Un ano máis desde a Biblioteca do IES de Vilalonga fomentouse o intercambio de poemas e de cartas co tema do AMOR para celebrar o día de San Valentín.Colaborararon activamente na elaboración do "decorado" e na eleción dos poemas os alumnos de 4º de diversificación curricular.
Santiago Lopo, o outro lado do espello.
Onte, 16 de febreiro, charlou co alumnado de 2º de ESO o escritor de "Game over", Santiago Lopo. O autor conseguiu que moitos deles pasasen ó outro lado do espello a través desta novela que gañou no seu día o Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. Esta obra, aínda que inicialmente non está pensada para o público adolescente, engacha a moitos alumnos que non son moi fáciles de atraer ó outro lado deste espello que é a ficción, como ben apunta Santiago na dedicatoria deste libro.
Graciñas pola túa visita.
"Foi chama o meu amor agora é poesía"
Compartimos esta escolma de poemas de amor de Manuel María realizada no IES San Paio de Tui.
Grupos de clase que celebran o Entroido con Castelao

Este é só un adianto das fotos que se publicarán con motivo da celebración do Entroido este ano no IES de Vilalonga. Como vedes a participación na ESO foi case absoluta e até os profesores se achegaron disfrazados con motivos relativos ás súas materias.
Por iso tivemos a visita de escritores como Valle Inclán e Castelao, personaxes literarios como Sancho Panza e a Celestina. Investigadoras como Madame Curie e até nos visitou Frank de la Jungla.
En breve, achegaremos as fotos de todos os participantes e premiados no noso Entroido escolar.
Concepción Arenal, naceu tal día coma hoxe

Concepción Arenal (Ferrol, 1820 - Vigo, 1893) naceu o 31 de xaneiro de 1820, foi a impulsora do movemento feminista de finais do século XIX en España.
Esta escritora e penalista galega representa o esforzo da muller por incorporarse á esfera pública no século XIX.
«Abride as escolas e pecharanse os cárceres».
Concepción Arenal
Día da ilustración 2016

Desde o 2014 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu no calendario de lectura a celebración do DÍA DA ILUSTRACIÓN en Galicia, coincidindo coa data do 30 de xaneiro, nacemento de Castelao.

Nada mellor para celebralo que poñernos ó tanto das 204 ilustradoras españolas que deberiamos coñecer. Abre esta ligazón e goza coas súas ilustracións.
DÍA DA PAZ
Moitas persoas escribiron, escriben e escribirán sobre a PAZ. Deixámosvos unhas pequenas mostras para disfrutar, reflexionar...
cun poema de Gloria Fuertes
Si todos los políticos
se hicieran pacifistas
vendría la paz.
Que no vuelva a haber otra guerra,
pero si la hubiera,
¡Que todos los soldados
se declaren en huelga.
La libertad no es tener un buen amo,
sino no tener ninguno.
Mi partido es la Paz.
Yo soy su líder.
No pido votos,
pìdo botas para los descalzos
-que todavía hay muchos
unha canción de Falsalarma
un caligrama de Apollinaire
e o cartel realizado polo alumnado de 4º de Diversificación
EXPOSICIÓN REALIZADA POLO ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA
O alumnado de
Antropoloxía de 1 de BAC realizou en grupos de 3 a 5 persoas unha
serie de traballos para os que tiveron que escoller os aspectos a
traballar, buscar información en libros e internet na biblioteca do
centro e redactar os informes que figuran nos carteis que forman a
exposición.
Os temas centrais son as diferencias entre homes e
mulleres e a socialización e aprendizaxe.
Dende o departamento
de Filosofía e o equipo da biblioteca agardamos que disfrutedes
desta exposición realmente interesante.
"Libro do mal amor"
Nesta ligazón poderás atopar este libro con haikus contra a violencia de xénero realizados no IES Laxeiro de Lalín polo alumnado e o profesorado e coa colaboración de poetas, como Carlos Negro ou Chus Pato, e as artistas plásticas comos Mar García e Aránzazu Diñeiro.
Crónica da visita á Audiencia Provincial de Pontevedra.
O pasado 12 de xaneiro o alumnado de Ética e Filosofía do dereito de 2º de bacharelato asistiu a un xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra. Xulgábase a un home que estaba acusado de homicidio nun axuste de contas por droga. A súa avogada demostrou que fora en defensa propia.
Aínda que xa o tiñamos traballado en clase moitas cousas nos sorprenderon no xuízo: a distribución da sala, co acusado tan preto de nós; o fácil que é mostrar as constradicións dunha testemuña, etc. En fin, ata a propia indumentaria dos maxistrados (a toga, as súas puntillas que levan nos puños que, sabedes como se chaman? Puñetas.)
Cando a visita rematou fixémoslles preguntas espontanemente. A última foi ó avogado defensor, ó que lle preguntamos se non lle preocupaba ás veces defender a un culpable. Sabedes que nos contestou? Que todo o mundo ten dereito a ser defendido, e que el prefire que tres culpables estean na rúa, a que un inocente estea no cárcere. E vós que pensades?
Alumnado de 2º de bacharelato de Ética e Filosofía do Dereito.
Quédavos aquí unha escolma da cobertura mediática sobre o caso realizada pola lingüísta da Audiencia Provincial de Pontevedra, Anxos Sobriño.
Novas de despois do primeiro día de vista
La Voz de Galicia (12/01/2016):
Televisión de Galicia (12/01/2016):
Faro de Vigo (12/01/2016):
Pontevedra Viva (12/01/2016):
Diario de Pontevedra (12/01/16):
Faro de Vigo (13/01/16):
Atlántico Diario (13/01/2016):
Despois do segundo día de vista
Televisión de Galicia (14/01/2016):
Pontevedra Viva (14/01/2016):
Diario de Pontevedra (14/01/2016):
Faro de Vigo (15/02/2016):
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


