O día 22 de maio, como xa fixemos en anos anteriores, clausuramos o ano lector cunha viaxe pola Costa da Morte: a primeira parada foi na fermosa vila de Muros, dirixímonos logo a Carnota para coñecer o piorno; baixo a sombra do Pindo chegamos ao Ézaro e desfrutamos da impresionante desembocadura en fervenza do Xallas; no IES Agra de Raíces agardabanos o cálido recibimento do clube de lectura "Libros coma area", contaronnos as súas lendas, escoitaron as nosas e celebraron con nós un especial "cumpreanos lector". Xa pola tarde achegámonos ao Finis Terrae para coñecer a nosa particular fin do mundo e á vila e faro de Finisterre. Moitas grazas a Manuel Carande, a Susana e a Esperanza por recibirnos.
PREMIADOS. CONCURSO DE POESÍA IES VILALONGA. CURSO 2013-2014
1º
PREMIO. CATEGORÍA ESO:
PAXARIÑOS
Eu teño
un paxariño
Que é
moi feitiño
A súa
cor amarela
Brilla
coma un estrela
Eu
doulle de comer
Eu
doulle de beber
E de vez
en cando
Tamén
falo con el
O seu
alegre chiar
A todos
lles gusta escoitar
O meu
paxaro esta só
Por iso
lle vou buscar
Unha
compañeira pra o acompañar
Encontrei
unha ben guapa
E
leveilla pra a casa
El ó
vela aparvou
E desde
entón mudo quedou
Agora
nin canta nin pía
E
aparvado pasa todo o día.
ADRIÁN AGRASO 1º ESO C
2º PREMIO CATEGORÍA ESO:
UN
NADAL CHEO DE HISTORIAS
Vilalonga
comeza nun Nadal cargado de historias
historias
de almas, historias que choran,
historias
que xiran arredor dunha bola
unha
bola máxica con galegos que festexan unha vida nova.
Agasallos
que se esconden detrás dunha árbore
unha
árbore triste sen vida e sen ánimo
que
garda segredos sen ser acendida
que
ao final alguén virá a acendela o gran día.
Comeza
decembro un ano con vida
un
ano onde o pobo mostra sorrisos,
sorrisos
que xuntan familias con outras
tamén
hai finais dun Nadal que rompen historias.
Hai
amores que se xuntan
que
viven nun paraíso
que
choran, que rin
e
que rematan cun final tristísimo.
Sorrisos
dos nenos que se senten ao lonxe
que
xogan e disfrutan correndo e cantando
pero
tristes se poñen cando chega a escola
e
os nenos protestan porque se acaban as historias.
O
Nadal é un soño fermoso
que
te namoras e te perdes
que
sofres e queres
e
tamén que queda na memoria de todos aqueles.
ISABEL GARRIDO MUÑOZ 2º ESO B
1º
PREMIO. CATEGORÍA BACHARELATO:
Ti.
Eu. Nós.
Fronte
a fronte.
Corpo
espido ante corpo agochado.
Vida
incorrupta ante a corrupción da vida.
Eu
devezo por prender por sempre
A
inocencia no teu mirar.
Ti
xogas,
Irreverente,
co
legado que os anos deixaron na miña pel,
na
túa pel.
Ámote
pola túa inocencia
e
desprézote polo que representas.
Porque
eu afundo e ti emerxes;
porque
o teu abrir é o meu pechar,
son
a cara e a cruz dunha moeda que me condena.
E
ante todo,
Meu
neno,
Envéxote.
Envéxote
por ser o comezo do meu fin.
Ti.
Eu. Nós.
Sara
Martínez García.
2º
PREMIO.CATEGORÍA BACHARELATO:
TIC
TOC
Tic
toc, tic toc.
Dous
minutos.
Ano
novo nun sen tres.
Tic
toc, tic toc.
Tan
só un neno da teta
Fai
dez anos inda era.
Agora
só penso na maleta.
