lado(Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) escrito desde un exilio, o que as desterrou da torre de marfil. Seguen concibindo o recital como unha festa, así que de novo botan man da poesía como escusa para botar unhas risas, ou do humor como pretexto para compartir os seus poemas. E sempre, sempre, condimentan o evento con música en directo . O público son elas mesmas, que atenden desde o escenario ós sorrisos e á emoción de quen se achega a acompalas. Xogan na casa estean onde estean, hai alegría porque a palabra é ilusión. Así no ceo coma en Galiza … sempre en Ibiza!
Un axente da Garda Civil visitou o noso centro para alertar dos riscos da internet. Aquí vos deixo un resumo da charla na que os rapaces e as rapazas interviñeron para preguntar dúbidas e compartir experiencias.
As ferramentas que pon á nosa disposición internet son fabulosas pero poden converterse nun arma de dobre fío se non as empregamos ben, xa que non só se empregan para buscar información senón para ameazar, calumniar, inxuriar e violar o noso dereito á intimidade.
Temos que saber que NON SE PODEN SUBIR FOTOS DE MENORES DE IDADE A INTERNET SEN CONSENTIMENTO ESCRITO DOS SEUS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS, xa que é un delito coas consecuencias que eso leva consigo ante unha denuncia.
Non podemos esquecer que as fotografías que se aloxan na rede xa non se poden quitar.
Ademais, as fotos que subimos a internet levan moita información que se pode obter cun software como a marca do móbil, a data na que foi feita a foto e incluso as coordenadas onde se fixo co que se pode indagar onde vivimos ou realizamos actividades durante o tempo de lecer.
Debemos ter claro que se empregamos as redes sociais ou a mensaxería instantánea xamais debemos aceptar contactos de descoñecidos xa que, para que querería falar con nós alguén que non nos coñece? Quizais o video seguinte poida responder a esta pregunta.
Como vedes é moi sinxelo enganar a través de internet, moitos de vós o facedes dende o momento en que vos rexistrades cunha data de nacemento que non é a correcta para poder ter un perfil en facebook ou outras redes sociais (o facebook a partir dos 14 anos, o watsapp para usuarios maiores de 16).
O axente da Garda Civil deu ademais unha serie de consellos para navegar seguros na rede:
-Cando nos conectamos a través dunha rede wiffi pública ou aberta non debemos facer compras online, acceder á banca electrónica, cambiar contrasinais de acceso, acceder a facturas online, conectarse a redes sociais ou a chats, conectarse en remoto a outros equipos, posto que a rede pode estar intervida e se é o caso poderían acceder ó noso dispositivo e obter fotos, contrasinais ou calquera tipo de arquivo.
-Se abrimos calquera aplicación nun ordenador público hai que cerrar sempre a sesión.
-Redes P2P. A palabra "gratis" en internet non existe e co Emule, o Ares, o Bit Torrent podemos introducir un malware, un virus e infectar o ordenador ó descargar algo.
-Por suposto hai que ter sempre instalado un antivirus -mellor con firewall-(no ordenador, no móbil, na tablet...), actualizar o navegador e mercar só en páxinas con https , sen o -"s" non é segura.
Mañá comezan os obradoiros de robótica para 3º de ESO e o xoves tócalle a 4º de ESO. A profesora Susana Oubiña Falcón poñerá en contacto os nosos rapaces co apaixonante mundo da robótica. Aproveitamos para conmemorar así que o día 5 de novembro é o Día da Ciencia en Galicia.
Podedes consultar o seu blog para afondar máis neste eido.
‘Los exiliados románticos’, el tercer largometraje de Jonás Trueba -no os perdáis sus films anteriores: ‘Todas las canciones hablan de mí’ (2010) y ‘Los ilusos’ (2013)-, fue la gran sorpresa del pasado Festival de Cine de Málaga, donde se alzó con la Biznaga de Plata Premio Especial del Jurado y la Biznaga a la Mejor Música, a cargo de Tulsa. Conociendo las limitaciones de la cinta y la falta de recursos, Trueba y su equipo decidieron volver a innovar a la hora de distribuir la cinta, como ya hicieron con ‘Los Ilusos’, y mostrarla en una gira veraniega por todos los cines de verano de la geografía española.
El resultado no podría haber sido mejor: muchos espectadores han disfrutado de la película al aire libre, a la fresca y contagiándose de su espíritu veraniego, colorido, alegre y leve, que no simple. Porque aunque se camufle en la ligereza y espontaneidad estival, ‘Los exiliados románticos’ es un canto a la juventud, al amor, a la amistad y hasta a la estupidez masculina. Ahora llega a las pantallas españolas y si tienes la suerte de que llega a tu ciudad, podrás revivir los amores y viajes de verano bajo el filtro referencial del cine francés.
O vindeiro día 5 de novembro imos ó Teatro Principal de Pontevedra con 1º de bacharelato para desfrutar coa obra "Bobas e galegas" da compañía Mofa e Befa. Trátase dunha comedia escrita e dirixida por Quico Cadaval, que se inspirou en textos de Calderón, Lope, Benavente e Zamora.
Este é un vídeos da súa representación no 37º Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.
É unha obra chea de humor que retrata o tópico dos galegos da época que desenvolvían ocupacións de criados do século de Ouro. A través de situaciónsnas que se tenta demostrar o seu talento natural para o obediencia e o servizo.
Aquí vos queda outro vídeo sobre a preparación dos actores, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira na arte de falar en verso, dado que os personaxes que interpretan adquiriran no cárcere a enfermidade da transmisión textual, que lles obriga a falar así. Daquela tanto lles dá a redondilla coma o romance, e tamén son capaces de falar a través da silva.
A Fundación Eduardo Pondal entregou onte os Premios Bos e Xenerosos 2015, que este ano recaeron en Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, recoñecido científico, investigador e divulgador; Margarita Ledo Andión, catedrática, escritora, xornalista e cineasta;Siro López, artista, debuxante, humorista gráfico e xornalista e Guadi Galego, a cantante, que foi vocalista do grupo Berrogüeto.
Como non podía ser doutra maneira, o luns 26, quixemos celebrar o Día das Bibliotecas e para iso o alumnado de 4º de diversificación elaborou un cartel, baixou ler á biblioteca un grupo de 1º ESO, mentres que os demais o facían nas aulas e regalamos unhas lambetadas a aqueles que colleron prestado un libro porque, como rezaba no cartel, ler "sabe doce".