Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con este cartel realizado polo profesor de Plástica Eduardo Pérez Baamonde


e cunhas cancións do Premio Nobel Bob Dylan traducidas polos alumnos Gabriel Argibay e Diego Sanmartín.


Recursos TIC para a NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Recursos TIC para a normalización lingüística from Coordinadora Galega ENDL

Presentación de Marcus Fernández (webmaster de Código Cero) empregada na palestra "Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos" pronunciada o 15-04-2016 nos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística (Consello da Cultura Galega). http://goo.gl/U8AxON

BOB DYLAN, Premio Nobel de Literatura 2016




BOB DYLAN,  Premio Nobel de Literatura 2016, si, estades no certo, un poeta? Un cantautor, é como se lle desen o Nobel ó noso Joaquín Sabina. Pois si. Tamén serve para reinvindicar que toda poesía nos seus inicios foi escrita para ser cantada, lembrade no caso galego as cantigas trobadorescas galego-portuguesas, os poemas da grega Safo, ou calquera exemplo de poesía popular, como no caso da nosa literatura a que deu pé ó Rexurdimento literario con Rosalía de Castro e o seu libro "Cantares gallegos".

A ARTE DA LECTURA

Comezamos o curso cunha exposición elaborada e cedida pola profesora Teresa Moure do IES Chan do Monte de Marín. Unha exposición na que descubrimos a presencia da lectura en carteis e cadros dende o século XVII. Aquí vos deixamos a mostra desta fermosa exposición.


Darío Fo, miles de persoas choran a súa morte en Milán.


Fo  faleceu o pasado mércores no hospital de Milán, onde se encontraba ingresado desde facía  uns días por problemas respiratorios, e deixou escrito cómo quería o seu funeral: que soase a canción Stringimi forte i polsi dentro le mani tue que escribió para Franca Rame (a súa muller).   
Darío Fo

  (Sangiano24 de marzo de 1926-Milán13 de octubre de 2016)
 foi un actor e  escritor  de teatro  italiano ganador del  Premio Nobel de Literatura de 1997.


 Estudou pintura e arquitectura na  Academia de Belas Artes de Brera en Milán  onde  comezou a súa carreira teatral como actor e escritor de obras teatrais  satíricas. En 1954 casouse coa actriz  Franca Rame, con quen fundou en 1959 a compañía teatral «Dario Fo - Franca Rame» na que montaron numerosos espectáculos na liña da  Comedia da arte   (Commedia dell'Arte), froito dese matrimonio naceu o seu fillo   Jacopo, tamén actor, escritor y dramaturgo.

Situado no entorno da esquerda política italiana, Fo escribiu ácidas sátiras políticas arremetendo sen piedade contra o poder   político, o   capitalismo, a  mafia  e  o   Vaticano.

 Entre as súas obras máis coñecidas se citan  Morte accidental dun anarquista(1970) e  aquí non paga ninguén (1974).

En 1997 recibiu o Premio Nobel de Literatura. En 2002 publicou a súa  autobiografía: O país dos morcegos.

 
Ata sempre, a túa obra seguirá entreténdonos!

Orquídeas no patio do instituto






Empezou o curso, deixamos atrás o verán e pouco a pouco imos atopando no patio do instituto mostras do outono como uns fungos no tronco dunha árbore e unha flor tan pequena que pasa desapercibida. E se vos digo que é unha orquídea?




Spiranthes spiralis






Si, non bromeo, temos orquídeas no céspede! Mostroumas Xaquín, o profe de ciencias. Hai unhas cantas. É unha vara cunhas flores brancas pequerrechas pero moi fermosas colocadas en forma de espiral (de aí recibe o seu nome Spiranthes spiralis). Cando a maioría das orquídeas xa deixou de florecer aparece esta especie entre setembro e novembro agardando que os insectos as polinicen comezando polas flores máis abertas onde deixarán o pole que recolleron nas máis novas e máis pechadas. Animádevos a buscalas e a gozar da súa beleza.