Qué
meto? Que levo?
Non
importa. Nova vida.
Lonxe,
máis non hai remedio.
Eu
fágoo pola familia.
Non dexesaba isto,
Pero
obrigoume o estado.
Tomoume
de improviso,
Todo
por estar parado.
Destino:
Bos Aires.
Sigo
os pasos do avó.
Naqueles
tempos de crise
Que
retomaron de novo.
Tic
toc, tic toc
Cincuenta
segundos,
Pronto
será a partida
Revivindo
aqueles tempos.
Tic
toc, tic toc.
Non
me poño alterado
Sei
que todo comezo
ten
un final mellorado.
DAVID
GÜIMIL VÁZQUEZ. 1º BACH. B.
LIBROS:
O
PRINCIPIO E O FIN
Llanto
unha vez máis.
É
o principio da vida,
O
LLANTO.
Durmir,
comer,soñar, CHORAR,
Nada
máis.
É
a infancia do afortunado.
Falar,
rir, disfrutar, CHORAR,
é
máis que unha simple adolescencia.
Oh!
E chega o amor,
ese
primeiro amor que te cega,
toléate,
faite sentir,
é
único, irrepetible.
El
marca,si marca, marca
ben
fondo, tan fondo que doe.
para
algúns este será
o
principio do amor.
Para
outros … a FIN.
O
amor nunca xamais correspondido.
O
LLANTO de novo, o LLANTO sempre.
Sorí
dinche, continúa dinche,
Es
nova dinche.
Máis
non é fácil.
Porén
ti falo.
Falo?
Continúas
a vida erguéndote.
Sentes
o recordo pasado,
pésache.
DOE,
DIOS, DOE.
PASARÁ?
Non.
Agocharalo.
Ese
pasado xa é lonxano.
Séntela
vellez, na alma, no corpo.
Máis
a DOR non remite, permanece,
Ánclate.
Non hai avance.
A
MORTE está cerca, si,
A
FIN da DOR, pensas.
Invádete
o FRÍO, sonríes.
Logo
CHORAS, o LLANTO xa non parará.
SOA,
estás SOA, abandonada,
sen
AMOR, sen alma.
Só
o LLANTO.
É
a fin.
A
LUZ. Un inicio.
Un
nacemento, outro LLANTO.
Entón
alguén DESEXA.
O
PRINCIPIO E A FIN DO LLANTO,
Decidiralo
ti, só ti.
So
existirá
O
AHORA.
SI,
quizais sexa así.
A
FIN DO LLANTO
PATRICIA
PÉREZ DOMÍNGUEZ. 2ºBACH. C.
Al
cerrar los ojos todo es confuso.
Azul,
blanco, calor, color, sonrisas…
Sólo
recuerdo aquellos ojos sin prisas,
Ojos
grandes, profundos incluso.
Echo
de menos su cálido aliento
Que
en sueños me sigue, busca y atrapa.
Supongo
que todo lo bueno escapa,
Como
sus promesas, cenizas al viento.
Vete,
fuera ya de mi vida tía.
Ya
no te necesito, adiós de veras.
Déjame
sólo con la poesía.
Te
quise y te quiero, ¿no te enteras?
Eres
parte de mi día a día pero…
vete,
para qué quiero más quimeras…
RICARDO
RODIÑO BALBOA
2º
BACH B
Nese
instante
no
que me ollei nos teus ollos
Nese
momento
no
que deixei de respirar.
Nese
intre sentinnos eternos.
Nese
momento
no
que os teus beizos pararon a terra.
Nese
instante
no
que o tempo deixou de contar.
Nese
intre sentinnos eternos.
Mais
agora marchas, meu amor
e,
como o paxaro necesita o aire;
eu
necesito a túa calor.
Neste
14 de febreiro fáltame a túa voz.
Mais
agora que decides marchar,
fáltanme
as túas caricias
fáltame
o teu mirar.
