"E contra a dita a gente grita"
Tema "E contra a dita a gente grita!", do album "A chave", de Rogério Charraz.
Letra e música: Rogério Charraz
Texto: Pedro Branco, interpretado por José Mário Branco.
Letra inspirada no poema "A dita dura", de José Carlos Vasconcelos.
Traballamos o cine: "Tamén a chuvia"
O alumnado de 2º de BACH está a traballar sobre a película "También la lluvia" logo do seu visionado.
VIAXE A PARÍS 2012
OS 80, MÚSICA E LITERATURA
Nestes libros faise unha revisión da movida viguesa dos 80. Trátase dunha visión sociolóxica dunha década e dos seus cambios, que tiveron unha especial incidencia nas xeracións mozas.
"Emilio Alonso estuda polo miúdo como se produciu isto no Vigo dos oitenta e por extensión en toda Galicia e con referencia ao acontecido no resto de España, así como a súa incidencia non só na música, senón tamén na moda, no audiovisual e ata as súas implicacións coa literatura, con grupos como os sucesores de Rompente."
http://vigo80rpm.blogaliza.org/tag/xerais/
Este vídeo do grupo "Os resentidos" é tamén un bo retrato desta época.
O UNICORNIO DE PORCELANA
UNHA MARABILLA DE SENSIBILIDADE
O director inglés Sir Ridley Scott promoveu un concurso de curtas a nivel mundial co título ¡“Dígao á súa maneira!”.
Este concurso estaba dirixido ás persoas que desexaran ser directores de cine. Nel participaron máis de 600 cineastas!!!
As condicións para participar foron:
§ A curta presentada non debía sobrepasar os tres minutos
§ O texto non debía ter máis de seis liñas.
§ O tema tiña que ser atractivo.
O director Keegan Wilcox foi o gañador coa curta titulada :
“ PORCELAIN UNICORN “ ( “O Unicornio de porcelana”).
O TEMA: Dúas persoas ás que todo separa pero que están moi cerca unha da outra.
¡ Non deixedes de ver a curta !
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
As mulleres, día a día, fan historia, xa é tempo de que empecen a ser protagonistas.
Deixamos aquí a nosa modesta homenaxe.
CINE E LECTURA. FEBREIRO E MARZO
Na desolada costa do Havre (Normandía) transcorre esta énorme película do director finés Aki Kaurismäki. En época de policías e ladróns Kaurismäki quéntanos a alma cunha historia solidaria entre os que menos teñen, como case sempre. Reconcílianos co xénero humano, cuspe o noxo. Polo de agora, tes que vela nos cines, igual que O artista, Non haberá paz para os malvados, A voz adormentada, O Topo, Escoitando ao xuíz Garzón, E agora a onde imos?...
"O HAVRE"
“El Havre” de Aki Kaurismäki. Irene Domínguez Díaz (Barcelona)
Fermosa e melancólica obra de Luchino Visconti baseada nun relato de F. Dostoyevski. Esperar, desesperar, perdoar pero non esquecer, esquecer pero non perdoar?
"AS NOITES BRANCAS"
DENDE A BIBLIOTECA ÁS AULAS: CINE NO IES DE VILALONGA
"As mazás casamenteiras"
Parabéns para o alumnado e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada por esta curtametraxe, última produción cinematográfica de Édelingua, a súa produtora de audiovisuais.