"A lingua dos nenos"


Documental producido por Rinoceronte Editora acerca da perda da lingua materna que sofren os nenos galegofalantes, vista dende a óptica dos seus pais.

BENVIDOS AO CURSO 2016/17



DESEXÁMOSVOS UN FELIZ PRINCIPIO DE CURSO E QUE TODO VOS SAIA BEN ESTE ANO.

ÁNIMO RAPACES!

VINDE A VISITARNOS A BIBLIOTECA E PARTICIPADE NAS NOSAS ACTIVIDADES!

Día Europeo das Linguas

Onte, 26 de setembro, celebrouse o Día Europeo das Linguas, que se vén conmemorando desde o ano 2001, data na que o proclamou o Consello de Europa co apoio da Unión Europea.









Nesta páxina podedes atopar moitos recursos para indagar sobre o plurilingüismo


Na celebración desta data tamén encontramos un pequeno recuncho para a lingua galega.

Agustín Fernández Paz na nosa memoria


Coñecín a Agustín no ano 2006 no I Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino do que fun coordinadoraque se celebrou en Pontevedra no instituto Gonzalo Torrente Ballester, entre outras localidades galegas. Era un tempo no que se abría un certo porvir en materia de normalización lingüística, aínda hoxe sen materializar, en Galicia e Fernández Paz era o encargado dun relatorio que levaba por título "O labor dos centros educativos na normalización lingüística". 


imagen principal Bouzas (Repsol)
Era un home entusiasta que acaba de retirarse do ensino, non gustaba de conducir e menos de ter que agorcharse da choiva nas estacións de servizo que deseñou o Norman Foster para Repsol, máis pensadas, como dicía el,  para Arabia Saudí que para un pequeno país no que a choiva acompaña acotío e precisamos gorecernos dela. Tamén lembro os seus comentarios sobre a perda de falantes e o feito de termos que ser ensinantes en certo tipo de centros escolares, que son, por desgraza,  zona cero de galegofalantes, como foi o seu caso no seu último destino vigués.

Ese mesmo ano tiven a oportunidade de que volvese ó IES Torrente Ballester a impartir unha charla ó alumnado sobre os seus libros: Trece anos de Blanca e Noite de voraces sombras. No café confeseille que o motivo de recomendar este segundo libro era un pouco sentimental, posto que parte da historia transcorre na miña terra, Viveiro. El comentou que era alí onde pasaba os veráns de cativo. Accedeu tamén a que os alumnos lle fixeran unha pequena entrevista, que foi publicada na revista escolar, "Aula Máxica".

Xa neste centro, tentei de novo unha  visita para tratar sobre esta mesma novela. Nesta  ocasión a súa resposta foi abraiante  pola súa sinceridade, xa que me confesou a súa enfermidade e as incomodidades que esta lle provocaba á hora de visitar os centros. Ofertoume a posibilidade dunha videoconferencia para a cal non estabamos preparados. Agradecín a súa cercanía, dado que o noso trato era meramente profesional e non tiña porque me dar tantas explicacións. Nesa ocasión, hai agora xa catro anos,  cos rapaces do Club de lectura decidimos visitar a illa de San Simón e procurar alí as pegadas do libro, algunhas de nós buscamos nas paredes do cemiterio o anel da historia coa esperanza de atopalo.  "Foi coma se o tempo quedase suspendido e, por uns instantes, as paredes e a illa enteira desparacesen da nosa vista. Nós soas, entre o mar e o ceo, rodeadas por aquela presencia invisible que nos envolvía"
Noite de voraces sombras

Este verán, no que as profes andamos a procurar novas historias para alimentar os nosos lectores, sorprendeunos coa mala nova do teu pasamento. Supoño que aquí tamén se detivo o tempo para moitos dos teus lectores, pero neste intre detido pódeste ir co convencemento de que non  quedamos soas entre o mar e o ceo, posto que nos deixas un ronsel de historias ensarilladas na nosa memoria colectiva e que prenderán, sen dúbida,  na memoria dos teus lectores futuros facendo a túa presenza creadora invisible sempre posible.