Neste
14 de febreiro, pérdome sin o teu ollar.
Espérote
nalgún lugar descoñecido,
e
nalgún lugar que descoñezo,
onde
volverei a sentarte comigo,
onde
o noso amor non se perda ao esquezo.
E
só nese intre,
no
que me volvan bicar os teus beizos
no
que me volvan mirar os teus ollos
só
nese intre, volverei a sentirnos eternos.
LARA
TRONCOSO 4º ESO B.
Santiago Lopo visítanos por partida dobre.
A principios deste mes de maio o escritor Santiago Lopo visitou o noso instituto por partida dobre. Na primeira ocasión para departir co alumnado de 1º e 2º de bacharelato sobre a súa obra "Hora zulú".
E na semana seguinte para encontrarse co alumnado do club de lectura de 2º de ESO e PCPI, que leron as súas obras "Game over" e "Peaxes"
Graciñas pola túa visita e parabéns polos teus libros.
Día das Letras Galegas 2014
Bo día das Letras Galegas 2014 a todos e cada un dos alumnos e alumnas que nos apoiades nas tarefas de normalización, ó profesorado e o resto da comunidade educativa que tamén está aí. Grazas por celebrar con nós que as letras son todos os días do ano.
LETRAS GALEGAS: IES POETA DÍAZ CASTRO
De novo, logo de ternos agasallado co fermoso vídeo de "A lus do mundo" o IES de Guitiriz que leva o nome do poeta volve con outra excelente interpretación musicada dun poema seu. Parabéns.
"Penélope" de Xosé María Díaz Castro
Xosé María Díaz Castro, LETRAS GALEGAS 2014 |
"Penélope" é o poema máis emblemático de X. M. Díaz Castro. Con el imos celebrar a súa figura e esculcar os múltiples recursos que se nos ofrecen sobre o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014.
A páxina da Coordinadora Galega de EDLG ofrece unha selección estupenda da que podemos botar man para dar a coñecer a figura deste poeta, autor de Nimbos.
VISITOUNOS A ESCRITORA LEDICIA COSTAS
O pasado 10 de abril contamos coa presenza da escritora Ledicia Costas no noso centro. A autora departiu co alumnado de 1º de ESO sobre o libro "Mortos de Ningures". Explicoulles ós rapaces como se escribe un libro a medias con outro escritor. Neste caso Pere Tobaruela. Trátase dun proceso no que empregan unha escaleta, na que ambos os dous van escribindo cada unha das partes individualmente, logo de decidir a temática do libro. As longas conversas telefónicas e o grupo de WhatsApp, no que tamén está incluído o ilustrador do libro, Andrés Meixide, axudan a poñerse de acordo neste labor colectivo.
A escritora respondeu todo tipo de preguntas. Comentou que ela comezou a escribir moi nova, sendo adolescente e que seus pais pensaron que sería algo pasaxeiro que se lle pasaría coa idade. Tamén lles contou como coñecera a Pere Tobaruela nun encontro de escritores que realizaban o camiño de Santiago en autobús.
Sobre o libro os rapaces expresaron a súa preocupación porque a protagonista, a inspectora Nola non tivese un home para sobrelevar o coidado dos seus xemelgos. O alumnado do club de lectura, que leu tamén a segunda aventura desta teimuda investigadora no libro "Ouro Negro", preguntou sobre o futuro do seu axudante, o gato Lolo, posto que estaban intrigados coa sorte que puidera correr tras o súa caída ó mar tinguido chapapote.
Ledicia Costas tamén reivindicou a importancia da novela infantil e xuvenil, e a súa escrita en galego como a única posible, posto que ela é galega. Con respecto a esta cuestión estes libros tamén verán a luz en setembro en castelán e catalán. Finalmente tentamos agradecer a súa presenza a través da lectura dun dos seus poemas levada a cabo pola alumna Lara Moldes de 1º ESO C. Agardamos poder volver a contar coa súa presenza entre nós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)